





Diego "Dopico" Galdo, prometedor lateral esquerdo de 22 anos volve o Montañeros, ao igual que Julen, medio centro de 24 anos. Os dous procedían deste equipo antes de recalar no "Cidade". Tamén ficha polo equipo herculino o coruñés Pablo López, defensa central de 31 anos.
Pablo López estivo unha tempada no "Cidade"ao igual que Julen e Dopico. Pablo procedía da Cultural Leonesa, con anterioridade xugara no Deportivo B, Pontevedra, Celta B, Ourense e Oviedo. A tempada pasada xugou un total de 2.076 minutos ( 984 na 1ª volta e 1.090 na segunda ).
Dopico, xugou no equipo da sua vila natal, As pontes e no Montañeros . A tempada pasada xugou un total de 2.367 minutos ( 1.359 na primeira volta e 1.008 na segunda).
Julen, foi un dos xugadores máis recoñecidos pola afición. Disputou 2.498 minutos ( 1.315 na 1ª volta e 1.183 na segunda). Foi autor de un gol na 2ª xornada, no partido disputado como visitante contra o Bilbao Athl.
_____________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario