sábado, 15 de agosto de 2009

[ TEMPO DE DESCANSO ]

- O Montañeros, equipo beneficado co descenso administrastivo do "Cidade", paradóxicamente é o club onde recalaron máis xugadores que a tempada pasada defenderon as cores verdibrancas: Dopico, Pablo López, e Julem. Sobre iste último nun principio informárase que decidira quedar en Francia e mesmo que fichara por un equipo francés.
Tamén fichou a Moises Pereiro, mediapunta procedente do CD.Ourense, irmán de Breogan Pereiro, xugador este último que estaba a proba co "Cidade" cando se produxo o fatídico descenso administrativo.
Outro reforzo importante, procedente do Deportivo B, é o do centrocampista Herbert, sin esquecer o dianteiro Efrén procedente do Narón.
- Según unhas declaracións de Javier Villalba, novo presidente do Cidade de Santiago, ao xórnal El Correo Gallego na sua edición de hoxe, o obxetivo do equipo é subir a Segunda División B "la idea es que el Ciudad esté para el año en Segunda B, y haremos lo que haya que hacer para que esto se produzca". O presuposto para a campaña vindeira é de 303.930 euros pero según Villalba "este podría ampliarse: si interesa duplicarlo se duplicará, tomaremos las decisiones más convenientes de acuerdo a las circustancias". Sobre o plantel de xugadores que conformarán o equipo, Villalba declara " los jugadores que vengan ya han estado entrenando estos días, aunque por San Lázaro que por supuesto no los habeis visto; son jugadores que llevan haciendo la pretemporada en otros equipos". Refírese a xugadores da comunidade valencián, ainda que añade " también integrarán la plantilla, en un porcentaje medio-alto, jugadores de Galicia".
Sobre o adestrador, Javier Villalba di estar negociando con un técnico galego. O obxetivo é que o equipo bote a andar a vindeira semán.
______________________________________

No hay comentarios: