lunes, 22 de junio de 2009

NON POIDO SER...IMPÚSOSE A VETERANÍA.


O Flavia estase a convertir nun clásico nas finais da Copa do Sar. Nas últimas sete edicións participará ca do presente ano en seis finais, das que por agora leva gañadas tres, a espera da final deste ano que o enfrentará o Dubra que ven de dobregar o San Mamede na outra semifinal [ 1 - 3 ] [1 - 0 ].
Onte un Cidade B con baixas importantes plantou cara a un Flavia que botou man da veteranía e non do bó xogo para solventar a eliminatoria. O momento de producirse os goles: o 1º rematando o 1º tempo e o 2º transcurrido o primer cuarto de hora, xusto dispois da expulsión de Fran Espiño, un xugador determinante no Cidade B, fixo moito dano psicolóxico.
O Flavia, como no partido de ida amosou ser un equipo ven plantado no campo ( cicais de máis, si se despistan os xugadores, exceptuando tres ou catro, préndenlles raices).
A final desta 42 edición da Copa do Sar enfrentará o Flavia - Dubra, dous equipos que militan na Preferente Norte e que este ano nos seus enfrentamentos ligueiros quedaron :
.- Flavia - Dubra [ 2 - 0 ]
.- Dubra - Flavia [ 3 - 0 ]
Na clasificación final o Flavia rematou no posto 5 con unha renda de 60 puntos, e o Dubra no posto 11 con 49 puntos.
________________
Si non estou mal informado a Copa do Sar naceu impulsada polo club sd esclavitud o igual que a Liga do Sar, na tempada 1966/67. Remítovos a páxina web de dito club:
________________
As fotos corresponden o partido de onte; a da abaixo: Paco, un dos xugadores destacados do Cidade B nesta eliminatoria contra o Flavia polo seu espíritu batallador, tanto no partido de ida como no de volta.
__________________________________

1 comentario:

Anónimo dijo...

Saludos

Primero felicitarle por el trabajo realizado en este blog.

Pero me gustaria pedirle que como ha hecho referencia a las categorias inferiores al equipo de segunda b y al equipo de 2º regional tambien hiciera referencia al equipo femenino del ciudad de santiago, equipo que ha conseguido un pase a una final de la copa galicia femenina.

Las ultimas noticias es que dicha final sera en domingo a las 19h en O grove.