domingo, 8 de febrero de 2009

A LIGA DE FILIAIS. Cap 4. crítica a sua creacción.




O realmente preocupante de esta Liga é sobre todo a ausencia de competitividade real. A liga de Filiais o ser un campeonato pechado, onde xogan 42 equipos co obxetivo principal de millorar e continuar a sua formación, sin preocupacións por ascender ou descender, é unha liga "burbuja". O xugador vive entre algodóns é non na realidade. Para min xugar en Segunda, 2ªB ou Terceira supón un maior aprendizaxe para un futbolista, por decilo de algunha maneira nestas categorías xógase o futbol de "verdad". Xogar en estas competicións onde se loita por ascender ou onde os clubes teñense marcado unhos obxetivos é o que fai ser competitivo.

Éu creo que se está a intentar equiparar o fútbol co boxeo: peso pluma, peso galo, peso pesado. Son dous deportes diferentes. Non é o caso no deporte do fútbol ise tipo de distincións.

O non haber ascensos nin descensos pérdese o espiritu competitivo, e precisamente ise espiritu, o de enfrentarse os retos, é o que fai que que un futbolista sub-23 intente millorar día a dia o seu rendimento e formación. A motivación e a competividade son factores máis importantes na fase final de formación dun futbolista que o feito de xugar con rapaces da sua idade.

Éu considero que a millor formación para un xoven xugador de fútbol son as ligas inferiores, onde os rapaces compiten con xugadores veteranos e curtidos. O millor aprendizaxe para un futbolista xoven é que coñeza a dureza do fútbol. Aislar os sub-23 nunha competición diferente con un estilo de xogo diferente considero que sería contraproducente.

Tamén, por outra banda, me parece unha Liga inxusta, xa que nela participarían en igualdade de condicións, dende equipos que na actualidade militan na Segunda B ata clubes que no presente viaxan a campos de rexional preferente, pasando pola 3ª división.

E paréceme absurdo que como estamos a tratar dunha Liga de filiais de equipos de Primeira e Segunda División, os filiais participantes nesa Liga participen nela non por méritos propios, senón por mérito ou demérito do seu equipo nodriza. Tamén pódese dar o caso de que o filial o faga muy ben na Liga de Filiais pero o equipo "nai" que milita na Segunda División descende e o filial pague as consecuencias.

Para a creacción da Liga de filiais en España estase pondo como exemplo a "Reserve League " inglesa. Unha Liga que naceu no ano 1911 (a punto está de ser centenaria), pero que empeza a ser cuestionada. Abriu o debate José Mourinho, criticando a sua falla de competividade e recolleu a antorcha da discrepancia outro adestrador foraneo do fútbol inglés: Rafa Benitez. Ricardo Resta, promotor actual da Liga de Filiais, trata de desmarcarse da "Reserve League" e afirma co proxecto que elabora cos seus colaboradores ten máis similitudes ca "Liga Primavera" italiana sub-19.

Mais que o sano obxetivo de promover a canteira éu son dos que considero que detrás de todo iste proxecto, o que prima son outros intereses, e ises non son outros que os económicos.

Según Ricardo Resta, a LFP correrá con todolos gastos que xenere, e xa conta con varios patrocinadores. O que está claro que haberá televisións interesadas en comprar os dereitos de emisión de dita Liga, onde se poderan visionar partidos atraintes tipo Real Madri B- Barcelona B, Depor B- Celta B...etc, serían encontros rentables economicamente, porque a xente amante do fútbol góstalle estar o tanto da canteira que teñen no club que apoian.

Todo iste tema do proxecto da Liga de Filiais é importante xa no presente, porque poden adulterar a actual tempada 2008-2009.

________________________________________




No hay comentarios: