

.Reportaxe sobre o enorme crecemento da práctica do fútbol femenino nos últimos lustros.
.O fútbol femenino en España: a reforma que se aveciña.__________________________
O fúbol femenino alcanzou xa a cifra de 40 millóns de practicantes e supera cuantitativamente o fútbol xuvenil masculino. Iste enorme crecemento en todo o ámbito mundial provocou que a F.I.F.A se volque no seu fomento e no seu impulso. Ao longo dos anos 90 a expansión do fútbol femenino bateu récords de crecemento. Nunca antes un deporte experimentara un desenrolo tan vertixinoso a escala mundial: A cifra de 40 millóns de mulleres federadas é muy significativa si xe ten en en conta que son 120 millóns de xugadores que compoñen hoxe o fútbol masculino ao cabo de dez décadas de existencia organizada.
___
Si ben en Europa é practicado dende os anos 70, o puntapé inicial do fútbol femenino déronno as noruegas, no congreso da F.I.F.A de 1986, en México, cando se disputou o Mundial. As mulleres nórdicas reclamaron a atracción para a rama femenina do fútbol e entonces, o brasileiro Joan Havelange, accedeu a realización de un Torneo de forma experimental que tivo lugar en 1990 en China, o éxito foi tal que ao ano seguinte tamén en China, o fútbol femenino quedaba oficializado por F.I.F.A no primer Mundial que consagrou campeona a EE.UU.
___
En Europa o fútbol femenino ten as sus zonas de expansión. Cicais os paises nórdicos e de centroeuropa posean unha maior calidade, non en vano nestes paises o fútbol femenino lévase practicando máis de 30 anos. O traballo cos rapaces escomenza cando istas teñen unha idade máis nova. Con sete anos empezan a practicar o fútbol en competicións mixtas ou fútbol Sete. Deste xeito conquiren que Alemania sexa o pais con maior número de licencias de fútbol femenino: na actualidade ronda o millón de licencias.
___
O Comité de Fútbol Femenino da U.E.F.A está traballando por fomentar iste deporte. Dende fai máis de 20 anos preocúpase por impulsalo en tódolos paises. No ano 1982 ten lugar o primer campeonato de Europa.
No ano 1998 ten lugar en Londres a terceira conferencia para o fútbol femenino, con anterioridade celebráronse duas en Zurich, nos anos 1972 e 1980. Nela interviron adestradores e dirixentes de 42 federacións nacionais. En ditas xornadas estudiose o progreso experimentado polo fútbol femenino. Dende aquel Europeo de 1982 onde interviron 16 seleccións, chegouse a 234 participantes para a fase de clasificación para o Mundial do ano 1999.
_____________________________
En España, ata a tempada que acaba de rematar, o esquema é o seguinte: a Liga femenina de 1ª División coñécese polo nome de "Superliga". Está composta por 16 equipos. Clubs como o Españyol, o Atletic Club B.F.K.E.B de Bilbao, Rayo Vallecano ou Levante Femenino disputan cada ano o titulo ligueiro. Na tempada que acaba de rematar a 2008/09 poclamouse campeón de Liga o Rayo Vallecano ( equipo que ilustra a foto de esta reportaxe).
___A segunda categoría a nivel estatal e tamén dependente da R.F.E.F é a Liga Nacional, dividida en seis grupos e onde saen duas plazas de ascenso a Superliga. A terceira son as competicións autonómicas, integradas nas Territoriales.
___
Nestes momentos hay unha polémica na R.F.E.F por unha proposta de ésta última de crear unha nova Superliga, de principio cambiaría xa de denominación pasando a chamarse "Liga Nacional de Fútbol Femenino". Dita proposta escomenzaría xa para a vindeira tempada 2009/10.
Nesta nova Liga participarían as seccións femeninas dos clubes das Ligas BBVA e Adelante así como algúnha S.A.D de 2ªB. O principal impulsor do proxecto é o selecionador nacional femenino, Ignacio Quereda, quen afirma "con este paso inténtase consolidar e asentar o desenrolo do fútbol femenino en España. É unha forma de captar , divulgar e promocionar o fútbol femenino. Isto soio se pode facer através de clubes profesionais."
A Liga Nacional de Fútbol Femenino 2009/10 contará na máxima categoría con dous grupos, repartidos seguindo criterios de proximidade xeográfica: a mitade dos clubes actuais da Superliga e o 50 por cento dos que se unan de Primeira e Segunda División ( o S.A.D de 2ª B ) no primeiro grupo, e un segundo grupo que se completaría do mesno xeito.
___Os clubs que se sumen o proxecto terán que sentar as bases da sua futura canteira ca creacción de categorias de "futbol -8"( ata once anos ), sub 16 e sub 19.
___
Está previsto que non haxa descensos en 2 ou 3 anos para facer o tránsito dos dous grupos iniciais a un Grupo Único de 16 clubs previsto para a tempada 2012/13.
___O final, a nova extructura de competicións de clubs de futbol femenino quedará con unha Primeira División composta de 16 clubs e unha Segunda e Terceira na que se repartirán o resto de equipos que se se sumaron a reforma. As competicións autonómicas por suposto seguen vixentes.
____Na actualidade España conta con 18.000 licencias federativas, co novo proxecto o obxetivo é chegar as 50.000 en dous anos.
____Nembargantes o a antedito proxecto atopouse ca oposición dos actuais clubes e xugadoras que participan na Superliga actual. De feito as xugadoras recollleron máis de 200 firmas manifestando a sua disconformidade ca nova proposta de reforma o igual que os clubs que se queixan de non haber contado con eles no novo proxecto. Argumentan que o actual modelo é competitivo. Todolos clubs integrantes na Superliga contan con Escolas, é un traballo de anos que se pode ir o garete o convertirse a Liga nunha pachanga. O que se esta a por en dúvida é a calidade dos recéns chegados.
___De momento apuntáronse xa 8 equipos para escomenzar a tempada 2009/10 aparte dos 16 que xa integraban a Superliga, e durante os dous seguintes anos podense apuntar máis, como xa dixen anteriormente non haberá descensos; os equipos que se sumaron son: Sevilla, Eibar, Valladolid, Nastic, Las Palmas, Cacereño, Real Jaen e Murcia.
_____________________
Nalgún medio informativo aló polo mes de mayo, na lista de clubs que se sumaran o proxecto apuntaban a SD Compostela. A 15 de xuño nun artigo no Pais Digital a SD xa aparecía descolgada do proxecto. Sin embargo éu escoitara o Sr Caneda en declaracións a principios de ano, no programa o Quinto Árbitro da cadea Correo TV, o cal é contertulio asiduo, ter interés en "montar" un equipo femenino, polo cal, o millor non para a vindeira tempada, senón para a 2010/11 temos en Santiago un equipo femenino na Primeira División aproveitando a reforma que se vai facer co fútbol femenino.
___________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario