domingo, 1 de marzo de 2009

TRIBUNA ABERTA: ¿ TEN AFICIÓN O "CIDADE" PARA MANTER UN EQUIPO EN 2ªB ?.

O club esta semán organizou unha viaxe publicitada creo que soio na páxina web do club, para facilitar que os socios, aficionados ou simplemente simpatizantes do noso equipo o " Cidade", se poideran achegar comodamente en autobus a Ferrol polo módico precio de 5 euros (ida e volta), para así poder presenciar en directo o derby que enfrentaba o Rácing de Ferrol co noso equipo (soio era necesario que se apuntaran un mínimo de 25 persoas para que o viaxe se levara a cabo). A noticia na páxina web do "Cidade", leéronna 135 persoas antes das 19.30 horas do venres. Para a miña sorpresa fumos tres as persoas que nos apuntamos para dito viaxe.
Según comentarios da xente as causas de non poder viaxar, asistir o encontro e animar o noso equipo: principalmente é que son pais cuios fillos xogan a tarde do sábado, xa sexan en categorías cadetes, xuvenís, etc, e teñen que acompañar os rapaces os seus partidos. Razón a anterior que éu considero comprensíbel, todo pai quere estar co seu fillo, animalo, ver a sua progresión futbolística, observar nel o desenrolo de outros valores xa non meramente deportivos. Y hay que tamén ter en conta que o fin de semán é cando un pai lle pode adicar máis tempo o seu fillo.
O adiantar a directiva do Rácing o encontro para a tarde do sábado debido as eleccións de hoxe domingo non nos beneficiú nada en este aspecto.
Nembargantes tamén podemos deducir certas conclusións que éu xa viña intuindo fai tempo: parte importante da masa social do "Cidade" está composta por familiares dos xugadores que se están a formar no fútbol base do club, militando nos diferentes equipos de base.
Por outra banda están os aficionados de "sempre", curtidos co Atletico Fátima e máis acostumados as ligas da Rexional Preferente ca novedosa Segunda División B.
Tamén fixéronse socios ou simpatizantes do "Cidade", aficionados de antaño da SD Compostela que estaban sobre todo en desacordo ca xestión presidencialista do Sr Caneda.
E por último a indecisión, o futuro incerto que dende meses anda mergulligo o club, fai que esté paralizada calquera posibel campaña de marqueting de cambio de imaxen, ou calquera campaña creativa de captación de simpatizantes.
Éu son dos que penso que certas cousas si se houberan encauzado de outro xeito, o próximo domingo no partido contra o Zamora, en San Lázaro como mínimo habería unha entrada de 1000 persoas.
______________________________________
E.U.F. socio peña P.Rico
______________________________________

No hay comentarios: