viernes, 20 de febrero de 2009

CAS CORES E O ESCUDO... SEMPRE.


Na actualidade a "SAD Ciudad de Santiago", como todos sabemos non soio é o equipo que milita no grupo I da 2ª División B española, senón que como entidade promotora do fútbol de base, posee equipos en todas as categorias inferiores, incluido un equipo femenino.

A partir do lúns da semán vindeira vou realizar dende o blog un seguimento do equipo que compite no grupo 4 da Segunda Rexional Autonómica, e que na actualidade lidera o seu grupo con 52 puntos seguido a curta distancia polo Abanqueiro que posee 50, e polo Exclavitud que ten 47. Xa distanciados de estes tres equipos de cabeza e con 37 puntos atópase o Taragoña. ( para máis información sobre a taboa clasificatoria pinchade na foto de Pepe Rico, dende haí acceso directo a pax web do "Cidade").

Neste grupo faltan 12 xornadas para rematar o campeonato. Hay posibilidades reais de colocar para o ano, o equipo en 1ª rexional.

Sin esquecerme do equipo xuvenil que milita na Liga Galega Xuvenil no grupo I e que está posicionado no posto 7º da clasificación.

______________________________________

No hay comentarios: