
¿ E como se produxo iste gol ?...Resposta: ca millor arma que ten a Cultural, a estratexia. A Cultural, a balón parado, en xugadas de extratexia é
o millor equipo deste grupo.
Hai que estar atentos a iste tipo de xugadas. Temos agasallado moitos puntos ista tempada a "balón parado" -a lista de parados acrecéntase con iste gol-.
Millor esquecerse da derrota, correxir os erros para encontros vindeiros e como o resultado xa é inamovíbel votarlle humor o asunto. Pois o dito, hay van uns cantos gazapos xornalísticos:
Onte éu seguín a retransmisión integra do partido escoitando Radio León, emisora de radio que se podía escoitar por internet. Na entrada que fixen o martes pasado no blog: "Información sobre a Cultural", había un enlace: www.aupacultural.com, onde se puña en coñecemento de dita retransmisión. Os comentaristas da mencionada emisora tiveron un par de detalles cómicos: cando se adiantaba no marcador o Celta B en Pasarón [ 0-1 ], lémbranse de Rafa Sáez e de que posibelmente de non remontar o Pontevedra o partido, Rafa sería sustituido o longo da semán ( Aurelio Gay facía días que tomara as rendas do equipo ).
Juan Mackay Abad onte realizou unha muy boa actuación, amosando reflexos felinos e os comentaristas de Radio León así llo recoñeceron, pero cal e a miña sorpresa cando escoito: el portero holandes del Ciudad.. Mackay...
Póndonos serios, si comparamos as reportaxes que fan do partido o "Diario de León" e " La Crónica de León", éu que escoiten o partido integro en directo, considero mais elaborada e imparcial a déste último. O primer xornal mencionado non fai nin referencia a ocasión máis clara de gol que tivo o " Cidade " por parte de Rafa ao filo do descanso, no minuto 46, a gran pase de Maikel, que de consumarse suporía irse o descanso co empate no marcador.
Según escoitaba éu na radio durante a primeira media hora, o " Cidade" era o que dominaba, a "Cultural" non daba 3 pases seguidos, os comentaristas da radio estaban desconcertados e nerviosos co xogo do seu equipo. Mesmo Maickel dispuso dalgunha ocasión de peligro na area visitante. A Cultural non acababa de atopar a posesión da pelota. Moita loita aerea. A millor xugada do encontro por parte deles, ata ises momentos, foi no minuto 28. O último cuarto de hora desta 1ª parte a "Cultural " recomponse e ten máis a posesión do balón e crea máis oportunidades de peligro ( mint 39 e 42).
E na 2ª parte, duas ocasións dunha "Cultural" defensiva, xugando a contra e que ocasionan peligro, pero realmente non chega a dominar o partido. Como decía o comentarista na 2ª parte ningún dos dous equipos tiraron entre os tres paos . E o público pidindo tempo o árbitro dende o minuto 42 .
A anterior crónica que corresponde o escoitado na emisora Radio León pouco se corresponde ca reportaxe do xornal " Diario de León".
Na foto de arriba, os xugadores da "Cultural" festexando o gol.
____________________________________________
1 comentario:
Por certo, cada fin de semana podemos ver uns cantos partidos dos diferentes grupos da segunda b a través da internet, na páxina www.rojadirecta.com podedes atopar os partidos. Xa nos gustaría poder ver todolos partidos do noso equipo como visitante a través da rede, pero xa sabemos que o fútbol e un deporte que se move moi despacio.
Un saudo.
Publicar un comentario