Os zamoráns son un dos equipos que presenta un dos millores bagaxes numéricos de puntos conqueridos na sua casa, o haber sumado no seu estadio o "Ruta de la Plata" 29 puntos, polo cal o convirte no cuarto millor equipo na casa, empatado a puntos(29) co Lemona, Pontevedra e Ferrol. A Ponferradina e o Guijuelo conqueriron 30, e xa distanciado está o fortín da Cultural Leonesa, o "Reino de León" onde os Culturalistas conqueriron 34 puntos.
Os zamoráns a pesares dos problemas económicos que atravesan, o que lles fixo ter que desfacerse de varios xugadores no mercado de inverno como foi o atacante Aritz Mújica, autor dos 2 goles que o Zamora lle endouxou o "Cidade" no partido de ida, segue a ser un equipo eficaz en ataque, tendo ao seu favor 35 goles, o que o convirten no cuarto máximo realizador do grupo I, detrás da Real Unión e a Ponferradina con 39 dianas cada un deles e o Lugo que leva conquerido 37 goles ao seu favor.
Sin embargo o seu poderio cando xoga na casa dilúese o xogar en condición de visitante, soio gañou tres encontros a domicilio: contra o Valladolid B [0 - 1], Lugo [0 - 1] e Marino [1 - 2], pero soie empatar moito nos seus desprazamentos, leva 6 empates. Derrotas como visitante, cinco: Guijuelo, Celta B, Real Unión, Racing de Santander B e Cultural.
_______________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario