Solrak, polas preguntas que plantexas deduzco que non poideches asistir a reunión informativa do pasado venres. Como sabes o club está en venda ao non poder afrontar tanto a deuda que viña arrastrando de outras tempadas( deuda histórica), como a que se xenerou durante a presente campaña na 2ªB.Con cinco mensualidades impagadas os xugadores e personal técnico na tempada que acaba de rematar, e cas arcas vacias porque non hay patrocinadores privados que se quiseran involucrar no proxecto do "Cidade", e con muy poucas subvencións públicas o ser o noso club unha S.A.D, nun principio os administradores vense abocados a venda do club para así poder saldar as deudas ( o falar de venda do club refírome as aicións como Sociedade Anónima que é). Esta sería a millor opción, xa que se podería negociar co comprador a venda soio do 1º equipo, a cesión por un ano, etc
Por outra banda está a R.F.E.F que non permite a venda de plazas de equipos a raiz do caso Granada 74, co ánimo de preservar o espiritu deportivo-competitivo. No anterior pódese dar unha contradición entre dita Ley da Feferación e o Dereito Mercantil. Según a R.F.E.F o "Cidade" non ten dereito a vender a plaza, esto pode retraer a algún potencial comprador que quisera levar o equipo a outra localidade.
De non aparecer comprador habería que liquidar a Sociedade e con ela desaparecerían todos os equipos que a compoñen, dende os benxamins ao de 2ª B. En definitiva desaparecería a SAD Ciudad de Santiago.
A tua pregunta de onde comenzará de novo o Fátima? Durante os próximos días vaese realizar unha especie de encuesta para saber con que rapaces das categorías inferiores: benxamíns, alevíns, infantiles, etc podemos contar para a tempada próxima co fin de formar equipos ca denominación de Atlético Fátima ( nome que se debeu conservar para os equipos base cando foi o cambio de nome de Atlético Fátima a Ciudad de Santiago, para así evitar que a posíbel liquidación da Sociedade afecte a todos os equipos como e o caso con que nos atopamos agora).
Sobre o nome "Cidade de Santiago", si o final se vai a un proceso de liquidación da Sociedade, se pode empregar ata que dito proceso finalice. Dispois non porque a Sociedade xa non existe, foi disolta.
Personalmente penso que dispois de todo o acontecido, bautizar o club con outro nome que non sexa Atlético Fátima é marear a perdiz.
A tua última pregunta sobre quenes tomaron agora as rendas do club? o que se propuso na reunión por parte de antiguos membros da directiva é que a xente se animara a participar no novo proxecto. A reunión do venres foi informativa, non se trataba de elixir unha nova directiva.
Solrak...unha aperta.
___________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario