martes, 10 de febrero de 2009

ISTE VENRES XUNTA DE ACCIONISTAS.

Como xa estaredes informados para este venres, dia 13, está convocada a que éu considero, a máis importante Xunta de accionistas que houbo ata agora na historía do noso club.
Os puntos a tratar lémbrovos que son:
1.-Elección de novos conselleiros o "Consello de Administración".
2.-Redacción, lectura e aprobación, no seu caso, da Xunta anterior.
Imaxino que se tratará tamen o asunto que quedou pendente na reunión anterior sobre a ampliación do capital social da Sociedade.
Como menbro da peña Pepe Rico, debido a importancia dos asuntos a tratar, fago un chamamento os socios da peña que sexades accionistas para que acudades a dita reunión.

__________________________________________

No hay comentarios: