viernes, 13 de marzo de 2009

TRIBUNA ABERTA: O "CIDADE" E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.

Antes de escomenzar o tema a tratar quero agradecer dende o blog os xornais "El Correo Gallego" e "La Voz de Galicia " o tratamento e seguimento informativo diario que fan do "Cidade de Santiago". Os xornalistas JL.Iglesias, Yañez, Lodeiro, Reigosa...ca sua labor fan que o equipo, os xugadores e o club en xeral teñan máis transcendencia mediática, mantendo estes xornalistas unha linea informativa de claridad, veracidad e transparencia digna do meu recoñecemento.
O asunto que vou a tratar é o seguinte:
Un aspecto que lle reprobo o club, unha vez ascendido a Segunda B é o non haber nomeado unha persoa cuia función sería estar en contacto directo cos medios de comunicación. Sería a encargada de manter unha relación fluida e constante con ditos medios. Matizar ou mesmo desmentir , si se dera o caso, informacións concernintes o club de dudosa veracidad que ao longo da tempada poido airear algún medio. Ao mesmo tempo a función de esta persoa sería estar en contacto cos mass media para transmitirlle as noticias que o club considere oportunas, sempre dentro da linea de transparencia que debe caracterizar a filosofía do club no ambito da comunicación.
Ista tempada que estamos a vivir, exceptuando o tema deportivo, caracterízase no relacionado a información polo predominio de rumores, chegando estes últimos a eclipsar a boa campaña que o equipo está a facer nos terreos de xogo. A resposta do club a certas (des)informacións, rumores, etc é o mutismo, e éu considero que ista actitud en nada axuda a millorar a xa deteriorada imaxe do club. E non soio está afectar a imaxen externa senón que a propia base social da entidade resíntese.
Poñamos un exemplo: Cando antes do nadal o Presidente do club, Sr Suárez Alen, e ante o ultimatum dado polos xugadores, solicita audiencia co Alcalde e o Concelleiro de Deportes ca pretensión de que se axilizen as subvencións que por lexitimidade lle corresponden o club, ao tempo que se lle pide o Alcalde que faga de mediador entre un grupo de empresarios de Santiago e o "Cidade", co fin de de atopar financiación privada para ista entidade. A opinión pública santiaguesa interpretou que o Concello iba a axudar o "Cidade" a sair da encrucillada económica na que se atopaba e que fondos públicos iban ser destinados o rescate da quiebra dunha Sociedade Anónima Deportiva (durante varios días iste tema era o máis comentado e dos máis leidos no xornal El Correo Gallego).
Pois ben...Si por parte do club se enviara unha nota os medios de comunicación explicando os santiagueses a realidade dos feitos, pois éstes quedarían máis tranquilos...Son detalles importantes si pretendemos crear base social.
E.U.F socio peña Pepe Rico
______________________________________

No hay comentarios: