sábado, 28 de febrero de 2009

DEDÍCOLLE O TRIUNFO DO "CIDADE" A ESTES SIAREIROS DO RÁCING.

Esta recorte é unha foto extraida do xornal "El Correo Gallego" do día 13 de outubro do ano pasado, con motivo da ampla reportaxe que fixo dito xornal sobre o derby xugado en San Lázaro entre os ferroláns e o "Cidade".
Nela como observades hay un grupo de aficionados do Rácing lucindo bufandas do equipo que preside o Sr Caneda, e que en vez de animar o seu equipo que boa falla lle facía (caeron derrotados tamén eiquí en S.Lázaro [ 1 - 0] ), malgastaban a sua gorxa co berro de: compos si "Cidade" non.
Pois eso...dedícovos o triunfo do "Cidade" no campo da Malata, a vos e a quen vos prestou as bufandas.
Unha aperta.
____________________________________

jueves, 26 de febrero de 2009

CAMBIO DE ADESTRADOR NA MALATA NO MÍNUTO 64 DE LIGA.


Na foto de arriba Miguel Angel "Michel", na de abaixo Manolo Sánchez.
Nota aclaratoria: Non soio entrar en casa allea, senón antes entran na miña .
Transcurría o minuto 64 de Liga cando o Administrador do Rácing de Ferrol o Sr Isidro Silveira Cameselle, decidi realizar un relevo de técnico que sorprende a todos os estamentos que arrodean o club, dende o propio interesado, a afición, a plantilla, a os xornalistas.
É un troco dificil de comprender a (des)sustitución de Manolo Sánchez por Miguel Angel Alonso Naya "Michel". Según parece adoptouse esta decisión debido a mala actuación do equipo no Anxo Carro, e en xeral a mala imaxen do Rácing de Ferrol fora da Malata.
Ainda así M.Sánchez deixa o equipo a dous puntos da promoción de ascenso e nas semifinales da Copa Federación, ademais de convertir A Malata en un fortin e sobre todo de extructurar un equipo que tivo unha pretemporada complicada e que chegou a xugar a 1ª semán de competición con 14 xugadores. Realizou un muy bo traballo ca canteira subindo o 1º equipo a xugadores como Juan, Paco, Marcos...
É decir é un cambio que non ten moito fundamento a 1ª vista.
O que entrou no campo en sustitución dél é un vello coñecido na entidade, a pesares da sua xuventude, 34 anos. Na actualidade estaba a adestrar "O Val" equipo da 1ª rexional, anteriormente foi preparador físico cos irmáns Veiga e 2º adestrador con Jose L.Vara, e xa con máis anterioridade adestrador do equipo Xuvenil. Experiencia non lle falla. Desexámoslle o millor a partir da próxima semán, cando o Rácing se enfrente a Real Unión.
Sobre a nota aclaratoria que puntualizén o principio, referíame a unhas declaracións do presidente do Rácing de Ferrol, o Sr Isidro Silveira realizadas a semán pasada a un xornal, nas que afirmaba de xeito taxante:" Los clubs que no pagan a sus jugadores y que no cumplen con Hacienda deben desaparecer. Los que cumplimos estamos participando en inferioridad de condiciones."
Éu alégrome de que o Rácing esté na actualidade en disposición de afrontar puntualmente todos os pagos, xa sexan os correspondentes as nóminas dos xugadores, o tempo cos derivados dos diferentes organismos fiscais: Facenda, Seguridade Social etc. O que non me parece de recibo é afirmar que os clubes ( de Segunda Divisisión B ) que na actualidade están a pasar problemas ecónomicos, nada agradables para os administradores de ditos equipos: retraso no pago de nóminas, e demais vicisitudes o seu futuro deba ser a desaparación.
Algun club da 2ª B, poida que teña por Administrador un cantamañáns, e se atope nunha situazón precaria debido a irresponsabilidade do seu presidente. Non creo que esto suceda en máis de unha ou duas entidades.
Como home de fútbol e de empresa que é vostede, debería saber que os problemas económicos polos que están a atravesar esta tempada gran parte dos clubs da 2ªB, en maior ou menor grado, requiren unha reflexión máis profunda que un simple titular demagóxico como o que vostede fai. Dende hay tempo hay un debate aberto sobre si o actual modelo de SAD polas que se están rexindo os clubes é o máis idoneo. Hay vozes muy críticas acerca da sua validez para solucionar os males endémicos do fútbol español, antídoto para o cal fora creado.
Sobre o que di vostede de que "os que cumplimos estamos participando en inferiridade de condicións", dende a miña óptica é todolo contrario. Un vestuario donde non reina a incertidume no tema das nóminas, debería estar composto por unha plantilla de xugadores máis centrada no xogo que un vestuario dependente dun club con problemas económicos.
Cambiando un pouco de tercio, decirlle que vostede ten a sorte de presidir un club histórico, rexistrado co nome de "Rácing de Ferrol" dende o ano 1919. Que debido a sua longa historia posee unha amplia base social, que non soio se limita a cidade de Ferrol senón que se amplía a toda a mancomunidade de Ferrolterra. Ten vostede a sorte de que os anos efeituaron un traballo silencioso pero impagable a favor da situación tan saneada que ten o seu club.
Si a todo isto sumamos o patrocinio de unha empresa con mala imaxen en Ferrol, cuia instalación foi motivo de multitud de protestas e movilizacións, e que por medio do fútbol intenta achegarse os ferroláns e lavar a sua imaxen corporativa, refírome a Reganosa; teño por seguro que non ten dificultades para chegar a fin de mes.
Os presupostos, de xeito desglosado do Rácing de Ferrol, é algo polo que sinto curiosidade: canto de Reganosa, canto do Concello, canto da Mancomunidade ( de recibir algunha partida deste último organismo), etc.
______________________________________

miércoles, 25 de febrero de 2009

VIDEOS DE FÚTBOL.


No seguinte enderezo atoparedes cantidade de videos de fútbol, protagonizados dende futbolistas en activo a verdadeiras reliquias do pasado. Nel descubriredes cantidade de curiosidades.

http://tusvideosdefutbol.com/

_____________________________________

GOLEADORES DO "CIDADE" e EN QUE ENCONTROS.

xornada partido goleadores
___ ________ ____________________
1.- Cidade - Marino Maykel(1) Changui(1)
2.- Bilbao Athl B - Cidade Luigi(1) Julen(1)
5.- Cidade - Cultural Gonzalo(1)
7.- Real Unión - Cidade Changui (1)
8.- Cidade - Rácing de Ferrol Jesús Sanchez (1)
10.- Cidade - Lemona Capi(1)
11.- Sestao - Cidade Maykel(1) Jesús Sanchez(1)
12.- Cidade - R.Sociedad B Capi(1)
14.- Cidade - Ponferradina P.Rico(1)
16.- Cidade - Pontevedra P.Rico (1 P) Maykel (1)
17.- Depor B - Cidade Maykel (1)
18.- Cidade - Racing B Maykel(1) Franqueira(1)
19.- Sporting B - Cidade David Pérez(1)
21.- Cidade - Bilbao Athl B David Pérez(1)
22.- Barakaldo - Cidade Marcos Suárez (1)
23.- Cidade-Valladolid B Zabala(1) M.Suárez(1) Maykel(1)
25.- Cidade - Lugo M.Suárez(1) Franqueira(1)
26.- Cidade - Real Unión P.Rico(1 P)

RESUMEN
1.- Maykel: 6 goles.
2.- M.Suárez: 3 goles.
3.- Pepe Rico: 3 goles (2 penalty)
4.- Franqueira:2 goles.
5.- David Pérez:2 goles.
6.- Capi: 2 goles.
7.- Jesús Sánchez: 2 goles.
8.- Changui: 2 goles.
Julen, Zabala, Luigi, Gonzalo : 1 gol.
_____________________________________

martes, 24 de febrero de 2009

INFORMACIÓN VARIA, E VIDEO SOBRE O RÁCING DE FERROL.

Nos seguintes enderezos atoparedes información xeral sobre o club:
Os enderezos que veñen a continuación enlázavos directamente, o primeiro, sobre datos referentes a plantilla, e sobre as diferentes peñas de siareiros con que conta o Rácing, o segundo:
O seguinte enderezo é unha páxina onde se mostran estadísticas referentes os xugadores que compoñen a plantilla, partidos xugados, minutos etc:
Por último pinchando neste enderezo tedes acceso a un video promocional sobre o Rácing de Ferrol:


___________________________________________

RESULTADOS DO RÁCING DE FERROL.

_______________________________________
1.- Rácing de Ferrol - Sporting B [1 - 0] [2 - 5]
2.- Marino - Rácing de Ferrol [3 - 2] [1 - 0]
3.- Rácing de Ferrol - Bilbao Athl B [0 - 2] [4 - 1]
4.- Barakaldo - Rácing de Ferrol [1 - 0] [2 - 0]
5.- Rácing de Ferrol - Valladolid B [1 - 0] [0 - 0]
6.- Cultural - Rácing de Ferrol [0 - 0] [ 2 - 1]
7.- Rácing de Ferrol - Lugo [2 - 0] [1-1]
8.- Cidade de Santiago - Rácing de Ferrol [1 - 0]
9.- Real Unión - Rácing de Ferrol [2 - 0]
10.-Rácing de Ferrol - Zamora [0 - 0]
11.- Lemona - Rácing de Ferrol [1 - 0]
12.- Rácing de Ferrol - Sestao [2 - 1]
13.- Real Sociedad B - Rácing de Ferrol [0 - 1]
14.- Rácing de Ferrol - Guijuelo [2 - 1]
15.- Ponferradina - Rácing de Ferrol [2 - 0]
16.- Rácing de Ferrol - Celta B [2 - 2]
17.- Pontevedra - Rácing de Ferrol [ 2 - 3 ]
18.- Rácing de Ferrol - Deportivo B [2 - 1]
19.- R. de Santander B - Rácing de Ferrol [3 - 0]
___________________________________________

"RÁCING DE FERROL" vs "CIDADE DE SANTIAGO"



Iste próximo sabado as 17.00 horas disputarase o encontro que enfrentará os ferroláns co noso equipo o "Cidade", no campo da Malata en Ferrol. Partido correspondente a xornada 27 .
______________________________________

MÉRCORES 25, CUMPLEANOS DE GONZALO.

Gonzalo García Cea, coñecido por "Gonzalo", naceu en Coruña un 25 de febreiro, polo cal mañan cumple anos. Vintetres velas haberá na tarta .
A pesares da sua xuventude, éste medio centro, xa pasou por clubs como o Montañeros DH, Levante DH, Betanzos e Cidade de Santiago.
Soie ser un fixo nas aliniacións de Luisito. Nestes dous últimos encontros non poido participar debido a lesión que sufriu no pe esquerdo no partido disputado ante o Real Valladolid B.
Unha aperta e feliz cunpleanos.
____________________________________

lunes, 23 de febrero de 2009

2ª REXIONAL: ABRÍNDOSE PASO... MÁIS LIDERES.


"Cidade B" - "Sp Lampón" [6 - 0 ]
O equipo filial deu onte un bo paso no camiño hacia o ascenso a 1ª Rexional. Él cumplio con nota os seus deberes, mentras pinchaban os seus máis achegados perseguidores: o Abanqueiro que caia derrotado por [4-2] no campo do Veracruz, e o Exclavitud que perdía tamén por [2-0] como visitante ante o Cordeiro.
Cos resultados desta xornada favoraveis o "Cidade B", o filial suma 55 puntos, seguido do Abanqueiro con 50 e o Exclavitud con 47.
O partido tivo o protagonismo especial de Pinaque o ser él soio o autor dos seis goles.
Pinaque dentro do xoven que é posee moito rodamento no noso clube. Curtido na canteira do Fatima, agora "Cidade", dende Alevines aos Xuvenís que participaban na Liga Galega Xuvenil da tempada 2004-2005 adestrados por Javier Bellido a campaña actual na 2ª Rexional.
Esa tempada 2004-2005 sendo xugando como xuvenil, debido a sua calidade e por outros valores amosados, chega a xugar, no que naquela tempada era o 1º equipo, o que participaba en Rexional Preferente.
Ese ano xoga a Copa do Sar co 1º equipo frente o Flavia facéndose ca Copa o Atl.Fátima o imporse por [3 -1 ], efeituando Pinaque unha actuación máis que destacabel.
__________________________________________

domingo, 22 de febrero de 2009

A REAL UNIÓN....CONTRA AS CORDAS.

Como ven sendo habitual en San Lázaro ou en campos alleos cando acudimos en condición de visitantes,- na foto o que leva a camiseta amarela -o arbitro "el trencillas", convertiuse outra ocasión máis en protagonista pola sua falla de parcialidad en perjuicio noso.
Xa non están as cousas ben no "Cidade", en moitos aspectos por todos coñecidos, como para que cada domingo o arbitro de turno teña un mal día, precisamente un mal día anti-Ciudad.
Con este resultado de empate a uns, e debido aos dados en outros encontros, o "Cidade" segue 10º. Nunha posición tranquila con 36 puntos a falla de 12 xornadas para rematar a liga e con 36 puntos, polo tanto, por disputar.
__________________________________________

O INTRIGANTE FUTURO DO "CIDADE".

O porvir do noso 1º equipo, estase a semellar un folletín de novela do xénero verdibranco. O autor do relato escolle os rumores como fundamento da sua argumentación, e vai texendo toda unha maraña de información-desinformación, que crea no lector a sensación de estar engullido en neboa tan espesa, que dificilmente lle fai ciscernir entre o verde e o branco.
________________________________________

sábado, 21 de febrero de 2009

OTERMIN, O PORTEIRO A BATIR.




Mañan os nosos dianteiros, previo traballo colectivo do equipo, ou en xugada de extratexia, van ter que definir muy ben a estocada final da xugada para que o resultado désta sexa positivo, porque por diante van o ter no partido de mañan o que é na actualidade o "Zamora" nacional de todos os catro grupos da 2ª B, e tamén da 1ª e 2ª División. O que menos goles ten encaixado. -( ver entrada do mércores 18 de febreiro, titulada "Ánalise dos resultados da Real Unión" ) .
_______________________________________

ONTE, DÍA 20, FOI O CUMPLEANOS DE JOSITO


O que ata fai pouco e durante varias tempadas foi xugador do "Cidade", o coruñes José Antonio Jul Fraga, máis coñecido por "Josito", cumpliu onte venres 34 anos.
O domingo pasado xugou todo o encontro de titular co seu novo equipo, o Montañeros, club onde recalou tamén outro ex do Lanzarote, Vicky.
CD Lugo, Villalbes, Lemos, Negreira, Cidade de Santiago e agora o Montañeros completan a longa traxectoria deportiva deste centrocampista.
Dende o blog, a peña Pepe Rico, deséxache o millor, lembrándote sempre como un dos xugadores do equipo que conqueriu o ascenso a 2ª B.
Unha aperta.
____________________________________________

viernes, 20 de febrero de 2009

CAS CORES E O ESCUDO... SEMPRE.


Na actualidade a "SAD Ciudad de Santiago", como todos sabemos non soio é o equipo que milita no grupo I da 2ª División B española, senón que como entidade promotora do fútbol de base, posee equipos en todas as categorias inferiores, incluido un equipo femenino.

A partir do lúns da semán vindeira vou realizar dende o blog un seguimento do equipo que compite no grupo 4 da Segunda Rexional Autonómica, e que na actualidade lidera o seu grupo con 52 puntos seguido a curta distancia polo Abanqueiro que posee 50, e polo Exclavitud que ten 47. Xa distanciados de estes tres equipos de cabeza e con 37 puntos atópase o Taragoña. ( para máis información sobre a taboa clasificatoria pinchade na foto de Pepe Rico, dende haí acceso directo a pax web do "Cidade").

Neste grupo faltan 12 xornadas para rematar o campeonato. Hay posibilidades reais de colocar para o ano, o equipo en 1ª rexional.

Sin esquecerme do equipo xuvenil que milita na Liga Galega Xuvenil no grupo I e que está posicionado no posto 7º da clasificación.

______________________________________

LUISITO.


"Luisito e a soedade do xugador-adestrador de fondo."

Luisito depidíuse como xugador profesional nun encontro disputado en San Lazaro entre o Ath Fátima e o Ribeira, tras sufrir unha grave lesión, nun lance fortuito, durante a tempada 2004-2005, estando o equipo na rexional preferente.
Púñase deste xeito, fin a 26 anos de carreira profesional como xugador de fútbol . A sua paixón, a sua vida e a sua vocación xunto ca sua familia, como íl soie lembrar.
Ista tempada, Luis estano pasando mal, non soio polo problema económico que tamén lle afecta a íl, senón porque é íl o que está dirixindo un vestuario donde dende fai moitos meses o que reina é a incertidume, é traballar nesas condicións para un adestrador non son as máis sanas nin idoneas.
Luisito estará decepcionado, porque sinte o club, e dalle pena, que os logros conqueridos éstas últimas campañas poídanse ir o traste.
Luis tamén estará un pouco apenado por cousas que íl soio sabe.
Luisito...como decía alguén..el fútbol es el fútbol.
Unha aperta.
_____________________________________

PASE O QUE PASE A DISFRUTAR DE FÚTBOL DE 2ªB.

Con un futuro máis que incerto rondando sobre o "Cidade de Santiago", e esperando que aconteza o miragre de Fátima, o que debemos seguir é indo o campo a disfrutar co xogo do noso equipo, e animar os xugadores sin esquecernos dos problemas económicas polos que atravesan, e a seguer visionando fútbol de 2ª División B.
Porque si o 1º equipo desaparece por inviabilidade económica; o 2º, menos mal, vai de lider no seu grupo na 2ª rexional, polo cal ten posibilidades de ascender e nos de retomar o fútbol modesto en campo de terra.
Así que o domingo e todo o que queda de liga ..todos o campo... de herba.
__________________________________________

jueves, 19 de febrero de 2009

NOTICIAS PESIMISTAS SOBRE O FUTURO DO 1º EQUIPO.

Onte, mércores día 18, o diario As, informaba dunha nova, que para seros sinceiro a min personalmente non me colle de sorpresa, dispois do resultado da reunión de accionistas do venres da semán pasada.
Según esta crónica asinada por T.Bermúdez,- vou transcribir literalmente a crónica - , o luns de esta semán presente o máximo accionista do "Cidade de Santiago": o Sr Jesús Devesa e Xosé Suárez Alén, actual presidente do "Cidade", fixeron unha ánalise de todas as opcións que quedaban na actualidade e a as conclusións non poideron ser máis desoladoras.
Hay unha evidente imposibilidade de conquerir recursos, soio a posibel aparición do anónimo grupo empresarial que no seu día prometeu apoio para salvar polo de pronto a curto plazo a situación.
Pero según as últimas novas que chegaron a casa do "Cidade", agora memo ese grupo de empresarios, que no seu día tratóuse de que fora o máis numeroso co fin de reducir a aportación que terían que dar cada un, agora mesmo non contaría con máis de catro menbros e estos consideran inviabel facerse cargo das cinco mensualidades que se deben o termo deste mes.
Por non chegar , nin chegan os 60.000 euros prometidos polo concello, pois esta partida económica non pode ser liberada polo concello compostelán o ter o "Cidade" pagos pendentes coa Seguridade Social e Facenda.

Si finalmente segue sen chegar o diñeiro, a opcións que ambos se plantexan sería que os xugadores e técnicos aguantaran ata final de tempada e, coa salvación conquerida, vender o club para así poder saldar deudas.

___________________________________________

miércoles, 18 de febrero de 2009

ÁNALISES DOS RESULTADOS DA REAL UNIÓN

Os números da Real Unión impresionan, polo de pronto escomenzar a exposición por un detalle que nos afecta muy directamente a nos cara o próximo domingo: conquire máis puntos en condición de visitante que como anfitrión. Son 9 triunfos os sumados fora do seu estadio, un empate frente a Ponferradina [0 - 0], e lle infrinxiron soio duas derrotas: o Pontevedra , na xornada 6 pola mínima [1 - 0], e o sempre dificil Guijuelo na sua casa, polas circustancias condicionantes sempre de xugar nun campo de herba artificial e dimensións reducidas, por un contundente [4 - 0 ], na xornada 19.
A estas alturas de campeonato leva conquerido 28 puntos a domicilio por 25 como local. Estes datos amosan que estamos ante un rival con solvencia acreditada como visitante.
O segundo detalle a comentar, é que é un equipo muy dificil de marcarlle un gol. Nas 25 xornadas disputadas recibíu soio 15 goles. O que o converti non soio no club menos goleado do grupo I da 2ª B onde estamos encadrados, senón tamén de toda a División de Bronce. Otermin, o seu porteiro, vai camiño de converterse no Zamora desta categoría , xa que polo de agora leva encaixado un gol menos que o porteiro do Poli Ejido, do grupo 4º .
O tercer punto, é si comparamos os goles encaixados pola Real Unión de Irún (15) , ca 2ª e ca 1ª División. Na Segunda lévase xugado un partido menos, e o que menos goles leva encaixado é a Real Sociedad (18), Na Primeira División, xugaron 2 partidos menos, con un FC Barcelona batendo records é o club menos goleado (18).
Podemos estar falando dun dos conxuntos cas defensas máis sólidas de España. O do Bernabeu non foi un mal soño para os madrilistas.
E para rematala, pero con moita lóxica, é o equipo que maís goles ten ao seu favor como visitante, xa situados no gupo I da 2ª B.

________________________________________

INFORMACIÓN SOBRE A REAL UNIÓN

No seguinte enderezo atoparedes información xeral do club:
www.realunionclub.com
No seguinte enlace vades directamente a datos concretos dos compoñentes da plantilla:
http://www.realunionclub.com/hplantilla.aspx?1

_________________________________________

CIDADE DE SANTIAGO vs REAL IRÚN





A 1ª foto corresponde a celebración pola victoria e o pase a seguiente fase da Copa do Rey, dos xugadores da Real Irún unha vez rematado o encontro no Santiago Bernabeu.
A do medio é unha instantanea do partido do domingo pasado donde o Pontevedra visitaba o lider, perdeu o equipo galego por [ 0 -1 ].
A foto de abaixo foi tomada durante o encontro en terras vascas entre a Real Unión e o filial do Celta. Neste partido o Celta B deu a sorpresa e gañou por [ 0 - 1 ].
___________________________________________

RESULTADOS DA REAL UNIÓN DE IRÚN



____________________________________


1.-Real Unión - Real Valladolid B [1 - 0] [0 - 3]

2. -Ponferradina - Real Unión [0 - 0] [0 - 0]

3. -Real Unión - Cultural [2 - 1] [0 - 2]

4. -Celta B - Real Unión [1 - 2] [0 - 1]

5. -Lugo - Real Unión [1 - 1] [0 - 3]

6. -Pontevedra - Real Unión [1 - 0] [1 - 0]

7. - Real Unión - Cidade de Santiago [1 - 1]

8. -Deportivo B - Real Unión [0 - 2]

9. -Real Unión - Rácing de Ferrol [2 - 0]

10. - Rácing de Santander B - Real Unión [0 - 1]

11. - Real Unión - Zamora [ 2 -1 ]

12. - Spórting B - Real Unión [0 - 1]

13. - Real Unión - Lemona [ 3- 1]

14. - Marino - Real Unión [0 - 3]

15. - Real Unión - Sestao [1 - 1 ]

16. - Bilbao-Athl b - Real Unión [1 - 2]

17. - Real Unión - Real Sociedad B [1 - 0]

18. - Real Unión - Barakaldo [ 0 - 1 ]

19. - Guijuelo - Real Unión [4 - 0]

___________________________________

Este domigo recibimos o lider, pero un "LIDER"con mayúsculas, porque a Real Unión iste ano, como todos sabemos, apeu da Copa do Rey a todo un grande de España como o Real Madrid. No santuario do madrilismo, no Bernabeu, é con un partido vibrante no xogo é no resultado, Goliat caíase rendido ante a humildade de David.

Os que estamos preocupados polos problemas económicos existentes en moitísimos clubes da 2ª B; entidades que soien manexar presupostos entre un millón de euros os maís humildes, a 4 ou 5 (unha minoría) os que están respaldados por un sólido apoio empresarial e institucional e con claros obxetivos deportivos a ascenso a división de plata. Esta derrota do Real Madrid ante un 2º B, por unha banda a min personalmente éncheme de satisfacíón e por outra enrabiátame pensando que con un fichase que fai un distes considerados, "equipos grandes", dun xugador de categoria media, unha Sociedade anónima deportiva sin ánimo de lucro, con categorías de fútbol de base dependentes delas, tería para cubrir presupostos de varias tempadas.

_________________________________________

lunes, 16 de febrero de 2009

PRESENTACIÓN OFICIAL DO 4º PORTEIRO DO "CIDADE"


Onte, nos prolegómenos do partido contra o Lugo, tivo a presentacíon oficial do que vai a ocupar a plaza de 4º porteiro do "Cidade de Santiago". Oriundo do Castiñeiro, devoto da virxe de Fátima e neto dun coñecido loitador polos intereses do noso club dende fai anos. O seu abó leva o club no corazón e tranmítelle esas palpitacións o seu neto.
Dura competencia van a ter Damian, Mackay e Dani. Como observades traten de enfocar todo o espacio que abarca a portería, para que vos fagades unha idea virtual da potencialidade do raparigo. Éu queden perplexo cando vin que ainda sendo tan pequeno, con un soio movimento alcanza o balón, vaia íste pola escuadra, de raso esquinado, etc; transmite a sensación de que o rapaz non se estira, senón que rebota.
Pena de non ter unha videograbadora para poder amosarvos semellante virtuosismo.
______________________________________________

MELLOR AMBENTE NAS GRADAS QUE NOS PARTIDOS ANTERIORES



Na foto de arriba estamos os aficionados do "Cidade", e na da abaixo os siareiros que se achegaron dende Lugo a presenciar o encontro. Ejen..Ejen.
Considero que estou sendo pouco parcial.
A xente que viu de Lugo a animar o seu equipo presenciu o encontro en tribuna, en cordial convivencia ca afición do "Cidade".
O que me esperaba éu personalmente era que se achegase máis xente de Lugo a ver o partido.
Pola nosa banda, o bo tempo debeu sacar a máis de un do letargo invernal, xa que daba a impresión de se rexistrou mellor entrada de aficionados do "Cidade" que nos últimos encontros. Ainda así segue sendo patético que un equipo na 2ª B, nunha cidade de 100.000 habitantes acudamos o campo as cifras por todos coñecidas. O pior de este mal é que se convertiu en enfermidade crónica, e sen pronóstico de curación a curto-medio plazo.
__________________________________________

viernes, 13 de febrero de 2009

ENTREVISTA NO XORNAL "EL CORREO GALLEGO " O DR. SUÁREZ ALÉN.


Hoxe venres, día 13, o xornal El Correo Gallego realízalle unha entrevista o actual presidente en funcións do noso equipo o "Cidade", co motivo da reunión de accionistas que terá hoxe apartir das 20.30, é donde él presentará a sua dimisión irrevocabel, dando paso a elección dunha nova directiva é a un novo presidente que se fagan cargo da Sociedade.
Na entrevista, Xosé ca mesura co caracteriza responde as preguntas do xornalista do Correo, José Luís Iglesias, sobre istes últimos amargos meses vividos por él. Meses donde foi obxeto de criticas inxustas, descalificacións infundadas e un largo etc...non precisamente de piropos.
Na entrevista tamén fai declaracións interasantes sobre o futuro do fútbol en Santiago.
Aconséllovos que leades a reportaxe en toda a sua integridade.
Éu, a nivel particular, dar gracias o Sr. Suárez Alén, pola sua laboura incasabel a prol do "Cidade de Santiago", e recoñocer os seus valores persoais como persoa integra, bondadosa, responsábel e un longo etc.
Pepe ...unha aperta.
___________________________________________

jueves, 12 de febrero de 2009

INFORMACIÓN E VIDEO SOBRE O CD LUGO



Nos dous seguintes enderezos atoparedes información xeral relativa o club: plantilla, historia, instalacións etc:
Si pinchades no enderezo de abaixo atoparédevos co hinno do Lugo (non é necesario o seu aprendizaxe):
O enderezo seguinte é un video correspondente o partido da xornada 13, entre a Ponferradina-CD Lugo, co marcador final de [ 3 - 3 ]. O Lugo xoga ca 2ª equipación.(vestimenta)
_______________________________________


miércoles, 11 de febrero de 2009

RESULTADOS DO CD LUGO

_____________________________________
1.- CD Lugo - Bilba athl B [ 2 - 1] [ 0 - 0]
2.- Barakaldo - CD Lugo [ 2 - 0] [ 1 - 0]
3.- CD Lugo - Real Valladolid B [ 2 - 1] [1 - 2]
4.- Cultural - CD Lugo [3 - 2] [1 - 4]
5.- Real Unión - CD Lugo [ 1 - 1] [ 0 - 3]
6.- CD Lugo - Cidade de Santiago [ 0 - 1]
7.- Rácing de Ferrol - CD Lugo [ 2 - 0]
8.- CD Lugo - Zamora [ 0 - 1]
9.- Lemona - CD Lugo [1 - 1]
10.- CD Lugo - Sestao [4 - 0]
11.- Real Sociedad B - CD Lugo[ 0 - 1 ]
12.- CD Lugo - Guijuelo [0 - 1]
13.- Ponferradina - CD Lugo [ 3 - 3 ]
14.- CD Lugo - Celta B [ 3 - 1 ]
15.- Pontevedra - CD Lugo [ 1 - 1]
16.- CD Lugo - Deportivo B [ 2 - 1]
17.- Rácing de Santander B - CD Lugo [ 1 - 0]
18.- CD Lugo - Sporting B [ 2 - 2 ]
19.- Marino - CD Lugo [ 0 - 5]
_______________________________________

ISTE DOMINGO DERBY: "CIDADE" vs "CD LUGO"


Iste domingo en San Lázaro viviremos unha tarde con sabor a derby. Recibimos o CD Lugo, club que éu creo é muy querido pola afición do "Cidade".
Na 1ª volta cando o "Cidade" xugou en Lugo, os aficionados que nos achegamos ao Anxo Carro fumos tratados dun xeito exquisito. Situáronnos en un muy bo sitio para visionar o partido, e o trato cos siareiros do Lugo foi do máis cordial.
Iste domingo espero que se achegue bastante xente de Lugo a arroupar o seu equipo, a distancia entre as duas cidades é curta e as previsións climatolóxicas para iste fin de semán son optimistas, polo cal pronostico un bo ambente en San Lázaro.
E nós, o club e a afición do "Cidade"corresponder co bo trato que nos dispensaron cando fumos alí o día 28 de septembro do ano pasado.
Ademais é un partido con moitos alicientes: na taboa clasificatoria o "Cidade"está no posto 10, con 34 puntos. O CD Lugo está situado de 11, con 33.
O Lugo é o 2ºequipo máis goleador do grupo I da 2ªB con 33 goles conqueridos, empatado ca Real Unión (o primeiro é a Ponferradina con 36 na sua conta particular). O CD Lugo tamén é o 2º equipo máis goleador como visitante, 16 goles leva marcado fora do Anxo Carro (o que máis goles goles materializa como visitante é a Real Unión, leva 19).
O Lugo ven de encaixar duas derrotas consecutivas na sua casa, contra a Cultural e contra a Real Unión, polo cal virá cos dentes afiados.
En definitiva, un encontro para ver en directo. Nada de radios.
______________________________________________


martes, 10 de febrero de 2009

ISTE VENRES XUNTA DE ACCIONISTAS.

Como xa estaredes informados para este venres, dia 13, está convocada a que éu considero, a máis importante Xunta de accionistas que houbo ata agora na historía do noso club.
Os puntos a tratar lémbrovos que son:
1.-Elección de novos conselleiros o "Consello de Administración".
2.-Redacción, lectura e aprobación, no seu caso, da Xunta anterior.
Imaxino que se tratará tamen o asunto que quedou pendente na reunión anterior sobre a ampliación do capital social da Sociedade.
Como menbro da peña Pepe Rico, debido a importancia dos asuntos a tratar, fago un chamamento os socios da peña que sexades accionistas para que acudades a dita reunión.

__________________________________________

lunes, 9 de febrero de 2009

GOL DA CULTURAL OS 40 SEGUNDOS. [1 - 0 ]

Onte o " Cidade " foi incapaz de acrecentar os goles en contra que ten recibido no "Reino de León" os Culturalistas, cinco en 24 xornadas que levamos de campeonato ( record iste, compartido co Lemona ).
¿ E como se produxo iste gol ?...Resposta: ca millor arma que ten a Cultural, a estratexia. A Cultural, a balón parado, en xugadas de extratexia é
o millor equipo deste grupo.
Hai que estar atentos a iste tipo de xugadas. Temos agasallado moitos puntos ista tempada a "balón parado" -a lista de parados acrecéntase con iste gol-.
Millor esquecerse da derrota, correxir os erros para encontros vindeiros e como o resultado xa é inamovíbel votarlle humor o asunto. Pois o dito, hay van uns cantos gazapos xornalísticos:
Onte éu seguín a retransmisión integra do partido escoitando Radio León, emisora de radio que se podía escoitar por internet. Na entrada que fixen o martes pasado no blog: "Información sobre a Cultural", había un enlace: www.aupacultural.com, onde se puña en coñecemento de dita retransmisión. Os comentaristas da mencionada emisora tiveron un par de detalles cómicos: cando se adiantaba no marcador o Celta B en Pasarón [ 0-1 ], lémbranse de Rafa Sáez e de que posibelmente de non remontar o Pontevedra o partido, Rafa sería sustituido o longo da semán ( Aurelio Gay facía días que tomara as rendas do equipo ).
Juan Mackay Abad onte realizou unha muy boa actuación, amosando reflexos felinos e os comentaristas de Radio León así llo recoñeceron, pero cal e a miña sorpresa cando escoito: el portero holandes del Ciudad.. Mackay...
Póndonos serios, si comparamos as reportaxes que fan do partido o "Diario de León" e " La Crónica de León", éu que escoiten o partido integro en directo, considero mais elaborada e imparcial a déste último. O primer xornal mencionado non fai nin referencia a ocasión máis clara de gol que tivo o " Cidade " por parte de Rafa ao filo do descanso, no minuto 46, a gran pase de Maikel, que de consumarse suporía irse o descanso co empate no marcador.
Según escoitaba éu na radio durante a primeira media hora, o " Cidade" era o que dominaba, a "Cultural" non daba 3 pases seguidos, os comentaristas da radio estaban desconcertados e nerviosos co xogo do seu equipo. Mesmo Maickel dispuso dalgunha ocasión de peligro na area visitante. A Cultural non acababa de atopar a posesión da pelota. Moita loita aerea. A millor xugada do encontro por parte deles, ata ises momentos, foi no minuto 28. O último cuarto de hora desta 1ª parte a "Cultural " recomponse e ten máis a posesión do balón e crea máis oportunidades de peligro ( mint 39 e 42).
E na 2ª parte, duas ocasións dunha "Cultural" defensiva, xugando a contra e que ocasionan peligro, pero realmente non chega a dominar o partido. Como decía o comentarista na 2ª parte ningún dos dous equipos tiraron entre os tres paos . E o público pidindo tempo o árbitro dende o minuto 42 .
A anterior crónica que corresponde o escoitado na emisora Radio León pouco se corresponde ca reportaxe do xornal " Diario de León".
Na foto de arriba, os xugadores da "Cultural" festexando o gol.
____________________________________________

domingo, 8 de febrero de 2009

A LIGA DE FILIAIS. Cap 4. crítica a sua creacción.




O realmente preocupante de esta Liga é sobre todo a ausencia de competitividade real. A liga de Filiais o ser un campeonato pechado, onde xogan 42 equipos co obxetivo principal de millorar e continuar a sua formación, sin preocupacións por ascender ou descender, é unha liga "burbuja". O xugador vive entre algodóns é non na realidade. Para min xugar en Segunda, 2ªB ou Terceira supón un maior aprendizaxe para un futbolista, por decilo de algunha maneira nestas categorías xógase o futbol de "verdad". Xogar en estas competicións onde se loita por ascender ou onde os clubes teñense marcado unhos obxetivos é o que fai ser competitivo.

Éu creo que se está a intentar equiparar o fútbol co boxeo: peso pluma, peso galo, peso pesado. Son dous deportes diferentes. Non é o caso no deporte do fútbol ise tipo de distincións.

O non haber ascensos nin descensos pérdese o espiritu competitivo, e precisamente ise espiritu, o de enfrentarse os retos, é o que fai que que un futbolista sub-23 intente millorar día a dia o seu rendimento e formación. A motivación e a competividade son factores máis importantes na fase final de formación dun futbolista que o feito de xugar con rapaces da sua idade.

Éu considero que a millor formación para un xoven xugador de fútbol son as ligas inferiores, onde os rapaces compiten con xugadores veteranos e curtidos. O millor aprendizaxe para un futbolista xoven é que coñeza a dureza do fútbol. Aislar os sub-23 nunha competición diferente con un estilo de xogo diferente considero que sería contraproducente.

Tamén, por outra banda, me parece unha Liga inxusta, xa que nela participarían en igualdade de condicións, dende equipos que na actualidade militan na Segunda B ata clubes que no presente viaxan a campos de rexional preferente, pasando pola 3ª división.

E paréceme absurdo que como estamos a tratar dunha Liga de filiais de equipos de Primeira e Segunda División, os filiais participantes nesa Liga participen nela non por méritos propios, senón por mérito ou demérito do seu equipo nodriza. Tamén pódese dar o caso de que o filial o faga muy ben na Liga de Filiais pero o equipo "nai" que milita na Segunda División descende e o filial pague as consecuencias.

Para a creacción da Liga de filiais en España estase pondo como exemplo a "Reserve League " inglesa. Unha Liga que naceu no ano 1911 (a punto está de ser centenaria), pero que empeza a ser cuestionada. Abriu o debate José Mourinho, criticando a sua falla de competividade e recolleu a antorcha da discrepancia outro adestrador foraneo do fútbol inglés: Rafa Benitez. Ricardo Resta, promotor actual da Liga de Filiais, trata de desmarcarse da "Reserve League" e afirma co proxecto que elabora cos seus colaboradores ten máis similitudes ca "Liga Primavera" italiana sub-19.

Mais que o sano obxetivo de promover a canteira éu son dos que considero que detrás de todo iste proxecto, o que prima son outros intereses, e ises non son outros que os económicos.

Según Ricardo Resta, a LFP correrá con todolos gastos que xenere, e xa conta con varios patrocinadores. O que está claro que haberá televisións interesadas en comprar os dereitos de emisión de dita Liga, onde se poderan visionar partidos atraintes tipo Real Madri B- Barcelona B, Depor B- Celta B...etc, serían encontros rentables economicamente, porque a xente amante do fútbol góstalle estar o tanto da canteira que teñen no club que apoian.

Todo iste tema do proxecto da Liga de Filiais é importante xa no presente, porque poden adulterar a actual tempada 2008-2009.

________________________________________




viernes, 6 de febrero de 2009

A LIGA DE FILIAIS. Cap 3. consecuencias.



A Liga de Filiais que se pretende implantar no estado español xa para a vindeira tempada 2009-2010, non é algo novedoso noutros paises europeos, ainda que o modelo español difere en diferentes aspectos con respecto a outros paises. En Italia xogase a denominada Liga primavera sub-19, en Alemania a Liga de filiais recibe o nome de Oberliga, nela xogan 12 equipos filiais, no que correspondería en España a unha 3ª división. En Inglaterra poseen unha Liga Reserve na que se disputan partidos para dar minutos os que non xogan, e en Francia os equipos filiais están encuadrados no que vería ser unha cuarta división.

Como xa dixen no capítulo 2 deste artigo, a creacción da Liga de Filiais ten como obxetivo continuar ca formación dos xugadores unha vez que rematen a sua etapa como xuvenís, e decir darlle continuidade a formación e rendimento da canteira. Nace entón a Liga de Filiais como resposta a cativa presenza de xugadores xovenes tanto na Segunda División e na Segunda B. ¿Non se convertería a Segunda B nun reducto de veteranos?.

O nacemento da Liga de Filiais implica reformar a Segunda División B, polo cal si se cumplen as previsións é o proxecto tórnase realidade a tempada próxima, a RFEF estase plantexando reformar esta categoría. Ca retirada dos equipos filiais e tendo en conta os graves problemas económicos polos que atravesan a maior parte dos clubes que na actualidade militan na 2ª B, motivos éstes últimos que levarán a máis dun club a desaparación, pénsase nunha reestructuración. Para a campaña 2009-2010 a Segunda B quedaría reducida a 3 grupos, e para a seguinte tempada a 2010-2011 soio habería 2 grupos: norte e sur.

Na actualidade na Segunda División B participan 16 clubs dependentes do seu primer equipo. No grupo I: Bilbao Atletic B, Celta B, Real Sociedad B, Real Valladolid B, Deportivo B, Sporting B e Racing de Santander B. No grupo II: Real Madrid Castilla, Las Palmas B, Murcia B e Atlético B. No grupo III: Barcelona B, Osasuna B, Villarreal B e Valencia B. E no grupo IV soio xoga o Betis B.

Os demais filiais militan na 3ª división, exceptuando a un solitario Sevilla At, que actualmente é colista na división de plata, o Hércules e o Elche cuios equipos nodriza xogan na rexional preferente, o Xerez cuio filial participa na 1ª andaluza, e o Huesca que non ten oficialmente filial.

____________________________________________



jueves, 5 de febrero de 2009

LIGA DE FILIAIS. Cap 2. modelo de funcionamento.

A Liga de Filiais tería como obxetivo último, buscar un espacio para que os xugadores continuen a sua formación unha vez rematada a sua etapa xuvenil e non den atopado acomodo no seu respectivo club de procedencia.
Estaría composta polos 42 equipos inferiores dos clubes de 1ª e de 2ª división. Nun principio a competición de filiais sería Sub-21, a idade dos xugadores comprendería entre os 16 e os 21 anos. Os clubes poderían contar con un cupo máximo de cinco extranxeiros e con dous xugadores sin límite de idade, ca intención de que estes equipos poidan alinear a xugadores suplentes ou recén saidos de lesións do 1º equipo ( para que istes últimos gocen de minutos e vaian collendo ritmo de competición).
No inicio da competición istes 42 equipos repartiranse en 3 grupos seguindo criterios xeográficos ( cada grupo contaría con 14 equipos ).
Nunha 1ª fase, xugarían unha liguilla a partido único, e decir disputarianse 13 partidos (soio unha volta ), previo sorteo para para decidir a quen lle correspondería xugar como anfitrión ou como visitante.
Na 2ª fase, crearíanse duas competicións. A chamada Superliga que estaría formada polos cinco 1º equipos de cada grupo, mais o millor sexto dos anteriores 3 grupos. Polo cal a Superliga compondriase de 16 equipos e xugariase xa a doble volta. O resto de clubes non clasificados agruparanse en 2 grupos seguindo tamén criterios de proximidad xeografica e tamén competirían a doble volta.
A 3ª fase, consistiría na disputa da Copa (algúns chámanlle Copa do Rey, outros Copa de España ), nela participarían os 4 equipos millor clasificados na Superliga, incluido o seu campeón, os dous campeóns dos outros 2 grupos, mais dous equipos da Superliga, que a un soio partido e a modo de play-off tratarían de loitar por 2 plazas vacantes. En total serían 8 clubes os que participarían na disputa da Copa.
Nesta Liga de Filiais non habería nin ascensos nin descensos.
_____________________________________________

miércoles, 4 de febrero de 2009

A LIGA DOS FILIAIS. Cap 1...Introdución


Para tempada vindeira, 2009-2010, está previsto que se poña a andar a xa bautizada "Liga de filiais". Esta Liga estará composta polos equipos filiais que forman a Liga BBVA (1ª división) e a Liga Adelante ( 2ª división ).
A Liga de Filiais é un proxecto da LFP; e quen se encargou en primeira instancia do seu diseño foi Roberto Olabe, actual director deportivo do Real Valladolid. Na actualidade é Ricardo Resta o coordinador de levar a bo fin este proxecto. R. Resta foi xugador do Albacete e director deportivo do Nástic de Tarragona.
O proxecto presentado conta co beneplácito dos clubes de 1ª e 2ª división e tamén co visto bo da RFEF.
Según parece ao longo do ano pasado foi conqueríndose un modelo de financiación e de desenrolo de negocio que farían viavel por en funcionamento a Liga de Filiais xa para a tempada vindeira, xa que o modelo de competición tamén está definido.
A Liga de Filiais aféctanos muy diréctamente a nos: o " Cidade de Santiago", o estar encuadrado no grupo I da 2ª B, donde xogan 7 filiais, dos 12 que militan en total na división de bronce.
¿ Como se reestucturará todo isto ? ¿ Quenes ocuparán as plazas vacantes ?
__________________________________________

O " REINO DE LEÓN " UN FORTÍN.

A Cultural Leonesa é o equipo que máis ten rendabilizado o xugar como anfitrión, ata agora de 11 partidos disputados na casa soio perdeu ante o lider, a Real Unión por [0-2], e empatado co Rácing de Ferrol co resultado inicial de [0-0].
Ante istes números, si houbese quiniela de 2ª B, naide duvidaría en por 1 no casillero. ¿Pero quen iba apostar polo Celta B na sua visita a Irún o domingo pasado ?
¡¡¡ " Cidade " .. veña... a rachar quinielas no Reino de León. !!!


___________________________________________

martes, 3 de febrero de 2009

INFORMACIÓN SOBRE A " CULTURAL ".


Enderezos onde atoparedes abundante información acerca do próximo rival:
________________________________________

PRÓXIMO RIVAL: A DEPORTIVA E CULTURAL LEONESA




O próximo domingo, día 8, o equipo viaxa a León, para enfrentarse ca Cultural Leonesa, actualmente 2º clasificado no noso grupo da 2ª B, e a quen derrotamos en San Lázaro por un cero, na 1ª volta, gol de Gonzalo no minuto 91, de falta e acompañado de bastante fortuna.
A 1ª foto corresponde o equipo inicial da Cultural, co que se presentou en San Lázaro o 24/09/2008. As duas seguintes, o encontro disputado o domingo pasado no Anxo Carro en Lugo, donde a Cultural endosóulle o CD Lugo un [ 1 - 4 ], conquerindo o dianteiro da Leonesa, o portugués Marco Paixao un hat trik.
A foto de abaixo son siareiros da Cultural desprazados a terras lucenses para animar o seu equipo en dito encontro.
____________________________________________



RESULTADOS DA CULTURAL LEONESA

_________________________________________

1.-Cultural - Barakaldo [ 2 - 0] [1 - 0 ]
2.-R.Valladolid B - Cultural [ 0 - 1 ] [ 1 - 0 ]
3.-R. Unión - Cultural [ 2 - 1 ] [0 - 2]
4.-Cultural - Lugo [3 - 2] [ 1 - 4 ]
5.-Cidade de Santiago - Cultural [ 1 - 0 ]
6.-Cultural - Rácing de Ferrol [ 0 - 0 ]
7.- Zamora - Cultural [ 0 -1 ]
8.-Cultural - Lemona [ 3 - 0 ]
9.-Sestao - Cultural [ 0 -0 ]
10.- Cultural - R.Sociedad B [ 2 - 0 ]
11.- Guijuelo - Cultural [ 0 - 0 ]
12.- Cultural - Ponferradina [ 1 - 0 ]
13.-Celta B - Cultural [ 0 - 1 ]
14.- Cultural - Pontevedra [ 2 - 0 ]
15.-Deportivo B - Cultural [ 1 - 1 ]
16.- Cultural - Rácing de Santander B [ 6 - 1 ]
17.- Spórting B - Cultural [ 1 - 0 ]
18.- Cultural - Marino [ 1 - 0 ]
19.- Bilbao Athl B - Cultural [ 3 - 1 ]
_________________________________________

lunes, 2 de febrero de 2009

O " CIDADE " DE OCTAVO.


Cada vez son menos os puntos necesarios para conquerir o obxetivo marcado para ista tempada, que non é outro que a permanencia. Enhoraboa "Cidade" !!!.
E felicidades a Zabala, que se estrea como goleador do " Cidade ", a Marcos que dispois do bautismo da semán pasada xa se confirmou iste domingo, e como non, a Maikel, que segue sen perder o seu instinto cara o gol.
Dende que xugáramas contra o Almansa, na promoción de ascenso, non conqueríamos perforar as mallas rivais con máis de 2 goles. ¡ A seguir ca racha !
_____________________________________________