domingo, 9 de agosto de 2009

[ falta directa ] JAVIER VILLALBA, "EL VALENCIANO"

...Todo o drama vivido durante a tempada pasada pola inviabilidade económica do club, traducida en acomulación de mensualidades impagadas, ten como penúltimo episodio a aparición en escea de Javier Villalba," el valenciano", e o descenso administrativo o entender a A.F.E. que na documentación presentada polo valencián non había suficientes garantías de pago.
Javier Villalba di ser a cabeza visíbel de un grupo inversor invisíbel. Mal asunto este, que un grupo inversor dende que aterriza no "Cidade" e firma o acordo o día sete de xulio por medio do seu representante, non solte un centimo da sua partida para inversións e como colofón na A.F.E desestiman a sua proposta por considerar que non oferece as necesarias garantías de pago. Según se desprende, este grupo inversor ten dificultades para conquerir tanto crédito como aval bancario.
As declaracións dos máximos accionistas do club o remate da semán, Srs Devesa e Suárez sirven para limpar a maltreita imaxe que oferece o club e tamén deixan entrever que para asambleía deste próximo xoves, día 13, aos accionistas se lles vai privar do contacto directo co "valenciano".
Dende este blog vense criticando a falla de credibilidade de Javier Villalba dende o día 15 de xulio.
Imaxino que o marxe de maniobra dos máximos accionistas, o seu silencio e deixar facer, quedaba encorsetado polo acordo firmado co "valenciano".
O Sr Devesa lamentábase, nas declaracións que fixo, non haberlle posto unha clausula ao acordo, que garantizara o pago do adeudado os xugadores nun plazo concreto (os abogadas/os teñen o deber de velar polos intereses do seu cliente).
Javier Villalba creiase capaz de negociar nun remanso de paz, pero atopouse con xugadores cabreados que levaban sin cobrar, a maioría, cinco mensualidades, cansados de escoitar promesas incumplidas; un club en desbandada, desestructurado.

Unha tempada anterior onde se crearon enemistades e rencillas dentro da entidade. En fin, mal momento para vir con máis promesas e sin un centimo .
Foto recollida do xornal La Voz de Galicia.
____________________________________

1 comentario:

solrak dijo...

Está claro que neste negocio hay que ir cos cartos por diante, todo o que sexan garantías ou aprazamentos débese falar cando se satisfagan algunha das débedas pendentes, claquera xogador estará disposto a cobrar en prazos, pero non aprazar e sen garantías de ningún tipo. En canto os Sr Devesa e Alen, pois que se pode decir, que puxeron moita ilusión pero a maior parte do traballo veu da man de Alvarez, que conseguiu financiación e as fichaxes, polo que o papel dos máximos accionistas non está moi claro cal foi. O que non sei e a que esperan para facer a xunta, en lugar de facela o 13 hay que convocala antes xa que e unha barbaridade esperar ata duas semanas antes e non ter nin adestrador, nin porteiros nin apenas xogadores de campo, outro despropósito mais. peor...imposible, polo que a partires de agora todo terá que ir a mellor... :P