jueves, 5 de febrero de 2009

LIGA DE FILIAIS. Cap 2. modelo de funcionamento.

A Liga de Filiais tería como obxetivo último, buscar un espacio para que os xugadores continuen a sua formación unha vez rematada a sua etapa xuvenil e non den atopado acomodo no seu respectivo club de procedencia.
Estaría composta polos 42 equipos inferiores dos clubes de 1ª e de 2ª división. Nun principio a competición de filiais sería Sub-21, a idade dos xugadores comprendería entre os 16 e os 21 anos. Os clubes poderían contar con un cupo máximo de cinco extranxeiros e con dous xugadores sin límite de idade, ca intención de que estes equipos poidan alinear a xugadores suplentes ou recén saidos de lesións do 1º equipo ( para que istes últimos gocen de minutos e vaian collendo ritmo de competición).
No inicio da competición istes 42 equipos repartiranse en 3 grupos seguindo criterios xeográficos ( cada grupo contaría con 14 equipos ).
Nunha 1ª fase, xugarían unha liguilla a partido único, e decir disputarianse 13 partidos (soio unha volta ), previo sorteo para para decidir a quen lle correspondería xugar como anfitrión ou como visitante.
Na 2ª fase, crearíanse duas competicións. A chamada Superliga que estaría formada polos cinco 1º equipos de cada grupo, mais o millor sexto dos anteriores 3 grupos. Polo cal a Superliga compondriase de 16 equipos e xugariase xa a doble volta. O resto de clubes non clasificados agruparanse en 2 grupos seguindo tamén criterios de proximidad xeografica e tamén competirían a doble volta.
A 3ª fase, consistiría na disputa da Copa (algúns chámanlle Copa do Rey, outros Copa de España ), nela participarían os 4 equipos millor clasificados na Superliga, incluido o seu campeón, os dous campeóns dos outros 2 grupos, mais dous equipos da Superliga, que a un soio partido e a modo de play-off tratarían de loitar por 2 plazas vacantes. En total serían 8 clubes os que participarían na disputa da Copa.
Nesta Liga de Filiais non habería nin ascensos nin descensos.
_____________________________________________

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non e mala a idea da liga dos filiais, onde os equipos poderán formar tranquilamente os seus xogadores sen agobios de clasificación, pérderase algo de competitividade pero non se pode ter todo. O problema e para os demais equipos de esta segunda b xa que parece que a liga de filiais será emitida pola televisión o que suporá menos cartos e atención a categoría de bronce, xa de por si en proceso de quiebra económica. Tal vez podería ser unha oportunidade para reducir a cantidade de equipos nos grupos de 20 a 18 e descargar algo o calendario.

Xa veremos o que pasa xa que non hay que esquecer que "Spain is different"