


Iste fin de semán o encontro a disputar entre o "Cidade" e o "Sestao River" no estadio de San Lan Lázaro adiántase a xornada do sábado no horario habitual das cinco da tarde, debido a que o partido correspondente a xornada 31, o que enfrenta o filial da Real Sociedad e o Cidade, dispútase o mércores da semán que ven. Rematando o mes de marzo recibindo o domingo, día 29, o Guijuelo. Polo tanto no espacio de 8 días xugaranse tres partidos, e para o noso disfrute dous en San Lázaro.
A foto de arriba corresponde a plantilla do Sestao, a do medio o encontro disputado entre o Depor B e o Sestao con resultado final de [0 - 1 ] e a da abaixo e unha instantanea do partido de onte entre o Sestao e o Lugo, ca derrota dos lucenses por [ 3 - 0 ].
____________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario