lunes, 30 de marzo de 2009

CIDADE vs GUIJUELO: O CIDADE ANDA PERDIDO.

As lesións, baixas por acomulacións de tarxetas e o cansancio físico e psicolóxico están a facer mella na plantilla do "Cidade" nos últimos partidos, ca fatídica coincidencia, para nosa desgracia, de que istes factores se incrementan cando ao equipo lle corresponde xugar en San Lázaro.
Así estamos asistindo nesta recta final de Liga, non precisamente a millor versión deste equipo.
Esta semán foi atípica porque houbo que xugar o mércores, e o noso rival deuse a casualidad que era o filial da Real Sociedad, polo cal houbo que viaxar en bus ata San Sebastián (dentro do noso grupo I é un dos viaxes mais longos), e iso o equipo resínteo ademaís de trastocar os plans de adestramento.
Vótase en falla a cordinación entre lineas, a fluidez, a seguridade defensiva, os destellos de "xogo bonito"que se apreciaban en partidos da 1ª volta e principios da segunda. Tamén hay que ter en en conta todos os factores que comenten o escomenzo é que influien negativamente nos plans de Luisito.
Os xugadores e o equipo técnico a estas alturas de tempada tamén votarán en falla a cordinación no pago das nóminas: vamos camiño do medio ano en retrasos.
____________________________________

No hay comentarios: