

Na 1ª volta cando o "Cidade" xugou en Lugo, os aficionados que nos achegamos ao Anxo Carro fumos tratados dun xeito exquisito. Situáronnos en un muy bo sitio para visionar o partido, e o trato cos siareiros do Lugo foi do máis cordial.
Iste domingo espero que se achegue bastante xente de Lugo a arroupar o seu equipo, a distancia entre as duas cidades é curta e as previsións climatolóxicas para iste fin de semán son optimistas, polo cal pronostico un bo ambente en San Lázaro.
E nós, o club e a afición do "Cidade"corresponder co bo trato que nos dispensaron cando fumos alí o día 28 de septembro do ano pasado.
Ademais é un partido con moitos alicientes: na taboa clasificatoria o "Cidade"está no posto 10, con 34 puntos. O CD Lugo está situado de 11, con 33.
O Lugo é o 2ºequipo máis goleador do grupo I da 2ªB con 33 goles conqueridos, empatado ca Real Unión (o primeiro é a Ponferradina con 36 na sua conta particular). O CD Lugo tamén é o 2º equipo máis goleador como visitante, 16 goles leva marcado fora do Anxo Carro (o que máis goles goles materializa como visitante é a Real Unión, leva 19).
O Lugo ven de encaixar duas derrotas consecutivas na sua casa, contra a Cultural e contra a Real Unión, polo cal virá cos dentes afiados.
En definitiva, un encontro para ver en directo. Nada de radios.
______________________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario