lunes, 2 de marzo de 2009

2ª REXIONAL.CONTRA LAVACOLLA... "revenge"

Lavacolla - Cidade B [ 0 - 3 ]
Co equipo da Lavacolla tiña o "Cidade B" unha deuda pendente dende a xornada 8ª, cando os primeiros derrotaron en Santiago o filial do "Cidade" por [0 - 1]. Lavacolla xunto co Abanqueiro, foron os dous únicos equipos que foron capaces de batir o "Cidade B" nas 25 xornadas de liga que levamos disputadas na 2ª rexional. O Abanqueiro tamén en condición de visitante e co resultado de [0 - 2].
Pois o noso equipo tomouse a revancha é endosoulle un merecido [0 - 3]. Dous goles na 1ª parte, cuios autores foron Pinaque e Fran Pampín, e un tercer gol de novo de un Fran Pampín que volvía a marcar, nunha 2ª parte menos vistosa.
O empatar o Abanqueiro frente o Taragoña por [1 - 1], o "Cidade B" incrementa a sua distancia respecto o 2º clasificado, precisamente o Abanqueiro, sendo xa 7 os puntos de diferencia os que os separan.
O "Cidade B" camiña con solidez cara a 1ª rexional. É o equipo menos goleado con soio 15 goles en contra, e o segundo máis goleador con 50 tantos o seu favor. O que máis goles leva marcado ata agora é o Abanqueiro: 55 dianas.

_____________________________________

No hay comentarios: