Este domingo no horario habitual das 5 da tarde repetimos cita en San Lázaro para presenciar o encontro que enfrenta o "Cidade"contra o CD Guijuelo. Equipo que na 1ª volta derrotóunos por [ 2 - 0 ], e partido aquel onde o trio arbitral tivo un papel relevante, o pitar o árbitro un penalti a instanscias do linier, recoñecendo dispois iste ultimo o seu erro, e tamén na 2ª parte a expulsión rigurosisima de Dopico. O "Cidade", tampouco é que fixera un gran partido, pero entre que o campo do Guijuelo é de dimensións reducidas, herba artificial, e o pésimo arbitraxe, foron factores para que non poidera realizar un xogo máis elaborado. O domingo, en igualdade de condicións, temos a oportunidade de valorar quen realiza millor xogo. Por outra banda está o aliciente de superalos na taboa clasificatoria.
A foto correponde o partido de ida. Marcos Suárez ven marcado.
____________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario