viernes, 6 de febrero de 2009

A LIGA DE FILIAIS. Cap 3. consecuencias.



A Liga de Filiais que se pretende implantar no estado español xa para a vindeira tempada 2009-2010, non é algo novedoso noutros paises europeos, ainda que o modelo español difere en diferentes aspectos con respecto a outros paises. En Italia xogase a denominada Liga primavera sub-19, en Alemania a Liga de filiais recibe o nome de Oberliga, nela xogan 12 equipos filiais, no que correspondería en España a unha 3ª división. En Inglaterra poseen unha Liga Reserve na que se disputan partidos para dar minutos os que non xogan, e en Francia os equipos filiais están encuadrados no que vería ser unha cuarta división.

Como xa dixen no capítulo 2 deste artigo, a creacción da Liga de Filiais ten como obxetivo continuar ca formación dos xugadores unha vez que rematen a sua etapa como xuvenís, e decir darlle continuidade a formación e rendimento da canteira. Nace entón a Liga de Filiais como resposta a cativa presenza de xugadores xovenes tanto na Segunda División e na Segunda B. ¿Non se convertería a Segunda B nun reducto de veteranos?.

O nacemento da Liga de Filiais implica reformar a Segunda División B, polo cal si se cumplen as previsións é o proxecto tórnase realidade a tempada próxima, a RFEF estase plantexando reformar esta categoría. Ca retirada dos equipos filiais e tendo en conta os graves problemas económicos polos que atravesan a maior parte dos clubes que na actualidade militan na 2ª B, motivos éstes últimos que levarán a máis dun club a desaparación, pénsase nunha reestructuración. Para a campaña 2009-2010 a Segunda B quedaría reducida a 3 grupos, e para a seguinte tempada a 2010-2011 soio habería 2 grupos: norte e sur.

Na actualidade na Segunda División B participan 16 clubs dependentes do seu primer equipo. No grupo I: Bilbao Atletic B, Celta B, Real Sociedad B, Real Valladolid B, Deportivo B, Sporting B e Racing de Santander B. No grupo II: Real Madrid Castilla, Las Palmas B, Murcia B e Atlético B. No grupo III: Barcelona B, Osasuna B, Villarreal B e Valencia B. E no grupo IV soio xoga o Betis B.

Os demais filiais militan na 3ª división, exceptuando a un solitario Sevilla At, que actualmente é colista na división de plata, o Hércules e o Elche cuios equipos nodriza xogan na rexional preferente, o Xerez cuio filial participa na 1ª andaluza, e o Huesca que non ten oficialmente filial.

____________________________________________



1 comentario:

Anónimo dijo...

O que está claro e que o modelo actual de segunda b non ten futuro, xa que a maioría dos clubes, excepto os madrileños e calatáns, non reciben nin un euro das televisións, e por suposto ningún recibe nada das quinielas. O modelo norte-sur tería consecuencias de mais gastos en desplazamentos, sobre todo para as rexións mais alonxadas do centro, como Galicia o que supón outro cargo económico mais e unha dificultade engadida para acadar un ascenso o ter que competir contra os potentes equipos madrileños e cataláns. Algo ten que cambiar pero creo que moitos equipos estanse a replantexar o tema dos filiais, pola sua carestia e facilidade de perdida de xogadores a máns de equipos superiores de forma gratuita.