
Según medios informativos de Mallorca, o Atlético Baleares está a espera de que o presidente da R.F.E.F, Angel María Villar, de o visto bó o acordo alcanzado co "Cidade", para a compra da sua plaza na Segunda División B. Villar atópase en Sudáfrica, onde se está disputando a Copa Confederacións, polo cal ata que regrese a Madrid non se podrá pechar este asunto.
Para ir adiantando o proceso, o presidente da Federación Balear de Fútbol, Miquel Bestard, tivo unha reunión co secretario da R.F.E.F para que a galega lle dera o visto bó.
Con anterioridade Fernando Crespi, presidente do Atlético Baleares, mantivo un encontro con Bestard para informarlle de todo o proceso e darlle a documentación sobre o acordo
Según recolle hoxe, mércores, o xornal "La Voz de Galicia", os dous equipos o balear e o galego puxéronxe en contacto co presidente da federación galega, Carlos Meana, o cal declara que dende a federación galega apoiarán o "Cidade" xa que é un asociado dela e na operación non hay perxuicios para terceiros. Afirma que tal como están as cousas ve dificil que a operación prospere.
Esta última afirmación reférese o criterio de que prima a promoción deportiva.
Lémbranos tamén Carlos Meana que na División de Bronce as territoriales pouco poden facer .
Hay factores, creo éu, que poden influir a que a venta prospere:
Según teño leido en algún informativo das illas baleares referíndose a compra do "Cidade" por parte da empresa Inverfútbol, esta última está asesorada por un recoñecido grupo de abogados en Madrid, en canto o concerninte as contradicións da ley actual co Dereito Mercantil.
Por outra banda a reunión da A.F.E do día 18 de Mayo onde se crea unha comisión de 12 futbolistas de 2ª B, tres xugadores por cada un dos catro grupos que compoñen a División de Bronce, co fin de estudar solucións o problema gravisimo de deuda que este ano pode alcanzar unha cifra record.
Os propios xugadores... a A.F.E, vaese ver na obriga de presionar a R.F.E.F para que permita este tipo de operacións, co fin de garantir o cobro do adeudado, e nun tempo razonábel. Os xugadores do "Cidade", na reuníon que mantiveron días atrás manifestaban optimismo cando foron informados dos pasos que se están producindo.
A Segunda B soio conta con un fondo de garantía salarial para este ano de 300.000 euros. Con esa cantidade tan cativa, non chega nin para pagarlle os xugadores do "Cidade", e son moitos os clubs con impagos.
[Sobre esta reunión da A.F.E... máis infomación na entrada do blog do día martes, 19 de mayo.]
[Sobre esta reunión da A.F.E... máis infomación na entrada do blog do día martes, 19 de mayo.]
________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario