jueves, 4 de junio de 2009

O CLUB DE AMIGOS DO OBRADOIRO.

___________________CAB OBRADOIRO_____
______club de amigos del baloncesto Obradoiro____



Subvenciones públicas conqueridas:


1.-Xunta de Galicia-----------1.5 millons eur.

2.-Diputación da Coruña----300.000 eur.

3.-Concello de Santiago-----200.000 eur.


_______TOTAL______2 millóns de euros.

Según o Sr José Angel Docobo, presidente da xunta directiva do club, o CAB Obradoiro pode competir para o ano na Liga ACB. A xunta directiva manexa un presuposto de 4 millóns, a mitade procedente de subvencións. De principio urxe conquerir 800.000 eur.en efectivo que o club ten que depositar na ACB en concepto de canon para a sua inscripción antes do 15 de xuño. Según Docobo "hay moita vontade da Xunta de botar adiante este proxecto, polo que agardamos que se poidan acadar estes cartos nestes vindeiros días".

800.000 euros en metálico, xusto a cantidade a que se pon en venta o "Cidade de Santiago".

Estou de acordo en que se axude con diñeiro público o CAB OBRADOIRO, pero me parece exaxerado as cifras que se están manexando, sobre todo as procedentes dende a Secretaría Xeral para o Deporte (1.5 millóns de euros).

Na actualidade o CAB OBRADOIRO é unha entidade formada exclusivamente pola sua xunta directiva e unhos cuantos socios, que polas fotos que aparecen na prensa das suas reunións non deben superar os 100.

Os organismos públicos están aportando diñeiro para a formación de un club novo: xugadores, técnicos, infraextructura...Aquí non hay deporte de base. Trátase de unha operación de alto risco: si o equipo descende de categoría no seu debut na ACB, escomenzarían as dificultades económicas na Liga LEB como lle aconteceu o Beirasar Rosalía o presente ano.

Nos temos máis de 200 fichas ( fútbol de base), dende benxamíns, cadetes, féminas, xuvenís, etc con un futuro máis que incerto o colocarse o cartel de SE VENDE a SAD Cidade de Santiago ( pvp 800.000 eur ), e a Xunta nos vindeiros días é máis que posíbel que aporte 800.000 eur o CAB OBRADOIRO para que deposite esta cantidade soio como aval de inscripción na ACB.
_________________________________

No hay comentarios: