
Pasadomañán, luns día 3 de agosto, saberase si o "Cidade de Santiago" vai competir a vindeira tempada en Segunda División B ou pola contra desaparece como club e a sua plaza é ocupada polo CD Ourense.
Onte, antes de rematar o plazo as 24.00 horas, foi presentada a documentación pertinente para arranxar o adeudado cos xugadores, e ésta debe ser comprobada e darlle o visto bó a comisión mixta ( A.F.E e R.F.E.F ).
Según declaracións onte, de Javier Villalba a Radio Galega, nas últimas horas déronse pasos fundamentais para a salvación do club.
Lémbrovos que a mércores da semán pasada a dia de onte, venres, faltaban por chegar a un acordo cos seguintes 13 xugadores: Damian, Jesús Torres, Capi, Jesús Sánchez, Dopico, Iosu Rivas, David Pérez, Pablo López, Franqueira, Gonzalo, Rafa, Luigi e Marcos Suárez.
Habéndose chegado, según indica a páxina web do club, a día 22 de xullo acordo con 11 xugadores, a saber: Mackay, Raul García, Zabala, Changui, Maikel, Sefal, Julen, Pepe Rico, Tachi, Josito e Dani Castro.
É lóxico imaxinar que as denuncias proceden do grupo de xugadores cos cales non se chegara a acordo algún e máis cando nel hay futbolistas que manifestan públicamente o seu desexo de abandoar o "Cidade".
_______________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario