

Jesús Torres comprometeuse por duas tempadas ca SD.Compostela, equipo no cal xa xugara.
Jesús, de 29 anos, que xoga tanto de lateral esquerdo como de defensa central, estivo no "Cidade" as duas últimas tempadas.
Foi un fixo nas aliniacións de Luisito, xugando a tempada pasada un total de 2.673 minutos (1.583 na primeira volta, e 1.090 na segunda). Na 1ª volta soio se perdeu o partido disputado en San Lázaro contra a Ponferradina, equipo no que tamén xugou. Na 2ª volta a pesar de xugar menos minutos, soio deixou de participar en tres partidos. Saiu na formación inicial en 32 ocasións. Foi autor de un gol no derradeiro partido frente o Sporting B.
Xugou tamén, aparte dos mencionados, no equipo da sua vila natal, o Caldas, no Arosa e no Eldense.
Dende o blog, e o igual que a todos os xugadores que conformaron a plantilla da tempada pasada, deséxoche o millor.
____________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario