jueves, 19 de febrero de 2009

NOTICIAS PESIMISTAS SOBRE O FUTURO DO 1º EQUIPO.

Onte, mércores día 18, o diario As, informaba dunha nova, que para seros sinceiro a min personalmente non me colle de sorpresa, dispois do resultado da reunión de accionistas do venres da semán pasada.
Según esta crónica asinada por T.Bermúdez,- vou transcribir literalmente a crónica - , o luns de esta semán presente o máximo accionista do "Cidade de Santiago": o Sr Jesús Devesa e Xosé Suárez Alén, actual presidente do "Cidade", fixeron unha ánalise de todas as opcións que quedaban na actualidade e a as conclusións non poideron ser máis desoladoras.
Hay unha evidente imposibilidade de conquerir recursos, soio a posibel aparición do anónimo grupo empresarial que no seu día prometeu apoio para salvar polo de pronto a curto plazo a situación.
Pero según as últimas novas que chegaron a casa do "Cidade", agora memo ese grupo de empresarios, que no seu día tratóuse de que fora o máis numeroso co fin de reducir a aportación que terían que dar cada un, agora mesmo non contaría con máis de catro menbros e estos consideran inviabel facerse cargo das cinco mensualidades que se deben o termo deste mes.
Por non chegar , nin chegan os 60.000 euros prometidos polo concello, pois esta partida económica non pode ser liberada polo concello compostelán o ter o "Cidade" pagos pendentes coa Seguridade Social e Facenda.

Si finalmente segue sen chegar o diñeiro, a opcións que ambos se plantexan sería que os xugadores e técnicos aguantaran ata final de tempada e, coa salvación conquerida, vender o club para así poder saldar deudas.

___________________________________________

No hay comentarios: