O "Cidade B" está a por a guinda a unha gran campaña, dispois de ascender de categoría, eliminaba onte a doble partido o Silleda, equipo que esta tempada que rematou descendeu a Segunda Autonómica ( a que acaba de rematar xugou en Primeira). En Silleda o marcador inicial non se movera [ 0 - 0 ], así que a eliminatoria decidiase onte en Santa Isabel. A 1ª parte non tivo un claro dominador, ainda que sobresalía o xogo organizado e os destellos técnicos dos xugadores do Cidade en contraposición a corpulencia e xogo rústico practicado polos do Silleda. Co gol de Juan Fernández chegábase o descanso e o diluvio que se mantén en todo o 2º tempo facendo impracticábel o bó desenrolo das xugadas. O balón quédase a nadar nos charcos, e é dificil aliñavar tres pases seguidos, polo cal recúrrese os pases longos de dificil definición. Co 2º gol, autoría de Paco, chega a tranquilidade nas filas do Cidade B, e o desconsuelo nas do Silleda, que ven que na remontada un reto dificil de conquerir por moito tempo innecesario que engadiu o árbitro, tanto no 1º tempo como no 2º, sin motivo aparente.
Xa estamos en Semifinales....Enhoraboa.
_________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario