
Xa nunha entrada de Tribuna Aberta do día 18 do mes pasado, que leva por título : "O futuro do club", tratén muy por enriba o tema da unidade xa que por aqueles momentos viña sendo motivo de tertulias deportivas na radio, sin a dimensión que adquire o implicarse na cuestión o Concellal de Deportes o Sr. Bernardino Rama.
Sigo pensando o mesmo: non teño constancia dos pasos a seguir para chegar a tal fin( unión de dous equipos). Non coñezo ningún caso recentemente no fútbol profesional en que se uniran dous equipos para formar un novo e sospeito que as persoas que pregonan que o futuro do fútbol en Santiago pasa pola unidad teñan claro o camiño para chegar a tal converxercia.
Co ascenso da SD Compostela a Segunda División B, categoría na que estamos tamén presentes os verdibrancos (por agora), máis de un lembrouse do refrán "a unión fai a forza". Si...pero a forza mal calibrada pode producir estragos.
Éu personalmente penso que a SD Compostela e o Cidade de Santiago dificilmente chegaran a entenderse. Son duas entidades con un pasado histórico diferente e mesmo diría con unha idiosincracia distinta.
Ademais os últimos anos as aficións de ambos clubs fóronse distanciando.
E sempre estará o handicap do Sr. Caneda, que non vai querer perder protagonismo, e somos moitos os que non estamos de acordo ca sua xestión presidencialista.
Que o Sr. Caneda presida a SD Compostela xustifica de por si a existencia de dous clubs en Santiago.
Para meu entender, de levarse a cabo, sería un proxecto o cal lle pronostico un divorcio expréss o pouco tempo de escomenzar a andar. As discrepancias dislúmbranse antes da boda.
E.U.F_____socio peña Pepe Rico.
________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario