jueves, 26 de febrero de 2009

CAMBIO DE ADESTRADOR NA MALATA NO MÍNUTO 64 DE LIGA.


Na foto de arriba Miguel Angel "Michel", na de abaixo Manolo Sánchez.
Nota aclaratoria: Non soio entrar en casa allea, senón antes entran na miña .
Transcurría o minuto 64 de Liga cando o Administrador do Rácing de Ferrol o Sr Isidro Silveira Cameselle, decidi realizar un relevo de técnico que sorprende a todos os estamentos que arrodean o club, dende o propio interesado, a afición, a plantilla, a os xornalistas.
É un troco dificil de comprender a (des)sustitución de Manolo Sánchez por Miguel Angel Alonso Naya "Michel". Según parece adoptouse esta decisión debido a mala actuación do equipo no Anxo Carro, e en xeral a mala imaxen do Rácing de Ferrol fora da Malata.
Ainda así M.Sánchez deixa o equipo a dous puntos da promoción de ascenso e nas semifinales da Copa Federación, ademais de convertir A Malata en un fortin e sobre todo de extructurar un equipo que tivo unha pretemporada complicada e que chegou a xugar a 1ª semán de competición con 14 xugadores. Realizou un muy bo traballo ca canteira subindo o 1º equipo a xugadores como Juan, Paco, Marcos...
É decir é un cambio que non ten moito fundamento a 1ª vista.
O que entrou no campo en sustitución dél é un vello coñecido na entidade, a pesares da sua xuventude, 34 anos. Na actualidade estaba a adestrar "O Val" equipo da 1ª rexional, anteriormente foi preparador físico cos irmáns Veiga e 2º adestrador con Jose L.Vara, e xa con máis anterioridade adestrador do equipo Xuvenil. Experiencia non lle falla. Desexámoslle o millor a partir da próxima semán, cando o Rácing se enfrente a Real Unión.
Sobre a nota aclaratoria que puntualizén o principio, referíame a unhas declaracións do presidente do Rácing de Ferrol, o Sr Isidro Silveira realizadas a semán pasada a un xornal, nas que afirmaba de xeito taxante:" Los clubs que no pagan a sus jugadores y que no cumplen con Hacienda deben desaparecer. Los que cumplimos estamos participando en inferioridad de condiciones."
Éu alégrome de que o Rácing esté na actualidade en disposición de afrontar puntualmente todos os pagos, xa sexan os correspondentes as nóminas dos xugadores, o tempo cos derivados dos diferentes organismos fiscais: Facenda, Seguridade Social etc. O que non me parece de recibo é afirmar que os clubes ( de Segunda Divisisión B ) que na actualidade están a pasar problemas ecónomicos, nada agradables para os administradores de ditos equipos: retraso no pago de nóminas, e demais vicisitudes o seu futuro deba ser a desaparación.
Algun club da 2ª B, poida que teña por Administrador un cantamañáns, e se atope nunha situazón precaria debido a irresponsabilidade do seu presidente. Non creo que esto suceda en máis de unha ou duas entidades.
Como home de fútbol e de empresa que é vostede, debería saber que os problemas económicos polos que están a atravesar esta tempada gran parte dos clubs da 2ªB, en maior ou menor grado, requiren unha reflexión máis profunda que un simple titular demagóxico como o que vostede fai. Dende hay tempo hay un debate aberto sobre si o actual modelo de SAD polas que se están rexindo os clubes é o máis idoneo. Hay vozes muy críticas acerca da sua validez para solucionar os males endémicos do fútbol español, antídoto para o cal fora creado.
Sobre o que di vostede de que "os que cumplimos estamos participando en inferiridade de condicións", dende a miña óptica é todolo contrario. Un vestuario donde non reina a incertidume no tema das nóminas, debería estar composto por unha plantilla de xugadores máis centrada no xogo que un vestuario dependente dun club con problemas económicos.
Cambiando un pouco de tercio, decirlle que vostede ten a sorte de presidir un club histórico, rexistrado co nome de "Rácing de Ferrol" dende o ano 1919. Que debido a sua longa historia posee unha amplia base social, que non soio se limita a cidade de Ferrol senón que se amplía a toda a mancomunidade de Ferrolterra. Ten vostede a sorte de que os anos efeituaron un traballo silencioso pero impagable a favor da situación tan saneada que ten o seu club.
Si a todo isto sumamos o patrocinio de unha empresa con mala imaxen en Ferrol, cuia instalación foi motivo de multitud de protestas e movilizacións, e que por medio do fútbol intenta achegarse os ferroláns e lavar a sua imaxen corporativa, refírome a Reganosa; teño por seguro que non ten dificultades para chegar a fin de mes.
Os presupostos, de xeito desglosado do Rácing de Ferrol, é algo polo que sinto curiosidade: canto de Reganosa, canto do Concello, canto da Mancomunidade ( de recibir algunha partida deste último organismo), etc.
______________________________________

1 comentario:

Anónimo dijo...

Reganosa: 120,000 €
Concello: NAda
Mancomunidade: Nada