lunes, 17 de agosto de 2009

[ falta directa ] NON TEMOS DIRECTOR DEPORTIVO


Antes de celebrarse a Asambleía de accionistas, e cando non se tiña nada claro que a opción de Javier Villalba saira adiante, a semán das declaracións do Sr.Devesa ao xornal El Correo Gallego, falárase de que o posto de Director Deportivo, vacante dende a dimisión de Antonio Álvarez, era un asunto do cal se estaba tratando e caseque estaba pechado.
Ao asumir a presidencia Javier Villalba a semán pasada, non se voltou a escoitar nada referente a iste posto fundamental nun equipo.
Polo que estou a observar as funcións de dito posto estanas a desenrolar o propio Presidente, Javier Villalba. O asesoramento na elección dos xugadores, do adestrador, funcións máis propias dun Director Deportivo, é o Presidente quen se está encarregando delas.
Si pretende, como ten declarado Javier Villalba, que o adestrador sexa galego, imaxino que neste aspecto estará a recibir asesoramento por parte de xente do club. Sospeito esto último polo seu descoñecemento do fútbol galego, o provir Javier Villalba de outra Comunidade, ao igual que os xugadores que se fichen daiquí, de Galicia. Pero polo de pronto os xugadores que van vir da Comunidade Valencían, foi Javier Villalba quen os elixiu.
Nesta Terceira División, grupo 1, temos Directores Deportivos ata de renombre, como Patxi Salinas que fichou esta tempada polo Rápido de Bouzas.
A un Presidente correspóndelle unhas atribucións concretas, pero no caso do "Cidade", tal como está resultando de improvisado todo, e ao ir a contrareloxo, ata vexo xustificado que a designación do posto de Director Deportivo se demore unhas semáns.
Hay un aspecto na Terceira División que xoga o noso favor: pódese fichar xugadores ao longo de toda a tempada, non hay que esperar o mercado invernal.
Na foto Jorje Valdano, Director Deportivo do Real Madrid.
___________________________________

No hay comentarios: