
Según os medios informativos a empresa Inverfútbol chegou a un preacordo cos dous máximos accionistas do "Cidade", Sr. Suárez Alén e Sr. Devesa para a compra do club. Con esta compra Inverfútbol pretende que o Atlético Baleares recupere a categoría ( esta tempada quedou colista no seu grupo e descendeu a 3ª División). Agora estase a espera de que a R.F.E.F. de ou non o beneplacito a dita operación.
Con anterioridade a empresa Inverfútbol xa negociara ca U.D Mérida do Sr José Fouto, mesmo dando por feita a operación aló polo mes de marzo (o Merida xa solicitara o cambio de residencia e informara do novo domicilio social que concidía co campo do Atlético Baleares), pero atopouse con varias dificultades xuridicas: o Merida non é unha sociedade anónima senón que é un club deportivo e por outra banda o presidente da Territorial extremeña, o Sr Juan de Dios Monterde, afirmou que nunca autorizaría a operación.
Seguidamente Inverfútbol negocia co Écija Balompie. Dous vellos coñecidos do fútbol español, Rafael Gordillo e Roberto Rios son directivos do club andaluz e os que plantexan a Cursach, dono de Inverfútbol, a venta do Ecija por 3 millons de euros. Gordillo pide 3 millons pola plaza, cantidade ca que amortizar os tres millons que invertiu no club. Sin embargo Cursach na auditoría das contas deste club atópase con moitos buracos que tapar, afirmando que "non quere facerse responsábel das deudas que deixan outros". Finalmente Bartolomé Cursach decide ofrecer 800.000 euros pola compra do Écija non chegando ambas partes a un acordo.
Cursach tiña unha lista de clubs con dificultades económicas aparte dos dous mencionados e xa descartados: o Lucena, Gavá, Ciudad de Lorqui, Terrassa, Lorca, Cidade de Santiago.
O final, Inverfútbol decantouse pola opción do Cidade, pareceulle a millor oferta, un club relativamente "saneado".
Nalgúns medios fálase de que a venta é por 800.000 euros, en outros comentan que é por un montante de 800.000 euros mais as mensualidades impagadas a xugadores e equipo técnico, e noutros afirman que o preacordo de venta contenpla unha cifra inferior a referida nun principio.
A miña opinión personal, si prospera a venta, é que o club vai mal vendido. Descoñezo os pormenores da negociación, quenes asesoraron os dirixentes do "Cidade", pero si sen que Inverfútbol é unha empresa dedicada a compra-venta, con experiencia en este tipo de operacións, e o "Cidade"me temo que pecou de inxenou. Espero estar trabucado.
Con un tono con tintes irónicos declaraba Cursach no xornal "El Diario de Mallorca": las dificultades para la compra de un club son enormes "porque todos pierden", pero añade que si finalmente se anima "es porque tenemos unos aficionados que se lo merecen todo".
Polo menos co diñeiro da venta por fin se poderá pagar as cinco mensualidades que se lles deben os xugadores e ao equipo técnico. Dispois de incumplir plazos de pago durante toda a tempada por causa justificada, non había cartos, e ainda así o equipo cumpliu o obxetivo marcardo a principios da tempada: a permanencia en Segunda División B, chegou a hora de corresponderlles.
Non estariamos falando de venta do "Cidade", si os xugadores non adoptasen a actitud de verdadeiros profesionais que os caracterizou ao longo da tempada. Si chegaran a plantar no mes de decembro, ou o club descendera, nestes momentos non estariamos a falar de ningunha venta posíbel.
Polo cal vexo prioritario por ética e por estética, que si a operación de venta prospera, e pretendemos manter limpa a historia do Atlético Fátima, antes de nada cumplir con unhos xugadores que fixeron historia no noso club.
E.U.F__________socio peña Pepe Rico.
________________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario