domingo, 22 de marzo de 2009

ANTE O SESTAO O MILLOR FORON OS 3 PUNTOS.

O encontro de onte ante o Sestao non é precisamente dos que crean afición. Os poucos que asistimos ao partido fumos testigos do pior partido xugado polo "Cidade" ista tempada en San Lázaro, como recoñeceu Luisito na roda de prensa posterior o encontro. A min contra o Zamora xa non me gustara o xogo practicado polo equipo pero ante o Sestao decepcionoume, e non me estou a referir a que os xugadores non poñan empeño e garra, senón que observo (é unha opinión miña persoal) o equipo descordinado, falto de ideas, por momentos bloqueado, sin fluidez, desorganizado, impreciso nos pases.
Agora xa caseque cos puntos necesarios para permañecer na categoría e sen presións, haber si voltamos a recuperar nos partidos que restan para finalizar a Liga un xogo máis vistoso, dinamico, onde se podan hilvanar polo menos tres pases seguidos e nos esquecemos de esta pequena crisis.
_______________________________________

No hay comentarios: