A victoria do "Cidade" no vetusto campo das Llanas en Sestao na xornada 11, nunha tarde chuviosa co campo embarrado, viña a supor o segundo partido gañado en condición de visitante do "Cidade", o anterior acontecera no Anxo Carro frente o CD Lugo. Con esta victoria ante o Sestao na 1ª volta o "Cidade" situábase de 5º, empatado a puntos (20) co Pontevedra que era o cuarto. Os goles de Maikel e Jesús Sánchez no primer tempo de xogo decidiron o desenlace final [ 1 - 2 ].
Os resultados do Sestao fora da casa son duas victorias: na xornada duas frente ao Depor B por [ 0 - 1 ] e na xornada oito derrotou ao Real Valladolid B por un cuntundente [ 1 - 4 ]; cinco empates: frente ao Bilbao Ath [ 0 - 0 ], Lemona [ 2 - 2 ], e contra a Real Unión, Celta B e Pontevedra idéntico resultado [ 1 - 1 ] ; as demais visitas foron derrotas, oito en total.
Como visitante conqueriu marcar en 13 ocasións, pero encaixou pola contra 23 goles.
Comentar tamén que o Sestao foi un dos equipos que cambiou de adestrador no transcurso da tempada. Iñaki Zurimendi foi destituido do banquillo verdinegro (o detonante foron catro derrotas consecutivas: Racing B, Sporting B, Bilbao Athl B e Barakaldo) e colleu o relevo Alfonso del Barrio.
__________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario