jueves, 6 de agosto de 2009

[ córner ] MAIKEL FICHA POLO CD. LUGO




O dianteiro Maikel, un dos xugadores máis destacados do "Cidade" no seu tránsito pola Segunda B, chegou a un acordo co CD Lugo, club que facía meses xa amosara interés por facerse cos seus servicios. O contrato é por unha tempada.
Maykel tiña outras duas propostas máis: da Cultural Leonesa e da SD Compostela, o final decidíuse pola opción do CD.Lugo.
Con iste novo cambio Maikel amplia o seu curriculum: Deportivo, Toledo, Xérez, Xetafe, Compostela, Terrassa, Lorca, Benidorm, Cidade e agora Lugo.
No "Cidade", a tempada pasada, saiu en 23 ocasións na formación inicial. Xugou un total de 2.270 minutos: 919 na primeira e 1351 na segunda volta, marcando un total de once goles.
Espérolle o millor na sua nova aventura, con Quique Setien de adestrador.
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego e Lavoz de Galicia
____________________________________

No hay comentarios: