
Xa o decía Nietzsche na sua teoría do "eterno retorno": a vida non é máis que a eterna repitición do mesmo. Teoría que se contrapón a visión lineal teleolóxica con un principio precario e un final glorioso
Co Atlético Fátima estamos a vivir o mesmo proceso, voltamos os oríxenes e escomenzamos de novo. Desprendémonos do símbolo do Concello que encorsetaba o escudo do noso club e principiamos unha nova andaina. Destes catro anos filtremos o positivo e interiorizemos experiencias para nun futuro non caer nos mesmos erros e así intentar co retorno inevitábel se agrande no tempo.
Estamos a pasar os momentos máis delicados nos 31 anos de historia que ten o noso club, pasamos da gloria a unha máis que probable liquidación, pero con ilusión todo ten arranxo.
Agora máis que sempre...¡¡¡ Aupa Fátima!!!.
____________________________________
1 comentario:
E que pasará? Onde comezará de novo o Fátima? Por que non manter o nome de Cidade de Santiago ou pensar en algún válido para un futuro retorno a élite? Quen serán os encargados de tomar as rendas do equipo agora?
Publicar un comentario