sábado, 29 de agosto de 2009

[ córner ] VILLALBA...CUMPLIU.


Tarde, mal e arrastras, -todo o acontecido sobre a confección deste equipo e o xeito de escomenzar o Campeonato de Liga, con soio un día de preparación, creo que non ten precedentes no fútbol español , nunha categoría como é a Terceira División- pero o final o 1º equipo do "Cidade de Santiago" sae a competir.
Gustavo Duco, director deportivo deste renovado "Cidade" dirixiu onte unha doble sesión de adestramento que servirá polo menos para que os xugadores que se unen a iste novo proiecto se coñeceran e ir marcando posicións ante o enfrentamento de mañan as 12.00 horas, nas instalacións do Deportivo en Abegondo, frente o Depor B.
A federación Galega de Fútbol tramitou no día de onte 17 fichas presentadas de xugadores provintes de diferentes puntos da xeografía española e de diferentes nacionalidades.
A ficha do adestrador non foi presentada, o club ten de plazo 3 semáns para atopar técnico e presentar a sua correspondente ficha. O adestrador galego que pretendía Javier Villalba e que tiña apalabrado desistiu de unirse o novo proiecto, polo cal posíbelmente o técnico que dirixa o equipo sexa foraneo e non galego.
O obxetivo é presentar o total das 22 fichas. Ao longo dos próximos días tense previsto que recalen en Santiago os xugadores que faltan para completar a plantilla.
Fotos recollidas dos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
_________________________________

No hay comentarios: