viernes, 14 de agosto de 2009

JAVIER VILLALBA, NOVO PRESIDENTE.

Sorpresa maiúscula.
Ata cando en certo medio informativo (SER.Local), duvidaban si Javier Villalba voltaría algun día a Santiago, dispois das acusacións deste último os xugadores, a resposta do Sr.Devesa, a contraresposta de Villalba sobre o acordo que firmara cos Srs.Devesa e Suárez...o que parecía un panorama irreconciliábel agravado co descenso do equipo, a falla de credibilidade do Sr. Villalba...tornouse en acordo.
A reunión que mantiveron previamente pola mañán Javier Villalba e os ata onte máximos accionistas Srs.Devesa e Suárez (propietarios do 51'986% das accións) debeu servir para aclarar os malentendidos xurdidos a raiz do descenso "administrativo" do primer equipo a 3ª División, que tiveron o seu reflexo nas declaracións efeituadas ao xornal El Correo Gallego polos Srs. Devesa e Villalba.
Imaxino que en dita reunión se materializaría a opción de compra que tiña o Sr Villalba sobre o paquete accionarial dos Srs.Devesa e Suárez.
En verbas recollidas ao Sr Súarez Alén no Correo Gallego de onte, a intención de Devesa mais él eran..."escucharemos su proyecto, sus intenciones...y después tomaremos la decisión de si él (Villalba) y su grupo entran a formar parte del nuevo Consejo de Administración de la sociedad".
Pois o proxecto presentado por Javier Villalba e o grupo que o respalda deberon convencer os antiguos máximos accionistas que chegaron a un acordo de venda das sus accións.
_____________________________________

No hay comentarios: