martes, 30 de junio de 2009

O ACORDO ENTRE INVERFUTBOL E O CIDADE APUNTO DE RACHARSE


Según a empresa Inverfútbol o "Cidade de Santiago" non está tan saneado como nun principio se lles amosara, polo cal as condicións de compra do club varían os costes da operación.
O club balear esta a sopesar renunciar a compra do "Cidade."
Na foto, a esquerda, Cursach, dono de Inverfutbol. A sua dereita Fernando Crespi, Presidente do Atlético Baleares.
Información extraida de Webesport.com:


_______________________________

ENHORABOA sub ¡¡¡CAMPEONAS !!!



Éu sospeito de que en todo esto de quedar "sub" ten moito que ver os bombós, non me extrañaría que os comérades todos antes do partido. E que están boisimos. E si dentro desas bonitas caixas onde van os bombós con que as agasalláchedes non iban pedras autenticas de santiago.???
___________________________________

domingo, 28 de junio de 2009

A EVOLUCIÓN DO FÚTBOL FEMENINO


.Reportaxe sobre o enorme crecemento da práctica do fútbol femenino nos últimos lustros.
.O fútbol femenino en España: a reforma que se aveciña.


__________________________


O fúbol femenino alcanzou xa a cifra de 40 millóns de practicantes e supera cuantitativamente o fútbol xuvenil masculino. Iste enorme crecemento en todo o ámbito mundial provocou que a F.I.F.A se volque no seu fomento e no seu impulso. Ao longo dos anos 90 a expansión do fútbol femenino bateu récords de crecemento. Nunca antes un deporte experimentara un desenrolo tan vertixinoso a escala mundial: A cifra de 40 millóns de mulleres federadas é muy significativa si xe ten en en conta que son 120 millóns de xugadores que compoñen hoxe o fútbol masculino ao cabo de dez décadas de existencia organizada.

___

Si ben en Europa é practicado dende os anos 70, o puntapé inicial do fútbol femenino déronno as noruegas, no congreso da F.I.F.A de 1986, en México, cando se disputou o Mundial. As mulleres nórdicas reclamaron a atracción para a rama femenina do fútbol e entonces, o brasileiro Joan Havelange, accedeu a realización de un Torneo de forma experimental que tivo lugar en 1990 en China, o éxito foi tal que ao ano seguinte tamén en China, o fútbol femenino quedaba oficializado por F.I.F.A no primer Mundial que consagrou campeona a EE.UU.

___

En Europa o fútbol femenino ten as sus zonas de expansión. Cicais os paises nórdicos e de centroeuropa posean unha maior calidade, non en vano nestes paises o fútbol femenino lévase practicando máis de 30 anos. O traballo cos rapaces escomenza cando istas teñen unha idade máis nova. Con sete anos empezan a practicar o fútbol en competicións mixtas ou fútbol Sete. Deste xeito conquiren que Alemania sexa o pais con maior número de licencias de fútbol femenino: na actualidade ronda o millón de licencias.

___

O Comité de Fútbol Femenino da U.E.F.A está traballando por fomentar iste deporte. Dende fai máis de 20 anos preocúpase por impulsalo en tódolos paises. No ano 1982 ten lugar o primer campeonato de Europa.

No ano 1998 ten lugar en Londres a terceira conferencia para o fútbol femenino, con anterioridade celebráronse duas en Zurich, nos anos 1972 e 1980. Nela interviron adestradores e dirixentes de 42 federacións nacionais. En ditas xornadas estudiose o progreso experimentado polo fútbol femenino. Dende aquel Europeo de 1982 onde interviron 16 seleccións, chegouse a 234 participantes para a fase de clasificación para o Mundial do ano 1999.

_____________________________
-O futbol femenino en España: a reforma que se aveciña.-


En España, ata a tempada que acaba de rematar, o esquema é o seguinte: a Liga femenina de 1ª División coñécese polo nome de "Superliga". Está composta por 16 equipos. Clubs como o Españyol, o Atletic Club B.F.K.E.B de Bilbao, Rayo Vallecano ou Levante Femenino disputan cada ano o titulo ligueiro. Na tempada que acaba de rematar a 2008/09 poclamouse campeón de Liga o Rayo Vallecano ( equipo que ilustra a foto de esta reportaxe).
___

A segunda categoría a nivel estatal e tamén dependente da R.F.E.F é a Liga Nacional, dividida en seis grupos e onde saen duas plazas de ascenso a Superliga. A terceira son as competicións autonómicas, integradas nas Territoriales.

___

Nestes momentos hay unha polémica na R.F.E.F por unha proposta de ésta última de crear unha nova Superliga, de principio cambiaría xa de denominación pasando a chamarse "Liga Nacional de Fútbol Femenino". Dita proposta escomenzaría xa para a vindeira tempada 2009/10.

Nesta nova Liga participarían as seccións femeninas dos clubes das Ligas BBVA e Adelante así como algúnha S.A.D de 2ªB. O principal impulsor do proxecto é o selecionador nacional femenino, Ignacio Quereda, quen afirma "con este paso inténtase consolidar e asentar o desenrolo do fútbol femenino en España. É unha forma de captar , divulgar e promocionar o fútbol femenino. Isto soio se pode facer através de clubes profesionais."

A Liga Nacional de Fútbol Femenino 2009/10 contará na máxima categoría con dous grupos, repartidos seguindo criterios de proximidade xeográfica: a mitade dos clubes actuais da Superliga e o 50 por cento dos que se unan de Primeira e Segunda División ( o S.A.D de 2ª B ) no primeiro grupo, e un segundo grupo que se completaría do mesno xeito.
___

Os clubs que se sumen o proxecto terán que sentar as bases da sua futura canteira ca creacción de categorias de "futbol -8"( ata once anos ), sub 16 e sub 19.

___

Está previsto que non haxa descensos en 2 ou 3 anos para facer o tránsito dos dous grupos iniciais a un Grupo Único de 16 clubs previsto para a tempada 2012/13.
___

O final, a nova extructura de competicións de clubs de futbol femenino quedará con unha Primeira División composta de 16 clubs e unha Segunda e Terceira na que se repartirán o resto de equipos que se se sumaron a reforma. As competicións autonómicas por suposto seguen vixentes.
____

Na actualidade España conta con 18.000 licencias federativas, co novo proxecto o obxetivo é chegar as 50.000 en dous anos.
____

Nembargantes o a antedito proxecto atopouse ca oposición dos actuais clubes e xugadoras que participan na Superliga actual. De feito as xugadoras recollleron máis de 200 firmas manifestando a sua disconformidade ca nova proposta de reforma o igual que os clubs que se queixan de non haber contado con eles no novo proxecto. Argumentan que o actual modelo é competitivo. Todolos clubs integrantes na Superliga contan con Escolas, é un traballo de anos que se pode ir o garete o convertirse a Liga nunha pachanga. O que se esta a por en dúvida é a calidade dos recéns chegados.
___

De momento apuntáronse xa 8 equipos para escomenzar a tempada 2009/10 aparte dos 16 que xa integraban a Superliga, e durante os dous seguintes anos podense apuntar máis, como xa dixen anteriormente non haberá descensos; os equipos que se sumaron son: Sevilla, Eibar, Valladolid, Nastic, Las Palmas, Cacereño, Real Jaen e Murcia.

_____________________

Nalgún medio informativo aló polo mes de mayo, na lista de clubs que se sumaran o proxecto apuntaban a SD Compostela. A 15 de xuño nun artigo no Pais Digital a SD xa aparecía descolgada do proxecto. Sin embargo éu escoitara o Sr Caneda en declaracións a principios de ano, no programa o Quinto Árbitro da cadea Correo TV, o cal é contertulio asiduo, ter interés en "montar" un equipo femenino, polo cal, o millor non para a vindeira tempada, senón para a 2010/11 temos en Santiago un equipo femenino na Primeira División aproveitando a reforma que se vai facer co fútbol femenino.

___________________________________

viernes, 26 de junio de 2009

FINAL COPA GALICIA: "CIDADE DE SANTIAGO" vs " RÁPIDO DE BOUZAS". [ fútbol femenino]







Este próximo domingo, día 28, disputarase no Grove as 19.00 horas no campo Monte da Vila a final Copa Galicia de fútbol femenino. Final a cal chegou o equipo do "Cidade de Santiago" dispois de derrotar na semifinal o Barbadás ourensán. Na final enfrentarase o "Rápido de Bouzas" vigués.
Para chegar a final o equipo do Cidade adestrado por Manolo Piñeiro, tivo que desfacerse dos seguintes rivais: Condado, Atl.Melide, Alondras e o referido Barbadas, xa en semifinais. Os resultados foron os seguintes:
_____________________
.1.- Condado - Cidade [ 1 - 8 ] goles: Merchi(3), Natalia(2), Silvia, Lara, 1pp.
.2.-Cidade - Condado [ 4 - 0 ] goles: Sarai , Kako, Lara, Natalia.
.3.-Cidade - Atl. Melide [ 4 - 1 ] goles: Merchi(2), Natalia (2)
.4.-Alondras - Cidade [ 2 - 2 ] goles: Merchi, Marta Formoso.
.5.-Cidade - Alondras [ 2 - 0 ] goles : Natalia, Merchi.
.6.-Cidade - Barbadas [ 3 - 3 ] goles: Natalia, Ledi, Merchi
.7.-Barbadas - Cidade [ 2 - 3 ] goles: Natalia, Merchi, Natalia.
(descoñezo o resultado do partido de volta entre o Atl.Melide - Cidade).
_____________________
Lémbrovos que no campeonato de Liga o equipo femenino do Cidade quedou 3º, empatado a puntos(52) co segundo clasificado, o Bertola, e a dous puntos do Campeón, o Aguiño. De 20 encontros xugados gañou 17 partidos, empatou 1 e perdeu 2; marcando 111 goles e encaixando 14.
Gañando o domingo sería un peche de campaña esplendido.
__________
A foto de arriba corresponde a formación inicial dun partido do Cidade. Na seguinte é unha presentación do equipo técnico, de esquerda a dereita: Manolo Piñeiro(1ºadestrador) Miguel Gómez (2º adestrador) e Nisar (adestrador de porteiras). A foto que ven a continuación é Adriana. As duas últimas de abaixo corresponden a Natalia e a Amanda.
¡¡A por elas o domingo...!!!
______________________________________

lunes, 22 de junio de 2009

TRIBUNA ABERTA: O "CIDADE", UN CLUB QUE SE VENDE BARATO.


Según os medios informativos a empresa Inverfútbol chegou a un preacordo cos dous máximos accionistas do "Cidade", Sr. Suárez Alén e Sr. Devesa para a compra do club. Con esta compra Inverfútbol pretende que o Atlético Baleares recupere a categoría ( esta tempada quedou colista no seu grupo e descendeu a 3ª División). Agora estase a espera de que a R.F.E.F. de ou non o beneplacito a dita operación.
Con anterioridade a empresa Inverfútbol xa negociara ca U.D Mérida do Sr José Fouto, mesmo dando por feita a operación aló polo mes de marzo (o Merida xa solicitara o cambio de residencia e informara do novo domicilio social que concidía co campo do Atlético Baleares), pero atopouse con varias dificultades xuridicas: o Merida non é unha sociedade anónima senón que é un club deportivo e por outra banda o presidente da Territorial extremeña, o Sr Juan de Dios Monterde, afirmou que nunca autorizaría a operación.
Seguidamente Inverfútbol negocia co Écija Balompie. Dous vellos coñecidos do fútbol español, Rafael Gordillo e Roberto Rios son directivos do club andaluz e os que plantexan a Cursach, dono de Inverfútbol, a venta do Ecija por 3 millons de euros. Gordillo pide 3 millons pola plaza, cantidade ca que amortizar os tres millons que invertiu no club. Sin embargo Cursach na auditoría das contas deste club atópase con moitos buracos que tapar, afirmando que "non quere facerse responsábel das deudas que deixan outros". Finalmente Bartolomé Cursach decide ofrecer 800.000 euros pola compra do Écija non chegando ambas partes a un acordo.

Cursach tiña unha lista de clubs con dificultades económicas aparte dos dous mencionados e xa descartados: o Lucena, Gavá, Ciudad de Lorqui, Terrassa, Lorca, Cidade de Santiago.

O final, Inverfútbol decantouse pola opción do Cidade, pareceulle a millor oferta, un club relativamente "saneado".

Nalgúns medios fálase de que a venta é por 800.000 euros, en outros comentan que é por un montante de 800.000 euros mais as mensualidades impagadas a xugadores e equipo técnico, e noutros afirman que o preacordo de venta contenpla unha cifra inferior a referida nun principio.

A miña opinión personal, si prospera a venta, é que o club vai mal vendido. Descoñezo os pormenores da negociación, quenes asesoraron os dirixentes do "Cidade", pero si sen que Inverfútbol é unha empresa dedicada a compra-venta, con experiencia en este tipo de operacións, e o "Cidade"me temo que pecou de inxenou. Espero estar trabucado.

Con un tono con tintes irónicos declaraba Cursach no xornal "El Diario de Mallorca": las dificultades para la compra de un club son enormes "porque todos pierden", pero añade que si finalmente se anima "es porque tenemos unos aficionados que se lo merecen todo".
Polo menos co diñeiro da venta por fin se poderá pagar as cinco mensualidades que se lles deben os xugadores e ao equipo técnico. Dispois de incumplir plazos de pago durante toda a tempada por causa justificada, non había cartos, e ainda así o equipo cumpliu o obxetivo marcardo a principios da tempada: a permanencia en Segunda División B, chegou a hora de corresponderlles.
Non estariamos falando de venta do "Cidade", si os xugadores non adoptasen a actitud de verdadeiros profesionais que os caracterizou ao longo da tempada. Si chegaran a plantar no mes de decembro, ou o club descendera, nestes momentos non estariamos a falar de ningunha venta posíbel.
Polo cal vexo prioritario por ética e por estética, que si a operación de venta prospera, e pretendemos manter limpa a historia do Atlético Fátima, antes de nada cumplir con unhos xugadores que fixeron historia no noso club.
E.U.F__________socio peña Pepe Rico.
________________________________________

NON POIDO SER...IMPÚSOSE A VETERANÍA.


O Flavia estase a convertir nun clásico nas finais da Copa do Sar. Nas últimas sete edicións participará ca do presente ano en seis finais, das que por agora leva gañadas tres, a espera da final deste ano que o enfrentará o Dubra que ven de dobregar o San Mamede na outra semifinal [ 1 - 3 ] [1 - 0 ].
Onte un Cidade B con baixas importantes plantou cara a un Flavia que botou man da veteranía e non do bó xogo para solventar a eliminatoria. O momento de producirse os goles: o 1º rematando o 1º tempo e o 2º transcurrido o primer cuarto de hora, xusto dispois da expulsión de Fran Espiño, un xugador determinante no Cidade B, fixo moito dano psicolóxico.
O Flavia, como no partido de ida amosou ser un equipo ven plantado no campo ( cicais de máis, si se despistan os xugadores, exceptuando tres ou catro, préndenlles raices).
A final desta 42 edición da Copa do Sar enfrentará o Flavia - Dubra, dous equipos que militan na Preferente Norte e que este ano nos seus enfrentamentos ligueiros quedaron :
.- Flavia - Dubra [ 2 - 0 ]
.- Dubra - Flavia [ 3 - 0 ]
Na clasificación final o Flavia rematou no posto 5 con unha renda de 60 puntos, e o Dubra no posto 11 con 49 puntos.
________________
Si non estou mal informado a Copa do Sar naceu impulsada polo club sd esclavitud o igual que a Liga do Sar, na tempada 1966/67. Remítovos a páxina web de dito club:
________________
As fotos corresponden o partido de onte; a da abaixo: Paco, un dos xugadores destacados do Cidade B nesta eliminatoria contra o Flavia polo seu espíritu batallador, tanto no partido de ida como no de volta.
__________________________________

sábado, 20 de junio de 2009

TEORIZANDO...E O FÚTBOL É..______...


eDUARDO gALEANO: O fútbol " parécese a Deus na devoción que lle teñen moitos creentes e na desconfianza lle teñen moitos intelectuales. A sua historia é unha triste viaxe do placer o deber. O fútbol e a patria están sempre atados e os políticos e dictadores espéculan con esos vínculos de identidade".

_____________________


Texto: Gabriel Martínez Poch. [ gabrielmpoch@hotmail.com] Argentina.
--- Cap IV. O Fútbol.do libro "Enciclopedia de adestramento do fútbolista profesional."
__Doctorado na Universidad de Granada.
__Máster en entrenamiento deportivo. La Habana (2000)
__Licenciado en Alto Rendimento y Tecnoloxía deportiva.U.A.I.(2002)
__Director técnico de A.F.A
_____________________


DEFINICIÓN: Según os propios adeptos, o fútbol é o deporte mais belo, complexo e atrainte de todos. En primer lugar, a sua complexidade radica no seu extricto reglamento, que obriga o xugador a poseer un alto grado de habilidade especial, posto que os mesmos segmentos corporales cos que se despraza, son os encarregados tamén de dominar o balón mentras se avanza a velocidades y direccions cambiantes, atraves do campo de xogo sorteando múltiples obstaculos móviles ( rivais).
________________
O fúbol, posee beleza de movimentos e sutileza, pero tamén accións violentas e erro humán, os seus seguidores dificilmente poden escapar o cúmulo de sentimentos atopados que irradia: alegría, tristeza, decepción, amargura, sorpresa, camaradería, agresividade, frutración, etc. todos eles nun orden de aparición cambiante dentro de un mesmo encontro. No seu reinado conviven os talentosos cos rústicos por igual, pode ser multitudinario o solitario, pero sin duvidas é eficazmente atractivo para todos os protagonistas. En resumen, fútbol é paixón, un sentimento difícil de definir tanto para os pobres en lectura como para os máis letrados.
________________
Este deporte é conducido tanto por científicos como por autodidactas, supostos "sabihondos "e"ignorantes", quenes teñen a su propia verdade e a defenden a capa e espada, cunplíndose regularmente con un inexplicábel pero equitativo mandamento, onde todos son premiados co seu momento de gloria casi por igual. Estes interrogantes son materia permanente de investigación e busqueda de respostas que sexan universalmente válidas; para que iste deporte multifacético, de cooperación dos compañeiros do equipo, e de oposición dos rivais; acíclico, de habilidades abertas e accións intermitentes; polivalente, donde se corre a máxima velocidade, se salta, se trota, resístese unha embestida contraria, e por momentos se camiña: de adaptación constante a novas situacións, de realidades cambiantes e diversidade de estímulos, siga crecendo e atope respostas a sua "propia lóxica" de accións repartidas entre movimentos premeditados e movimentos espontaneos.
_________________
A Praxiolóxía motriz aplicada o deporte, céntrase en tratar de coñecer como son as estructuras ou lóxica interna de cada deporte e como se produce o desenrolo da acción de xogo partindo da estructura dos mesmos e da praxis motriz:

--------
-O fútbol supón unha confrontación directa entre dous equipos (cooperación, oposición), con un fin determinado, esto é, disputar o balón co fin de convertir o gol o evitar que nos lo convirtan. Para elo deberán realizar unha serie de accións e interaccións establecidas (plan o contraplán), esto é o que se denomina táctica si o balón está en movimento e estratexia, si o balón atópase detido, por exemplo en tiros libres.

-------


-Un espacio onde desenvolvénse os xugadores de ambos dous bandos en distintas accións de xogo. Podemos diferenciar entre espacio formal estabelecido polo reglamento e un espacio de uso (ocupado por un xugador ou o que cumple un determinado obxetivo táctico).

------


-O tempo non soio nos indica a duración de un partido (estabelecido polo reglamento), ademais pode ser un factor importante para deteminar unha serie de variábels de rendimento dos xugadores: dende o tempo de participación dos xugadores, a duración das distintas acciones de xogo (ofensivas o defensivas) e a posesión do balón.
__________________

Para poder realizar as diferentes accións que se desenrolan neste deporte, necesitase poseer unha habilidade motriz específica. Esta habilidade, basada nos mecanismos de percepción, decisión, execución, confire unha eficiencia ou capacidade os xugadores para adaptarse e solventar problemas específicos do fútbol.

________________


-O mecanismo de percepción poderá atender os estimulos presentes de maneira selectiva (compañeiros, adversarios, balón...), as relaccións espaciais (ubicación no campo, distancia dos xugadores e dos obxetivos) y temporales (atender a sucesión de acontecimientos que se van dando, a duración dos mesmos, o ritmo...). En definitiva, o xugador deberá observar para saber que pasa y de esta manera obter información da situación
---------

-O mecanismo de decisión terá que plantexarse que o que vai facer, analiza a situación, concibindo e escollendo unha solución. Por elo é importante que os xugadores teñan desenrolada a intelixencia de xogo mediante a capacidade de estabelecer estratexias motoras e a sua posta en práctica, através da técnica individual e da táctica colectiva. Neste senso, aparece o mecanismo ou factor decisional como algo que é necesario e que pode ser determinante para poder desenvolverse neste deporte.

---------


-O mecanismo de execución: da a resposta motriz de como facelo, resolvendo a situación de xogo. Para esto é neceserario ter desenrolado as capacidades físicas (forza, resistencia, velocidade..) e as habilidades técnicas ( golpeo, regate, interceptación...). En definitiva, o xugador debe atopar as respostas adaptadas aos problemas que lle presenta a acción de xogo que veñen derivados da oposición (contra os adversarios) e a da coeperación (cos seus compañeiros). Considerando, ademais, que as accións de xogo ( ofensivas e defensivas) non se dan aisladas senón que veñen concatenadas, debendo reaccionar ante unha situación, efectuando un tratamento inmediato da situación de xogo seguinte
____________________

_Factores que determinan a dificultade obxetiva de unha tarea motora:
-Complexidade perceptiva que variará según:
. Número de estímulos a analizar.
. Velocidade e duración dos estímulos.
. Intensidade e persistencia dos estímulos
. Incertidume que rodea aos estímulos.

-Complexidade a nivel de toma de decisións que variará según:

. Número de decisións posíbels.
. Alternativas de cada decisión.
. Tempo de que se dispón para a resposta.
______________________________________

O DOMINGO AS 17.00 EN SANTA ISABEL "CIDADE B " vs "FLAVIA", COPA SAR.



Partido de volta correspondente as semifinales da Copa do Sar. O encontro de ida finalizara co empate inicial de cero goles. Na outra semifinal que enfrenta o San Mamede co Dubra, tomaba ventaxa na eliminatoría o Dubra o imporse como visitante por [ 1 - 3 ].

O Cidade B presenta numerosas baixas, polo cal xugadores do equipo xuvenil entrarán na convocatoría.

________________________________

miércoles, 17 de junio de 2009

ESPERANDO O REGRESO DE VILLAR


Según medios informativos de Mallorca, o Atlético Baleares está a espera de que o presidente da R.F.E.F, Angel María Villar, de o visto bó o acordo alcanzado co "Cidade", para a compra da sua plaza na Segunda División B. Villar atópase en Sudáfrica, onde se está disputando a Copa Confederacións, polo cal ata que regrese a Madrid non se podrá pechar este asunto.
Para ir adiantando o proceso, o presidente da Federación Balear de Fútbol, Miquel Bestard, tivo unha reunión co secretario da R.F.E.F para que a galega lle dera o visto bó.
Con anterioridade Fernando Crespi, presidente do Atlético Baleares, mantivo un encontro con Bestard para informarlle de todo o proceso e darlle a documentación sobre o acordo
Según recolle hoxe, mércores, o xornal "La Voz de Galicia", os dous equipos o balear e o galego puxéronxe en contacto co presidente da federación galega, Carlos Meana, o cal declara que dende a federación galega apoiarán o "Cidade" xa que é un asociado dela e na operación non hay perxuicios para terceiros. Afirma que tal como están as cousas ve dificil que a operación prospere.
Esta última afirmación reférese o criterio de que prima a promoción deportiva.
Lémbranos tamén Carlos Meana que na División de Bronce as territoriales pouco poden facer .
Hay factores, creo éu, que poden influir a que a venta prospere:
Según teño leido en algún informativo das illas baleares referíndose a compra do "Cidade" por parte da empresa Inverfútbol, esta última está asesorada por un recoñecido grupo de abogados en Madrid, en canto o concerninte as contradicións da ley actual co Dereito Mercantil.
Por outra banda a reunión da A.F.E do día 18 de Mayo onde se crea unha comisión de 12 futbolistas de 2ª B, tres xugadores por cada un dos catro grupos que compoñen a División de Bronce, co fin de estudar solucións o problema gravisimo de deuda que este ano pode alcanzar unha cifra record.
Os propios xugadores... a A.F.E, vaese ver na obriga de presionar a R.F.E.F para que permita este tipo de operacións, co fin de garantir o cobro do adeudado, e nun tempo razonábel. Os xugadores do "Cidade", na reuníon que mantiveron días atrás manifestaban optimismo cando foron informados dos pasos que se están producindo.
A Segunda B soio conta con un fondo de garantía salarial para este ano de 300.000 euros. Con esa cantidade tan cativa, non chega nin para pagarlle os xugadores do "Cidade", e son moitos os clubs con impagos.
[Sobre esta reunión da A.F.E... máis infomación na entrada do blog do día martes, 19 de mayo.]
________________________________

lunes, 15 de junio de 2009

FLAVIA - CIDADE B [ 0 - 0 ]




Partido de ida disputado en Padrón correspondente a semifinais da Copa do Sar onde o "Cidade B" conqueriu un empate esperanzador cara o partido de volta.
Encontro igualado, sin claro dominador, onde os dous equipos dispuseron de ocasións de gol pero sin fortuna ahora de mover o marcador inicial. O Flavia desperdiciou un penalti ao filo do remate do partido.
No campo non se viu reflexado as diferencias de categoría: o Flavia rematou a tempada no 5º posto na Preferente, e o Cidade ascendeu como todos sabemos a Primeira Autonómica.
________________________________

sábado, 13 de junio de 2009

ESPERANDO A VILLAR



Según todos os medios de comunicación consultados a operación de compra do "Cidade" pola empresa Inverfútbol está pechado e o único que falla para que fructifique é o visto bó da R.F.E.F, presidida por Angel María Villar.

Máis enderezos onde comentan o tema:





_____________________________________

viernes, 12 de junio de 2009

PRINCIPIO DE ACORDO PARA A COMPRA DO "CIDADE" POLO "ATL BALEARES".

Foto: Fernando Crespi. Presidente do Atlético Baleares.

Según diversas fontes a empresa Inverfufbol, empresa de representación de xugadores propiedade do empresario Bartolomé Cursach chegou a un acordo para a compra do Cidade co fin do que o recén descencido a 3ª División, Atl Baleares, recupere a plaza na categoría de bronce por vía de apremio.
Descoñezo os pormenores do acordo.

A continuación remítovos enderezos onde tratan o tema:






_________________________________

miércoles, 10 de junio de 2009

JESÚS SÁNCHEZ FICHA POLO RÁCING DE FERROL.



O vigués Jesús Sánchez, formado nas categorias inferiores do Celta, na tempada 2003/04 xugaba co Celta xuvenil na División de Honra, e dende o ano 2004 ao 2008 no Celta B na Segunda División B, a tempada que acaba de rematar tivemos o gusto de telo nas filas do Cidade, todo elo a pesares da sua corta idade, fai tres meses cumpliu os 24 anos fichou por unha tempada polo Rácing de Ferrol. Con Luisito de adestrador foi un fixo nas aliniacións, xugando todolos partidos da 1ª volta, 19 en total é 14 na segunda. Lesionose no encontro contra o Zamora o que o mantivo apartado unhas semáns dos partidos oficiais. Foi o xugador dispois de Mackay que máis minutos disputou na Liga , un total de 2898.
Dende o blog desexámosche o millor no teu novo proxecto deportivo.
____________________________________

martes, 9 de junio de 2009

O FUTURO DO CLUB. [ Resposta a un comentario ]

Solrak, polas preguntas que plantexas deduzco que non poideches asistir a reunión informativa do pasado venres. Como sabes o club está en venda ao non poder afrontar tanto a deuda que viña arrastrando de outras tempadas( deuda histórica), como a que se xenerou durante a presente campaña na 2ªB.
Con cinco mensualidades impagadas os xugadores e personal técnico na tempada que acaba de rematar, e cas arcas vacias porque non hay patrocinadores privados que se quiseran involucrar no proxecto do "Cidade", e con muy poucas subvencións públicas o ser o noso club unha S.A.D, nun principio os administradores vense abocados a venda do club para así poder saldar as deudas ( o falar de venda do club refírome as aicións como Sociedade Anónima que é). Esta sería a millor opción, xa que se podería negociar co comprador a venda soio do 1º equipo, a cesión por un ano, etc
Por outra banda está a R.F.E.F que non permite a venda de plazas de equipos a raiz do caso Granada 74, co ánimo de preservar o espiritu deportivo-competitivo. No anterior pódese dar unha contradición entre dita Ley da Feferación e o Dereito Mercantil. Según a R.F.E.F o "Cidade" non ten dereito a vender a plaza, esto pode retraer a algún potencial comprador que quisera levar o equipo a outra localidade.
De non aparecer comprador habería que liquidar a Sociedade e con ela desaparecerían todos os equipos que a compoñen, dende os benxamins ao de 2ª B. En definitiva desaparecería a SAD Ciudad de Santiago.
A tua pregunta de onde comenzará de novo o Fátima? Durante os próximos días vaese realizar unha especie de encuesta para saber con que rapaces das categorías inferiores: benxamíns, alevíns, infantiles, etc podemos contar para a tempada próxima co fin de formar equipos ca denominación de Atlético Fátima ( nome que se debeu conservar para os equipos base cando foi o cambio de nome de Atlético Fátima a Ciudad de Santiago, para así evitar que a posíbel liquidación da Sociedade afecte a todos os equipos como e o caso con que nos atopamos agora).
Sobre o nome "Cidade de Santiago", si o final se vai a un proceso de liquidación da Sociedade, se pode empregar ata que dito proceso finalice. Dispois non porque a Sociedade xa non existe, foi disolta.
Personalmente penso que dispois de todo o acontecido, bautizar o club con outro nome que non sexa Atlético Fátima é marear a perdiz.
A tua última pregunta sobre quenes tomaron agora as rendas do club? o que se propuso na reunión por parte de antiguos membros da directiva é que a xente se animara a participar no novo proxecto. A reunión do venres foi informativa, non se trataba de elixir unha nova directiva.
Solrak...unha aperta.
___________________________________

lunes, 8 de junio de 2009

O "CIDADE B" A SEMIFINALES NA COPA SAR.

Cidade B - Silleda [ 2 - 0 ]
O "Cidade B" está a por a guinda a unha gran campaña, dispois de ascender de categoría, eliminaba onte a doble partido o Silleda, equipo que esta tempada que rematou descendeu a Segunda Autonómica ( a que acaba de rematar xugou en Primeira). En Silleda o marcador inicial non se movera [ 0 - 0 ], así que a eliminatoria decidiase onte en Santa Isabel. A 1ª parte non tivo un claro dominador, ainda que sobresalía o xogo organizado e os destellos técnicos dos xugadores do Cidade en contraposición a corpulencia e xogo rústico practicado polos do Silleda. Co gol de Juan Fernández chegábase o descanso e o diluvio que se mantén en todo o 2º tempo facendo impracticábel o bó desenrolo das xugadas. O balón quédase a nadar nos charcos, e é dificil aliñavar tres pases seguidos, polo cal recúrrese os pases longos de dificil definición. Co 2º gol, autoría de Paco, chega a tranquilidade nas filas do Cidade B, e o desconsuelo nas do Silleda, que ven que na remontada un reto dificil de conquerir por moito tempo innecesario que engadiu o árbitro, tanto no 1º tempo como no 2º, sin motivo aparente.
Xa estamos en Semifinales....Enhoraboa.
_________________________________

O FATIMA E O "ETERNO RETORNO".


Xa o decía Nietzsche na sua teoría do "eterno retorno": a vida non é máis que a eterna repitición do mesmo. Teoría que se contrapón a visión lineal teleolóxica con un principio precario e un final glorioso

Co Atlético Fátima estamos a vivir o mesmo proceso, voltamos os oríxenes e escomenzamos de novo. Desprendémonos do símbolo do Concello que encorsetaba o escudo do noso club e principiamos unha nova andaina. Destes catro anos filtremos o positivo e interiorizemos experiencias para nun futuro non caer nos mesmos erros e así intentar co retorno inevitábel se agrande no tempo.

Estamos a pasar os momentos máis delicados nos 31 anos de historia que ten o noso club, pasamos da gloria a unha máis que probable liquidación, pero con ilusión todo ten arranxo.

Agora máis que sempre...¡¡¡ Aupa Fátima!!!.

____________________________________

jueves, 4 de junio de 2009

O CLUB DE AMIGOS DO OBRADOIRO.

___________________CAB OBRADOIRO_____
______club de amigos del baloncesto Obradoiro____



Subvenciones públicas conqueridas:


1.-Xunta de Galicia-----------1.5 millons eur.

2.-Diputación da Coruña----300.000 eur.

3.-Concello de Santiago-----200.000 eur.


_______TOTAL______2 millóns de euros.

Según o Sr José Angel Docobo, presidente da xunta directiva do club, o CAB Obradoiro pode competir para o ano na Liga ACB. A xunta directiva manexa un presuposto de 4 millóns, a mitade procedente de subvencións. De principio urxe conquerir 800.000 eur.en efectivo que o club ten que depositar na ACB en concepto de canon para a sua inscripción antes do 15 de xuño. Según Docobo "hay moita vontade da Xunta de botar adiante este proxecto, polo que agardamos que se poidan acadar estes cartos nestes vindeiros días".

800.000 euros en metálico, xusto a cantidade a que se pon en venta o "Cidade de Santiago".

Estou de acordo en que se axude con diñeiro público o CAB OBRADOIRO, pero me parece exaxerado as cifras que se están manexando, sobre todo as procedentes dende a Secretaría Xeral para o Deporte (1.5 millóns de euros).

Na actualidade o CAB OBRADOIRO é unha entidade formada exclusivamente pola sua xunta directiva e unhos cuantos socios, que polas fotos que aparecen na prensa das suas reunións non deben superar os 100.

Os organismos públicos están aportando diñeiro para a formación de un club novo: xugadores, técnicos, infraextructura...Aquí non hay deporte de base. Trátase de unha operación de alto risco: si o equipo descende de categoría no seu debut na ACB, escomenzarían as dificultades económicas na Liga LEB como lle aconteceu o Beirasar Rosalía o presente ano.

Nos temos máis de 200 fichas ( fútbol de base), dende benxamíns, cadetes, féminas, xuvenís, etc con un futuro máis que incerto o colocarse o cartel de SE VENDE a SAD Cidade de Santiago ( pvp 800.000 eur ), e a Xunta nos vindeiros días é máis que posíbel que aporte 800.000 eur o CAB OBRADOIRO para que deposite esta cantidade soio como aval de inscripción na ACB.
_________________________________

miércoles, 3 de junio de 2009

TRIBUNA ABERTA: SOBRE A UNIDADE.


Xa nunha entrada de Tribuna Aberta do día 18 do mes pasado, que leva por título : "O futuro do club", tratén muy por enriba o tema da unidade xa que por aqueles momentos viña sendo motivo de tertulias deportivas na radio, sin a dimensión que adquire o implicarse na cuestión o Concellal de Deportes o Sr. Bernardino Rama.
Sigo pensando o mesmo: non teño constancia dos pasos a seguir para chegar a tal fin( unión de dous equipos). Non coñezo ningún caso recentemente no fútbol profesional en que se uniran dous equipos para formar un novo e sospeito que as persoas que pregonan que o futuro do fútbol en Santiago pasa pola unidad teñan claro o camiño para chegar a tal converxercia.
Co ascenso da SD Compostela a Segunda División B, categoría na que estamos tamén presentes os verdibrancos (por agora), máis de un lembrouse do refrán "a unión fai a forza". Si...pero a forza mal calibrada pode producir estragos.

Éu personalmente penso que a SD Compostela e o Cidade de Santiago dificilmente chegaran a entenderse. Son duas entidades con un pasado histórico diferente e mesmo diría con unha idiosincracia distinta.
Ademais os últimos anos as aficións de ambos clubs fóronse distanciando.
E sempre estará o handicap do Sr. Caneda, que non vai querer perder protagonismo, e somos moitos os que non estamos de acordo ca sua xestión presidencialista.
Que o Sr. Caneda presida a SD Compostela xustifica de por si a existencia de dous clubs en Santiago.
Para meu entender, de levarse a cabo, sería un proxecto o cal lle pronostico un divorcio expréss o pouco tempo de escomenzar a andar. As discrepancias dislúmbranse antes da boda.
E.U.F_____socio peña Pepe Rico.
________________________________

martes, 2 de junio de 2009

O CONCELLO APOSTA POLA UNIDADE.



Según informacións difundidas polo xornal "La Voz de Galicia" na edición de hoxe, dende a Concexalía de Deportes do Concello de Santiago da cal é responsábel o Sr.Bernardino Rama, están por promover un proxecto único de equipo cara a competir a próxima tempada en Segunda División B.
Debido a situación económica do " Cidade de Santiago" e ante posíbels reclamacións de deudas que lle podan xurdir a SD Compostela ou futuros problemas xurídicos, o edil aposta pola unidad.
____________
Asimesmo este xornal fae referencia a pésima situación económica na que se atopa o noso club. A deuda actual rondaría os 600.000 euros. Nesta cantidade vae incluida a deuda histórica e as cinco mensualidades impagadas a futbolistas, técnicos, empregados, correspondentes a tempada que acaba de rematar.
Tal situación fará que a próxima Asamblea sexa decisiva para dilucidar o futuro do club, ou aparecen solucións ou os máximos accionistas veranse abocados a pedir a liquidación, o cal conleva non soio a desaparición do primer equipo senón de toda a Sociedade, polo tanto de todo o fútbol base...adios...club..adios....Ciudad de Santiago.
________________________________

lunes, 1 de junio de 2009

OS CADETES....TERCEIROS..¡O ANO QUE VEN..!


Onte non soio valia a victoria contra o Conxo B[ 1 - 0 ] senón que o Comercial de Lugo perdese o empatase contra o pechacancelas.. O Comercial gañou polo cal ascende de categoría.
Torneo muy disputado onde se xugaba a segunda plaza con dereito a ascenso na derradeira xornada.
Temos que estar orgullosos dos rapazes que disputaban esta categoría, onde o listón de ascenso estaba alto.
Éu personalmente me alegro de que no fútbol base; no club esta campaña finalizada, se dera un paso adiante.
A canteira é o futuro do noso club, polo cal é algo a cuidar.
__________________________________

¡QUE BOTE,QUE BOTE!..FATIMISTA EL QUE NO BOTE!!

Mes de mayo...Barça_ Copa del Rey 09/___Liga 09/___Copa de Europa 09/.
Moitas celebracións....
Si o aficionado é culé e do Compos...hoxe, outra vez, a cita en Platerias e inexcusábel cos xugadores do Compostela.
¡ Compos!..Kompos en 2ª!!!...¡¡ Que bote, que bote!!..Fatimista el que no bote...Bó ambiente onte nas Platerías na celebración do ascenso.

Antes de nada felicitar a SD Compostela polo ascenso a Segunda División B. Dispois dunha gran tempada chega o xusto premio. O Campeón indiscutíbel no seu grupo da 3ª División mereceuse unha curta e tranquila transición a categoría de bronce.
Así que para finais de agosto estréase, si a burocracia xurídica de última de hora non impide o que deportivamente e de xeito xusto conqueríu a SD Compostela, na Segunda División B Grupo I, grupo no cal seguimos os verdibrancos a espera de novas en vistas o que se concrete na Asambleia Extraordinaria de Accionistas próxima a a convocar.
A posibilidad de un derbi o próximo ano está nestes momentos presente.
_________________________________