
Foi unha tarde, a do domingo pasado, desapacible, o tempo enfrescado, o partido enfrascado e o final ainda saimos derrotados...bueno.. A min, o Zamora gustoume e o "Cidade" na sua linea. Contra o Zamora a fortuna aliose con éles, e de nos esqueceuse. A Dani, o porteiro do Zamora, intúeselle que esta categoria de bronce quédaselle pequena. O Zamora CF, dende que entrou no grupo de play-off de ascenso, é un equipo moralmente crecido e de seguro repitirá victoria como visitante nalgún dos desplazamentos que lle quedan pendentes no que resta de Liga (asignatura ésta que non se lle daba muy ben, chegaba a San Lázaro con soio 3 victorias conqueridas como equipo visitante).
Nos temos colchón suficiente para sumar ises 6 puntos necesarios para que o equipo se manteña na categoria. Por San Lázaro daiquí o remate da Liga quédanos por recibir a visita do Sestao, Giujuelo, e os Bes: Celta, Deportivo, Sporting..., y é muy posibel que vendo o partido contra o filial do Spórting, que un non sepa ainda si será o último que este vendo deste "Ciudad".
Perdeu interés iste final de Liga a nivel competición. O "Cidade "ca derrota do domingo, a nada pode aspirar que non sexa os puntos da salvación de categoría. Ainda que obxetivo é manterse na 2ªB, ainda está a guindilla de quedar entre os 6 primeiros. Ca derrota ante o Zamora esto complicouse.
Sobre o futuro de este equipo, non creo que se sepa máis do que se sabía...
Na foto, cabezazo de Raul García que a punto estivo de colarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario