
Durante o transcurso da semán pasada o "Cidade B" xugou tres partidos, dous deles contra rivais directos: o Abanqueiro e o Esclavitud. O terceiro foi o derbi local que se disputou no campo da Merced contra o Conxo e que tivo lugar o pasado xoves, día 19, festivo na Comunidad galega (ese día xugouse a xornada que quedara aplazada por previsión de temporal).
O 1º encontro que se xugou foi o que nos enfrentaba contra o Abanqueiro, que daquela ocupaba a 2ª plaza. O resultado final foi de empate a [ 1 - 1 ]. O gol do Cidade foi autoría de Paco na 1ª parte. Tempo este de xogo que dominou claramente o Cidade B . Na 2ª parte o Cidade queda con 10 xugadores por expulsión de Paco por doble amonestación, circustancia que rentabiliza o Abanqueiro para virse arriba conquuerindo de este xeito o empate.
O xoves o equipo desplázase ata o veciño barrio de Conxo para disputar o partido contra o equipo local. O Conxo este año está a facer unha campaña un tanto irregular , movéndose polos postos medio da taboa. O encontro solventao o Cidade B con un gran 1º tempo donde conquire xa marcar 3 goles, un de Fran Pampín e dous Gálvez(1 de penalti). Xa na segunda parte o Cidade B reláxase un pouco e xoga máis a defensiva , ainda así Pinake de cabeza incrementa o marcardor que será o definitivo [ 0 - 4 ].
O domindo, día 22, disputóuse o encontro entre o Cidade B e o Esclavitud, que ata eses momentos ocupaba o posto 3º na clasificación. O Esclavitud está adestrado por Petaca, un vello coñecido no círculo do Cidade, xa que adestrou o equipo en Rexional Preferente na campaña 2004/05 e durante un os meses esa mesma tempada o Cidade B que militaba en 2ª Rexional. O Cidade B neste partido xuguo mal, houbo moitos fallos en defensa. Os goles do Esclavitude chegaron na 2º tempo. Pinake resultou lesionado -non dispoño de información do alcance da sua lesión- pero sería unha baixa importante non poder contar con él os partidos que restan para finalizar o campeonato.
O perder o Abanqueiro o seu compromiso co Belvís(próximo rival do Esclavitude), o Esclavitude sitúase temporalmente en 2ª posición , a 3 puntos do Cidade B, e a 6 xornadas para que remate a Liga nesta categoría.
A foto corresponde a formación inicial do Cidade B frente o Esclavitude.
___________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario