jueves, 10 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] DOMINGO,DÍA 13, VERIN CF-CIDADE DE SANTIAGO




Iste domingo o Cidade enfréntase o Verín CF. A última visita que o equipo fixo a esta vila ourensán foi o 10 de xuño do ano 2007. Militaba o Cidade por aquel entón en Preferente, e foi precisamente con unha victoria ante o equipo local por [ 0-1 ] o que o aupaba o Cidade de Santiago o ascenso a Terceira División. A foto de abaixo corresponde a celebración polo ascenso de categoría.
No que vai de tempada o Verín perdeu os dous encontros xugados; na 1ª xornada perdía contra o Rápido de Bouzas [ 1 -2 ] e o domingo pasado contra o Alondras [ 2 -1 ]. Polo cal ainda non inagurou o seu casillero de puntos.
O Verín CF de esta tempada atopase en proceso de renovación. A mitade da plantilla é nova.
Para máis información sobre o rival do domingo remítovos a páxina web do Verín CF:
Para leer a crónica de aquel partido que significaría o ascenso a Terceira División no ano 2007, pinchade no seguinte enderezo:
_____________________________________

domingo, 6 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] VERDE...MUY VERDE

A derrota de hoxe non me sorprendeu. Entra dentro da lóxica nun equipo que botou a andar fai 8 días. O sorprendente foi o empate de fai unha semán frente o Depor B.
Os que asistimos o campo hoxe vimos as carencias propias dun equipo que leva unha semán adestrando: falta de fondo físico, de cordinación entre os xugadores, e un largo etc.
O preocupante non é o resultado de hoxe nin do próximo partido, senón máis ben o nulo apoio social que ten este club.
___________________________________

viernes, 4 de septiembre de 2009

[ falta directa ] UNHA PLANTILLA QUE ILUSIONA

Debe ser a plantilla deste renovado "Cidade" unhas das máis novas, sino a que máis, de todos os 18 grupos que compoñen a Terceira División a nivel estatal. Dos 19 xugadores que conforman por agora a plantilla, once deles son sub-21.
A idade media desta plantilla, que está ainda por pechar, ronda os 21 anos.
Nela por agora hay sete galegos: o porteiro "Joshua", os defensas "Esteban", Gonzalo "Cajide" e "Damian" Araujo, os centrocampistas "Borja" Fernández e Joel Pereiro "Capi", e o dianteiro "Hugo" Sanmartín; seis xugadores de procedencia Arxentina: os defensas Patricio Bernabé "Pato" e "Pablo" Zarauza, os centrocampistas "Juan Manuel", "Fabio" Brotto e "Marcelo" Belleri, e o dianteiro "Bruno" Crotti; un xugador brasileiro "Rodrigo" de Oliveira; e cinco xugadores procedentes da Comunidade Valencián: o porteiro "Toni", o defensa Juan "Mérida", os centrocampistas "Fran" Calero e "Domingo" e o dianteiro "Angel " Soriano.
Unha plantilla na que o seu adestrador ten plena confianza e según as suas declaracións vai practicar un fútbol diferente o que habitualmente se practica na Terceira División. Un fútbol combinativo, técnico, de toque, en contraposición o fútbol limitado o físico e "o pelotazo", mais propio de esta categoría.
_________________________________

jueves, 3 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] O PORTEIRO JOSHUA INCORPÓRASE A PLANTILLA

O que ata agora viña sendo o porteiro do desaparecido "Cidade B", Joshua , o cal vemos na foto intervindo no partido disputado en Padrón este verán contra o Flavia nas semifinales da Copa do Sar, incorpórase na plantilla do "Cidade de Santiago" de 3ª División. Joshua , de 19 anos, formóuse nas categorías inferiores do "Cidade".
Xunto co tamén recén debutante Toni, serán os encarregados de defender a portería do "Cidade" cara a presente campaña. Descoñezo si de inmediato se incorporará un tercer porteiro, pero imaxino que polo de pronto non.
A non ser que acontecera algunha eventualide, tipo lesión de algún dos dous porteiros ao longo da tempada, éu considero que esta posición queda ben cuberta. Lémbrovos que na Terceira División non hay límites de tempo para facer fichaxes.
__________________________________

miércoles, 2 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] "CIDADE DE SANTIAGO" vs "CULTURAL AREAS"


...O partido é o vindeiro domingo as 12.00 horas no campo de San Lázaro.
Non dispoño de moita información acerca deste equipo. Iste é o seu primer ano en Terceira División o quedar campeón a tempada pasada na Preferente Sur. Conserva no seu debut en Terceira a maior parte de xugadores con que conqueriu o ascenso, uníndose a plantilla, no capítulo de altas, os defensas Sombri procedente do Caselas, Bugallo (Porriño Industrial) e Brais (Alondras); os centocampistas Facu procedente do Coruxo e Pichi do Melgaço portugués e os dianteiros Gabi (Spórting Celanova) e Diego Couso procedente do Gran Peña, descendido a Preferente.
Na primeira xornada empatou a ceros co Alondras. A crónica deste encontro atoparédela nos seguintes enderezos:
A foto corresponde o partido contra o Alondras .
Foto recollida de Atlántico Diario.
___________________________________

[ falta directa ] INDICIOS DE NORMALIDADE

Ca elección do adestrador Isidro Flausino o "Cidade de Santiago" vai adquirindo a normalidade propia de un equipo que está competindo en 3ª División. Lembremos que non fai ainda unha semán os socios e simpatizantes deste club descoñeciamos os nomes dos xugadores, director deportivo...e calquer outro dato que nos levara a pensar si realmente o equipo saldría ou non a competir. A incerteza non se despexou ata a data límite para presentar as fichas dos xugadores.
Pasados apenas cinco días xa coñecemos os nomes dos xugadores, quen é o director deportivo que confeccionou a plantilla e o adestrador que dirixirá o equipo.
Queda atrás todo un verán cheo de despropósitos: aparte do descenso administrativo; cruze de acusacións entre ex-xugadores e o novo Presidente, acusacións entre ex-directivos e Javier Villalba, rectificacións posteriores, rumores, etc. Todos istes acontecementos tiveron amplia difusión nos medios de comunicación e a imaxen do club quedou muy deteriorada.
A millor forma de recuperar o prestixio é actuando con seriedade e discrección no aspecto da xestión e resultados positivos no ámbito deportivo. Queda un longo camiño por diante si queremos recuperar o perdido, pero polo de pronto xa se divisan indicios de normalidade...
_________________________________

martes, 1 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] ISIDRO FLAUSINO BALTASAR, NOVO ADESTRADOR


Isidro Flausino Baltasar será o novo técnico do "Cidade de Santiago".

Isidro é un xoven adestrador de orixe valencián, de 28 anos de idade que estivo vinculado as categorías inferiores do Levante UD, dirixindo os equipos de xuvenis C e B. Perteñeceu a Escola de fútbol base do Levante UD. Adestrou tamén en Preferente o CF.Don Bosco.
Foto: Equipo xuvenil C do Levante UD.
__________________________________

[ 3ª división ] HORARIO DE ADESTRAMENTOS


Os que vos querades acercar aos adestramentos do "Cidade" estes terán lugar no campo de Santa Isabel en sesións dobles de mañán e tarde os días: martes, mércores e venres. O xoves, sesión de tarde no campo San Lázaro 2
O sábado haberá unha sesión táctica.

___________________________________

domingo, 30 de agosto de 2009

[ 3ª división ] ALINIACIÓN TITULAR CONTRA O DEPOR B

Toni, Pato, Pablo ( Gonzalo Cajide.mint.92), Damian Araujo, Juan Mérida, Juan Manuel, Tano, Borja, Bruno del Arroyo (Angel.mint 70), Cappi (Fran Calero.mint 56), Hugo.
__________
¡ Enhoraboa !
____________________________________

[ 3ª división ] A PUNTO DE LEVARNOS OS 3 PUNTOS.

" El Mundo Del Fútbol", así se chama o campo de fútbol nas instalacións de Abegondo, onde xoga o Depor B habitualmente.
Pués este mundo do fútbol sempre é unha caixa de sorpresas como o resultado que contra o Depor B conquiriu o "Cidade de Santiago", empate a uns [ 1 -1 ].
O Depor B, un dos máximos aspirantes a retornar a categoría de bronce, a cal acaba de abandoar.
Un equipo o Depor B que ven de realizar unha pretemporada "normal", xugando unha tanda de partidos de preparación. O seu primer partido foi o 24 de xullo contra o Atl.Arteixo e remataba o 23 do presente mes triunfando contra unha Selección de Sada, a que lle endosou 3 goles. Polo medio quedán 10 partidos amistosos ante rivais de consideración como o Cerceda, o Lugo, Bergantiños, Montañeros, etc.
Partidos de preparación do Depor B.
- Atl.Arteixo - Depor B [ 0 - 1 ]
- Depor B - Cerceda [ 1 - 2 ]
- Depor B - Galicia de Mugardos [ 0 -0 ]
- Depor B - Al Ittihad [ 1- 0 ]
- Depor B - Lugo [2 - 0 ]
- Bergantiños -Depor B [0 -2 ]
- Cerceda - Depor B [ 4 - 2 ]
- Depor B - Montañeros [ 3 - 1 ]
- Lugo - Depor B [ 2 - 1 ]
- Sporting de Sada - Depor B
- Betanzos - Depor B [1 - 1 ]penaltis: [ 9 -10 ]
- Selección de Sada - Depor B [0 - 3 ]

Foto: plantilla del Depor B. A da arriba único adestramento do Cidade

E un "Cidade de Santiago" cuia plantilla deuse a ver ainda este venres pasado, onde os seus compoñentes apenas se coñezen entre éles, con un día soio de adestramento e por suposto ningún partido amistoso.
O Cidade adientouse no marcador por medio de Borja, de lanzamento de falta, cando trascurría o min.38 da 1ª parte., e a escasos 5 minutos para cumplir os 90 empata o Depor B.
Comentar que o "Cidade " rematou o encontro xugando con 8 xugadores , fruto de 3 expulsións, como consecuencia de dobles amarelas.
___________________________________________

sábado, 29 de agosto de 2009

[ córner ] XUGADORES QUE FORMAN PARTE DA PLANTILLA

-Rodri Leonardo de Oliveira (brasileiro. Procede do Alavés)
-Marcelo Belleri ( extremo dereito ou centrocampista, estaba facendo unha proba no Merida, dispois de estar xugando dous anos en Italia)
-Bruno del Arroyo ( Arxentino, chega do fútbol extremeño, leva 6 anos en España)
-Fabio Brotto ( Arxentino. 27 anos. centrocampista.Procede do Atlético Marbellí.1ª andaluza. En Arxentina estivo no Quilmes, no Sport Club Magdalena e no Defensores de Cancerberes.
-Juan Mérida ( Levante UD xuvenil DH e pretemporada 2008 co Levante B.
- Fran Calero ( Levante UD )
-Manuel ( procede do Sporting Villanueva. Tercera División GR14-Extremadura)
- Joel Pereiro ( ex-Betanzos e Arousa. Comarca Nijar da 3ª División andaluza GR9)
- Damián Araujo ( pretemporada co Ourense, Ourense B )
- Hugo Sanmartín ( Santiagués, procedente do Celta )
-Gonzalo Cajide ( Santiagués, procede do Montañeros. Formouse no Cidade e no Conxo )
-Toni López ( porteiro. Procede do Catania de Sicilia, 2ª div.italiana. De familia ourensana)
___________________________________________

[ córner ] VILLALBA...CUMPLIU.


Tarde, mal e arrastras, -todo o acontecido sobre a confección deste equipo e o xeito de escomenzar o Campeonato de Liga, con soio un día de preparación, creo que non ten precedentes no fútbol español , nunha categoría como é a Terceira División- pero o final o 1º equipo do "Cidade de Santiago" sae a competir.
Gustavo Duco, director deportivo deste renovado "Cidade" dirixiu onte unha doble sesión de adestramento que servirá polo menos para que os xugadores que se unen a iste novo proiecto se coñeceran e ir marcando posicións ante o enfrentamento de mañan as 12.00 horas, nas instalacións do Deportivo en Abegondo, frente o Depor B.
A federación Galega de Fútbol tramitou no día de onte 17 fichas presentadas de xugadores provintes de diferentes puntos da xeografía española e de diferentes nacionalidades.
A ficha do adestrador non foi presentada, o club ten de plazo 3 semáns para atopar técnico e presentar a sua correspondente ficha. O adestrador galego que pretendía Javier Villalba e que tiña apalabrado desistiu de unirse o novo proiecto, polo cal posíbelmente o técnico que dirixa o equipo sexa foraneo e non galego.
O obxetivo é presentar o total das 22 fichas. Ao longo dos próximos días tense previsto que recalen en Santiago os xugadores que faltan para completar a plantilla.
Fotos recollidas dos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
_________________________________

viernes, 28 de agosto de 2009

[ córner ] FICHAS PRESENTADAS.1º ADESTRAMENTO.

Para calquer aficionado ou simpazantes deste equipo por fin se pode informar de boas novas: foron presentadas entre 14 ou 15 fichas de xugadores, hoxe hay doble sesión de adestramento é se confirma que o domingo as 12.00 da mañán , no campo "El mundo del fútbol", nas instalacións que ten o Deportivo en Abegondo, o Cidade enfrentarase o Depor B.
Gutavo Duco, director deportivo(..presunto) deste "Cidade" , dirixe os adestramentos que se están facendo no campo de Santa Isabel. Gustavo é un arxentino, procedente da Comunidade Valencían, que traballou como ojeador para o Levante e o River Plate.
No equipo hay xugadores que proceden de diferentes zonas do Estado..Valencia, Andalucía, Extremadura... hay arxentinos, brasileiros.,tres galegos, .., é un equipo de xugadores novos(de...idade).
Gustavo Duco é a persoa que confeccionou esta plantilla.,.. que ainda falta por completarse...( soio hay un porteiro...).
..Hay adestramento pola tarde de 17.00 a 19.00 horas en Santa Isabel.

miércoles, 26 de agosto de 2009

[ falta directa ] ...DE PENA

Os últimos acontecementos que acontecen neste club, a catro días do escomenzo da Liga...sin saber nada do equipo, sin adestrador, ca incerteza de saber si vai comparecer o próximo domingo. Con un Presidente máis que peculiar....¿ non é todo isto unha falla de respeto os pequenos accionistas, os socios, e os aficionados desta Sociedade Deportiva ?
__________________________________

[ falta directa ] A 48 HORAS DA VERDADE ou da mentira.

O domingo as 12.00 horas en Abegondo, en frente o Depor B.
Toda unha incognita.¿Incomparecencia? ¿de presentarse...os xugadores deste invisible equipo ¿coñezeranse ali mesmo..co adestrador apalabrado?. Villalba, 48 horas antes do encontro ten que presentar na Federación as fichas dos xugadores que comporán este "Cidade" de 3ª División que ten como obxetivo para esta tempada, según afimaba hay días o seu novo presidente, o retorno a Segunda División B. " las fichas están preparadas espero llevarlas el jueves a la federación. Esta listo hasta el hotel, los jugadores ya dormiran hoy aquí, se entrenaran mañana, jueves, y el viernes en San Lázaro por primera vez.", declara Javier Villalba hoxe no Correo.
Mañán xoves Devesa terá unha reunión con Villalba. Devesa quere velas fichas dos xugadores...entre outros asuntos a tratar, informan na SER-Local. CD. Ourense, Barbadas, Esclavitude e o cercano Belvis son equipos implicados que seguen de cerca as novas sobre este "Cidade". Javier Villalba, ca seu peculiar xestión, é na actualidade foco de atención dos medios. Non é de extrañar...xa o feito do "canal valenciano",.. un equipo de valencianos¡¡?? é tan enigmático como todo o que acontece o arredor deste equipo e no club.
...Nin un nome se sabe dos xugadores que conformarán este equipo, nin quen será o adestrador,.. se coñezen,.. a catro días do partido oficial...!!??.
...este culebrón de verán chega o seu final... quedan horas para coñecer a conexión valenciana
...e Javier Villalba pidindo o aplazamento do partido..e sin ir polo banco a pagala poliza..nin polo Registro cas Actas.....SER-Local.

martes, 25 de agosto de 2009

[ córner ] DANI CASTRO FICHA POLO MONTAÑEROS

Daniel de Castro Cobian, "Dani Castro", de 23 anos fichou polo Montañeros. Dani que se formou nas categorías inferiores do Sporting, recalara no "Cidade" a tempada pasada provinte do Rácing de Santander B.
No Cidade xugou un total de 248 minutos: nos encontros ante o Marino na segunda volta, partido onde sustituiu a Mackay o cal fora expulsado, ante o Bilbao Ath (Mackay estaba suspendido polo acontecido en Luanco), e ante os seus antigos compañeiros do Rácing de Santander B.
Dani, que mide 1´88m, amosou ser un prometedor porteiro nos poucos minutos dos que dispuso.
____________________________________

lunes, 24 de agosto de 2009

[ córner ] ¿DEPOR B vs CIDADE DE SANTIAGO ?

Según unhas declaracións de Javier Villalba ao xornal La Voz de Galicia na sua edición de hoxe, día 24, o adestrador que dirixirá o "Cidade" xa está apalabrado e sobre os futbolistas que comporán o equipo di contar entre quince ou deceoito xugadores.
Imaxino que hoxe, de xeito oficial teremos novas sobre ista surrealista situación.
__________________________________

jueves, 20 de agosto de 2009

[ córner ] NOYAMOVIL ROMPE O PATROCINIO CO "CIDADE"

Noyamovil, empresa patrocinadora do "Cidade" dende a tempada 2001/02, rompeu as relaccións que ata agora mantiña ca entidade verdibranca.
A empresa do Sr. Jesús Chenel tiña aun vixente un acordo de patrocinio para a tempada que está a punto de escomenzar, pero parece ser que xa anticipara que non estaba muy pola labor de seguir patrocinando o "Cidade".
Pola sua parte o presidente do "Cidade", Javier Villalba, en declaracións o xornal El Correo Gallego afirma que intentará por ley que se cumpla o acordado con dita empresa.
As desavenencias sobre o patrocinio proveñen no escomenzo da tempada pasada, cando o "Cidade" chegou a un acordo ca empresa "Pedras de Santiago" para copatrocinar o club, alegando que no contrato con Noyamovil non había exclusividad. Tamén se lle exisía a Noyamovil unha aportación económica maior o estar o equipo en Segunda División B.
____________________________________

miércoles, 19 de agosto de 2009

[ falta directa ] SOBRE O FUTURO DO FILIAL

En declaracións onte a cadena SER-Local, Javier Villalba prologa ata hoxe mércores as 24.00 horas, a decisión de si o filial, o equipo de Primeira Autonómica, competirá ou non a vindeira tempada.
Para meu entender esta decisión non se debe delongar máis no tempo, polos perxuicios que se lles pode ocasionar aos xugadores, os cales de tomar o Presidente a decisión de non competir, a estas alturas de pretemporada teñen que buscarse outros clubes, cando a maioría dos equipos teñen as plantillas xa conformadas.
Por outra banda non entendo a que ven xa decidir esto. Éu pensaba que no acordo firmado entre Villalba e os Srs.Devesa e Súarez quedaba estipulado que Javier Villalba e o seu grupo se facían cargo do 1º equipo, do filial e do femenino, e o que non lle interesaba eran as categorías inferiores: alevíns, infantís, etc.
___________________________________

[ fútbol femenino ] ESCOMENZAN OS ADESTRAMENTOS




O equipo femenino do "Cidade" escomenzou hoxe os adestramentos. Este ano vai competir en Primeira Autonómica.
A plantilla mantén o bloque do ano pasado, máis as incorporacións de Mirián, Laura Lema, Belén, Pati e Nerea, as que vemos na foto de abaixo ( de izd a dert)
O equipo técnico tampouco sufre modificacións. O equipo seguirá adestrado por Manuel Piñeiro, Miguel Gómez como 2º técnico e Nisar como preparador das porteiras.(2ª foto)
Na 1ª foto vemos a plantilla ao completo, onde tamén aparece o fisoterapeuta Juán José García, que completa o equipo técnico, e a Súarez Alén, principal impulsor deste equipo.
É de destacar e de agradecer a labor de Súarez Alén para que o equipo femenino do "Ciudad" sega tendo continuidade.
Fotos recollidas da páx.web do club.
___________________________________

lunes, 17 de agosto de 2009

[ falta directa ] NON TEMOS DIRECTOR DEPORTIVO


Antes de celebrarse a Asambleía de accionistas, e cando non se tiña nada claro que a opción de Javier Villalba saira adiante, a semán das declaracións do Sr.Devesa ao xornal El Correo Gallego, falárase de que o posto de Director Deportivo, vacante dende a dimisión de Antonio Álvarez, era un asunto do cal se estaba tratando e caseque estaba pechado.
Ao asumir a presidencia Javier Villalba a semán pasada, non se voltou a escoitar nada referente a iste posto fundamental nun equipo.
Polo que estou a observar as funcións de dito posto estanas a desenrolar o propio Presidente, Javier Villalba. O asesoramento na elección dos xugadores, do adestrador, funcións máis propias dun Director Deportivo, é o Presidente quen se está encarregando delas.
Si pretende, como ten declarado Javier Villalba, que o adestrador sexa galego, imaxino que neste aspecto estará a recibir asesoramento por parte de xente do club. Sospeito esto último polo seu descoñecemento do fútbol galego, o provir Javier Villalba de outra Comunidade, ao igual que os xugadores que se fichen daiquí, de Galicia. Pero polo de pronto os xugadores que van vir da Comunidade Valencían, foi Javier Villalba quen os elixiu.
Nesta Terceira División, grupo 1, temos Directores Deportivos ata de renombre, como Patxi Salinas que fichou esta tempada polo Rápido de Bouzas.
A un Presidente correspóndelle unhas atribucións concretas, pero no caso do "Cidade", tal como está resultando de improvisado todo, e ao ir a contrareloxo, ata vexo xustificado que a designación do posto de Director Deportivo se demore unhas semáns.
Hay un aspecto na Terceira División que xoga o noso favor: pódese fichar xugadores ao longo de toda a tempada, non hay que esperar o mercado invernal.
Na foto Jorje Valdano, Director Deportivo do Real Madrid.
___________________________________

[ TEMPO DE DESCANSO ]

-Nunhas declaracións hoxe, a cadena SER-Local, o presidente Javier Villalba confirmaba que ainda non se fichara o adestrador que dirixirá o equipo en 3ª División. Asimesmo comentaba que ata que se confirmara o do técnico, os xugadores da comunidad valencián que ten previsto que conformen parte do equipo non virían a Galicia, e que seguen facendo a pretemporada noutros equipos.
Declarou que lle gostaría que algún xugador da plantilla da tempada pasada seguira no equipo. A semán anterior falouse de Dani Castro e Zabala.
Sobre si compitirá o filial a próxima tempada, deuse de plazo para dar unha resposta hoxe ata as 24.00 horas.
____________________________________

sábado, 15 de agosto de 2009

[ falta directa ] A MEMORIA DOS POLÍTICOS


O "Cidade de Santiago" ata fai catro meses contaba con arredor de 200 rapaces formándose nas diferentes categorías: benxamíns, alevíns, infantís, cadetes, femenino..., un equipo que rematou a tempada ascendendo a Primeira Autonómica e un Primer equipo que conqueriu o obxetivo marcado da permanencia sin pasar apuro algún na tempada do seu debut na Segunda División B.
Si fixéramos balance a nivel deportivo, a tempada 2008/09 pasaría a historia do club como das máis brilantes, sin embargo dita tempada por motivos económicos vai ser lembrada como "a da desfeita".
¿ Que nos levou a esta situación? ¿ atragantaríasenos tanto ascenso consecutivo? ¿ foi cuestión de mala xestión? ¿ esquecéronse de nós os políticos?
Un club que se distinguía polo tratamento do fútbol base de súpeto atópase por méritos deportivos con un 1º equipo xugando en Segunda División B, onde para competir con un mínimo de garantías hay que manexar presupostos en torno os 600/700.000 euros por tempada.
O club crece no ámbito deportivo pero non así en base social, infraextructuras, apoio económico ( patrocinadores privados, axudas públicas). As subvencións que recibía para o fútbol base deíxanse de percibir dende que o club reconvírtese a S.A.D non profesional no ano 2006.
Ca lucidez que trasmite o tempo, pódese afirmar que a transformación do club cando estaba en Preferente, en S.A.D non acadou os resultados agardados, máis ben tivo efeitos negativos. O club como S.A.D non xenerou máis ingresos que antes e pola contra con iste sistema non tivemos acceso as subvencións públicas.
As S.A.D abren a posibilidade de xenerar ingresos pero para elo requiren profesionalización na xestión do club, e no caso do "Cidade" esto non aconteceu.
E xa de convertir o "Cidade" en S.A.D, o millor a fórmula actual de agrupar o fútbol base baixo a denominación de Atl.Fátima, como club aficionado e soio convertir en S.A.D non profesional ao 1º equipo e o filial, houbera sido millor opción que a que se fixo.
Por outra banda éu son dos que pensa que houbo intromisión da política local na entidade. Quísose convertir o "Cidade" no club de referencia da cidade de Santiago, debido a sospeita, no ano 2005, dunha máis que probábel desaparición da SD.Compostela.
A SD. Compostela conqueríu sair adiante apoiada por unha masa social da que o "Cidade" sempre careceu, e os políticos achéganse onde hay masa social, potenciales votantes.
Os políticos que apoiaron a "reconversión"do Fátima e os actuais ...¿ Non teñen parte de responsabilidade do que se viviu a tempada pasada e do que se está a vivir agora?
O que acontece é que certos políticos : Bugallo, Rama, o ex Portas, pronto esquecen ou máis ben a sua memoria é interesada, lémbranse do que lles interesa.
______________________________________

[ TEMPO DE DESCANSO ]

- O Montañeros, equipo beneficado co descenso administrastivo do "Cidade", paradóxicamente é o club onde recalaron máis xugadores que a tempada pasada defenderon as cores verdibrancas: Dopico, Pablo López, e Julem. Sobre iste último nun principio informárase que decidira quedar en Francia e mesmo que fichara por un equipo francés.
Tamén fichou a Moises Pereiro, mediapunta procedente do CD.Ourense, irmán de Breogan Pereiro, xugador este último que estaba a proba co "Cidade" cando se produxo o fatídico descenso administrativo.
Outro reforzo importante, procedente do Deportivo B, é o do centrocampista Herbert, sin esquecer o dianteiro Efrén procedente do Narón.
- Según unhas declaracións de Javier Villalba, novo presidente do Cidade de Santiago, ao xórnal El Correo Gallego na sua edición de hoxe, o obxetivo do equipo é subir a Segunda División B "la idea es que el Ciudad esté para el año en Segunda B, y haremos lo que haya que hacer para que esto se produzca". O presuposto para a campaña vindeira é de 303.930 euros pero según Villalba "este podría ampliarse: si interesa duplicarlo se duplicará, tomaremos las decisiones más convenientes de acuerdo a las circustancias". Sobre o plantel de xugadores que conformarán o equipo, Villalba declara " los jugadores que vengan ya han estado entrenando estos días, aunque por San Lázaro que por supuesto no los habeis visto; son jugadores que llevan haciendo la pretemporada en otros equipos". Refírese a xugadores da comunidade valencián, ainda que añade " también integrarán la plantilla, en un porcentaje medio-alto, jugadores de Galicia".
Sobre o adestrador, Javier Villalba di estar negociando con un técnico galego. O obxetivo é que o equipo bote a andar a vindeira semán.
______________________________________

viernes, 14 de agosto de 2009

[ córner ] DESTINO DOS XUGADORES DA ANTERIOR PLANTILLA

_____________________________________

DANI CASTRO_________MONTAÑEROS
MACKAY_____________PONFERRADINA
JESÚS SANCHEZ_______RÁCING DE FERROL
CAPI________________MONTAÑEROS
PABLO LÓPEZ_________MONTAÑEROS
DAVID PÉREZ________CORUXO
JESÚS TORRES________SD.COMPOSTELA
DOPICO_____________MONTAÑEROS
JAVI LÓPEZ__________LALÍN
TACHI______________VILLALONGA. CF
RAUL GARCÍA_______ MIRANDES
JOSITO_____________LARACHA
RAFA_______________RÁCING VILLALBÉS
PEPE RICO___________ESTRADENSE
FRANQUEIRA_________CCC.CERCEDA
JULEN______________MONTAÑEROS
GONZALO____________SD.COMPOSTELA
MAYKEL_____________CD.LUGO
MARCOS SUÁREZ_____MESÓN DO BENTO.CF
CHANGUI________SANTIAGO DE COMPOSTELA
________________________________________




Si sabedes o destino de algún outro xugador enviade comentario
[ Vou añadindo según comentarios. Gracias]
_________________________________________

[ córner ] DOPICO, JULEN E PABLO LÓPEZ FICHAN POLO MONTAÑEROS







Diego "Dopico" Galdo, prometedor lateral esquerdo de 22 anos volve o Montañeros, ao igual que Julen, medio centro de 24 anos. Os dous procedían deste equipo antes de recalar no "Cidade". Tamén ficha polo equipo herculino o coruñés Pablo López, defensa central de 31 anos.
Pablo López estivo unha tempada no "Cidade"ao igual que Julen e Dopico. Pablo procedía da Cultural Leonesa, con anterioridade xugara no Deportivo B, Pontevedra, Celta B, Ourense e Oviedo. A tempada pasada xugou un total de 2.076 minutos ( 984 na 1ª volta e 1.090 na segunda ).
Dopico, xugou no equipo da sua vila natal, As pontes e no Montañeros . A tempada pasada xugou un total de 2.367 minutos ( 1.359 na primeira volta e 1.008 na segunda).
Julen, foi un dos xugadores máis recoñecidos pola afición. Disputou 2.498 minutos ( 1.315 na 1ª volta e 1.183 na segunda). Foi autor de un gol na 2ª xornada, no partido disputado como visitante contra o Bilbao Athl.
_____________________________________

[ córner ] JESÚS TORRES FICHA POLA SD.COMPOSTELA



Jesús Torres comprometeuse por duas tempadas ca SD.Compostela, equipo no cal xa xugara.
Jesús, de 29 anos, que xoga tanto de lateral esquerdo como de defensa central, estivo no "Cidade" as duas últimas tempadas.
Foi un fixo nas aliniacións de Luisito, xugando a tempada pasada un total de 2.673 minutos (1.583 na primeira volta, e 1.090 na segunda). Na 1ª volta soio se perdeu o partido disputado en San Lázaro contra a Ponferradina, equipo no que tamén xugou. Na 2ª volta a pesar de xugar menos minutos, soio deixou de participar en tres partidos. Saiu na formación inicial en 32 ocasións. Foi autor de un gol no derradeiro partido frente o Sporting B.
Xugou tamén, aparte dos mencionados, no equipo da sua vila natal, o Caldas, no Arosa e no Eldense.
Dende o blog, e o igual que a todos os xugadores que conformaron a plantilla da tempada pasada, deséxoche o millor.
____________________________________

[ falta directa ] VILLALBA, DEVESA, SUÁREZ...e as accións

No acordo entre Javier Villalba e os Srs.Devesa e Suárez non aparecía a clausula que obrigaba a Javier Villalba e a seu grupo a pagar a debeda contraida cos xugadores antes do 31 de xulio, data límite dada pola A.F.E para abonar o adeudado, polo cal hay que seguir respetando o acordado que non é mais que a opción de compra do 51´986 % do accionariado da sociedade, paquete de accións propiedade dos Srs.Devesa e Suárez. Esta opción de compra deberá facela efectiva, Javier Villalba e o seu grupo, antes de xulio de 2010.
Javier Villalba é usufructuario das accións, non dono delas, por agora.
_____________________________________

JAVIER VILLALBA, NOVO PRESIDENTE.

Sorpresa maiúscula.
Ata cando en certo medio informativo (SER.Local), duvidaban si Javier Villalba voltaría algun día a Santiago, dispois das acusacións deste último os xugadores, a resposta do Sr.Devesa, a contraresposta de Villalba sobre o acordo que firmara cos Srs.Devesa e Suárez...o que parecía un panorama irreconciliábel agravado co descenso do equipo, a falla de credibilidade do Sr. Villalba...tornouse en acordo.
A reunión que mantiveron previamente pola mañán Javier Villalba e os ata onte máximos accionistas Srs.Devesa e Suárez (propietarios do 51'986% das accións) debeu servir para aclarar os malentendidos xurdidos a raiz do descenso "administrativo" do primer equipo a 3ª División, que tiveron o seu reflexo nas declaracións efeituadas ao xornal El Correo Gallego polos Srs. Devesa e Villalba.
Imaxino que en dita reunión se materializaría a opción de compra que tiña o Sr Villalba sobre o paquete accionarial dos Srs.Devesa e Suárez.
En verbas recollidas ao Sr Súarez Alén no Correo Gallego de onte, a intención de Devesa mais él eran..."escucharemos su proyecto, sus intenciones...y después tomaremos la decisión de si él (Villalba) y su grupo entran a formar parte del nuevo Consejo de Administración de la sociedad".
Pois o proxecto presentado por Javier Villalba e o grupo que o respalda deberon convencer os antiguos máximos accionistas que chegaron a un acordo de venda das sus accións.
_____________________________________

lunes, 10 de agosto de 2009

[ córner ] TACHI FICHA POLO VILLALONGA CF


O defensa central Maximino Oubiña " Tachi", de 26 anos, que levaba duas tempadas no "Cidade" fichou polo club pontevedrés adestrado por Gabriel Leis, o Villalonga. CF de Terceira División.
Tachi a tempada pasada apenas dispuso de tempo de xogo, xugando un total de soio 162 minutos, en gran parte debido as lesións. Participou soio na primeira volta, nos encontros do "Cidade" como visitante ante o Sestao e Guijuelo, e en San Lázaro contra a Ponferradina e o Pontevedra.
A pesares da sua xuventude o seu curriculum deportivo e longo: Boiro, Compostela, Pontevedra, Celta B, San Isidro, Guadalajara, Negreira, de novo o Pontevedra, Cidade de Santiago.
Na foto de abaixo vémolo acompañado de Pepe Rico en Pasarón esta tempada, disfrutando dende a grada.
Fotos recollida da páxina web do Cidade.
___________________________________

[ córner ] RAFA FICHA POLO RÁCING VILLALBÉS.





O centrocampista interior, Rafa, de 27 anos que levaba duas tempadas no "Cidade", fichou polo Rácing Villalbés de 3ª División.
A tempada pasada foi un dos xugadores máis activos. Foi titular en 32 encontros, disputando un total de 34 partidos. En total xugou 2.339 minutos, repartidos en 1.261 a primeira volta e 1.079 na segunda.
Foi autor de un dos catro goles que o Cidade lle endosou o Pontevedra en Pasarón.
Con anterioridade xugara no Sp.Gijón, CD Lugo, Xove e Bergantiños.
__________________________________

domingo, 9 de agosto de 2009

[ falta directa ] JAVIER VILLALBA, "EL VALENCIANO"

...Todo o drama vivido durante a tempada pasada pola inviabilidade económica do club, traducida en acomulación de mensualidades impagadas, ten como penúltimo episodio a aparición en escea de Javier Villalba," el valenciano", e o descenso administrativo o entender a A.F.E. que na documentación presentada polo valencián non había suficientes garantías de pago.
Javier Villalba di ser a cabeza visíbel de un grupo inversor invisíbel. Mal asunto este, que un grupo inversor dende que aterriza no "Cidade" e firma o acordo o día sete de xulio por medio do seu representante, non solte un centimo da sua partida para inversións e como colofón na A.F.E desestiman a sua proposta por considerar que non oferece as necesarias garantías de pago. Según se desprende, este grupo inversor ten dificultades para conquerir tanto crédito como aval bancario.
As declaracións dos máximos accionistas do club o remate da semán, Srs Devesa e Suárez sirven para limpar a maltreita imaxe que oferece o club e tamén deixan entrever que para asambleía deste próximo xoves, día 13, aos accionistas se lles vai privar do contacto directo co "valenciano".
Dende este blog vense criticando a falla de credibilidade de Javier Villalba dende o día 15 de xulio.
Imaxino que o marxe de maniobra dos máximos accionistas, o seu silencio e deixar facer, quedaba encorsetado polo acordo firmado co "valenciano".
O Sr Devesa lamentábase, nas declaracións que fixo, non haberlle posto unha clausula ao acordo, que garantizara o pago do adeudado os xugadores nun plazo concreto (os abogadas/os teñen o deber de velar polos intereses do seu cliente).
Javier Villalba creiase capaz de negociar nun remanso de paz, pero atopouse con xugadores cabreados que levaban sin cobrar, a maioría, cinco mensualidades, cansados de escoitar promesas incumplidas; un club en desbandada, desestructurado.

Unha tempada anterior onde se crearon enemistades e rencillas dentro da entidade. En fin, mal momento para vir con máis promesas e sin un centimo .
Foto recollida do xornal La Voz de Galicia.
____________________________________

sábado, 8 de agosto de 2009

[ falta directa ] ¿COMPETIR EN 3ª DIVISIÓN?


Según se desprenden das declaracións feitas ao xornal EL Correo Gallego polos máximos accionistas do "Cidade" os Srs.Devesa e Suárez non están nada conformes ca actitude e as formas de Javier Villalba. Éste último ao incumplir o pago aos xugadores incumpliu a sua vez o contrato que o unía aos primeiros.
Antes da asambleía de accionistas prevista para o xoves, Devesa e Suárez, a ser posíbel o luns, queren manter unha reunión con Javier Villalba para darlle a coñecer a situación e imaxino que revisarán o contrato.
O máis posibel é que Javier Villalba pase a historia negra do noso club como "Javier Villalba, el valenciano".
O que non teño nada nada claro é o de competir en 3ª División, mañán sin máis correspondía xugar partido oficial da Copa Diputación contra o Cerceda e o día 30 do mes presente visitar Abegondo para enfrentarse xa na liga contra o Depor B. A situación é patetica. Non temos nada. Xa me diredes con que vamos competir, confiémonos a Fatima¡¡??
__________________________________

[ córner ] DECLARACIÓNS DO SR.SÚAREZ ALÉN.



En declaracións o xórnal El Correo Gallego o actual presidente do Cidade e segundo máximo accionista da entidade, confirmou a reunión que pretenden manter o Sr Devesa, máximo accionista, máis él con Javier Villalba, a ser posíbel o luns "tras la que se tomará una decisión sobre el proyecto del club. Para nosotros, cuando pusimos en él nuestra confianza, era prioritario que el equipo continuase en Segunda B y a partir de ahí, poco a poco, ir saneando la economía. No pensabamos en el descenso."

O Sr. Súarez Alén, cara asambleía da semán que ven, xoves, día 13, comenta "los únicos que podemos apoyar el mantenimiento de Javier Villalba y su grupo, y que pasen a integrar el Consejo de Administración somos los accionistas".

____________________________________

viernes, 7 de agosto de 2009

[ córner ] DECLARACIÓNS DO SR JOSÉ DEVESA AO CORREO GALLEGO



O Sr. Jose Devesa, no centro na foto, dixo unhas declaracións ao diario o Correo Gallego, que veñen a clarificar a sitación actual do club ao tempo que sirven para limpar a maltreita imaxen que o club oferece.

O Sr Jose Devesa amosouse avergozado polas declaracións de Javier Villalba sobre as críticas aos xugadores e síntese contrariado co que está a acontecer. Comenta as circustancias nas que se negociou o contrato co grupo valencián e as carencias, que a tempos vista, ten dito contrato. Contrato que si contempla que Javier Villalba debería haberse feito cargo das deudas cos xugadores.

Os vindeiros días falarán, os máximos accionistas os Sr Devesa e Súarez con Javier Villalba, para que éste explique as sus intencios. " lo primero será hablar con él , y si esta historia no va arriba, como personalmente creo que no va ir, reflotaremos el equipo por otras vias" declaraba o Sr Devesa.

_________________________________

[ TEMPO DE DESCANSO ]


Non creo que haxa en toda España un equipo que atravese unha situación tan caótica como o "Cidade". Si pretendemos competir en 3ª División, e comenzando a Liga o 30 do presente mes e estando hoxe a día 7 de agosto, apenas quedan tres semáns para formar un equipo: nonbramento de director deportivo, adestrador, plantilla, e polo menos unha semán de pretenporada. Demasiada improvisación...a opción de non competir e ir a liquidación segue presente.
_______________

Marcos Suárez pode convertirse en Compostelanista no vindeiros días. Parece ser que a ESEDE amosou interés por contar con íl na sua nova andaina na Segunda División B.
_______________

A Asambleia Xeral de socios, prevista para a semán que ven, debido a importancia dos temas a tratar, é unha lástima que coincida en plena ponte veraniega pola incidencia que terá na asistencia a dita asambleia.
________________

jueves, 6 de agosto de 2009

[ córner ] MAIKEL FICHA POLO CD. LUGO




O dianteiro Maikel, un dos xugadores máis destacados do "Cidade" no seu tránsito pola Segunda B, chegou a un acordo co CD Lugo, club que facía meses xa amosara interés por facerse cos seus servicios. O contrato é por unha tempada.
Maykel tiña outras duas propostas máis: da Cultural Leonesa e da SD Compostela, o final decidíuse pola opción do CD.Lugo.
Con iste novo cambio Maikel amplia o seu curriculum: Deportivo, Toledo, Xérez, Xetafe, Compostela, Terrassa, Lorca, Benidorm, Cidade e agora Lugo.
No "Cidade", a tempada pasada, saiu en 23 ocasións na formación inicial. Xugou un total de 2.270 minutos: 919 na primeira e 1351 na segunda volta, marcando un total de once goles.
Espérolle o millor na sua nova aventura, con Quique Setien de adestrador.
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego e Lavoz de Galicia
____________________________________

[ córner ] GONZALO FICHA POLA SD. COMPOSTELA





O coruñés Gonzalo García Cea fichou pola SD.Compostela.
O producirse impago todos os xugadores do Cidade quedan libres para poder fichar polo equipo co que cheguen a un acordo.
Gonzalo, que xugou durante duas tempadas no "Cidade", levaba xa tempo negociando ca SD Compostela, mesmo éu creo que antes da chegada o club de Javier Villalba, e cando o futuro do Cidade era do máis pesimista.( agora tampouco é do mais optimista )
Gonzalo no seu contrato, ao igual que no de Franqueira, había unha claúsula de ambigua interpretación, en cuanto a duración do seu contrato. Dudas que foron clarificadas pola R.F.E.F a favor do Cidade de Santiago. Tiñan que cumplir un ano máis de contrato
Para Manolo Antelo, Diretor Deportivo da SD. Compostela "a nuestro juicio, era el mejor del equipo, en Segunda B.
A tempada pasada xugou 1822 minutos , repartidos en 1345 na 1ª volta e tan soio 477 minutos na 2ª debido a unha lesión que sufrira o escomenzar a 2ª volta, reaparecendo o final do Campeonato. Foi autor de dous goles, un de penalty no derradeiro partido da Liga frente ao Sportig B [ 4 - 4 ], e un frente a Cultural Leonesa, na 1ª volta, en San Lázaro, que valdrían os tres puntos , [ 1 - 0 ].
______________________________________

miércoles, 5 de agosto de 2009

[ 3ª divis.] DIMITEN ANTONIO ÁLVAREZ E JOSÉ LUIS LEMOS


Antonio Álvarez, director deportivo do Cidade de Santiago e José Luis Lemos, adestrador do 1º equipo xunto con Adrian Vázquez, preparador físico, e todos os compoñentes do novo equipo técnico do Cidade presentaron hoxe a sua dimisión.

En declaracións a Radio Galega, Antonio manifestaba que non sentía motivacións suficientes para traballar co equipo en Terceira División. José Luis Lemos que deu a entender que se sentía defraudado polo Sr Javier Villalba tamén aduxo desmotivación para adestrar ao equipo en 3ª División.

____________________________________

[ 3ª división ] EQUIPOS GRUPO I 3ª DIVISIÓN




3ª DIVISIÓN. GRUPO I
_______________

_______________


CD. OURENSE
CCD.CERCEDA
NARÓN BALONPÉ
CORUXO. CF
CD. LALÍN
ALONDRAS. CF
SANTA COMBA. FC
SD NEGREIRA
UD SOMOZAS
SD ORDENES
CÉLTIGA. CF
VERÍN. CF
VILLALONGA. CF
RÁPIDO DE BOUZAS
PONTEVEDRA B. CF
BERGANTIÑOS____________ascendeu esta tempada
CULTURAL AREAS____________"____"____"___
RÁCING VILALBÉS___________"____"_____"___
CIDADE DE SANTIAGO_______descendeu esta tempada
RC.DEPORTIVO B_____________"______"____"___
____________________________


Os equipos están situados tal como remataron a campaña anterior.
__________________________________

[ falta directa ] XUGAREMOS EN TERCEIRA DIVISÓN


Onte pola tarde o club comunicaba a R.F.E.F a sua intención de competir na Terceira División.
Por certo ¿quen manda no club ¿ Quen toma as decisións a partir de agora ?
Lémbrovos que Javier Villalba en nome do grupo inversor valencián subscribía unha opción de compra polas acións dos Srs. Suárez e Devesa, opción que se materializaría cando quedaran resoltas as deudas do Cidade. En caso de non abonarse ditas deudas as accións voltarían os actuais propietarios.
__________

..."salvo sorpresa maiuscula" todo iría con normalidade a partir do aterrizaxe de Javier Villalba e o grupo inversor que o respalda, afirmaba Antonio Álvarez a cadena SER o poco de ser confirmado no cargo de Director Deportivo do primer equipo.
Pois para min a sorpresa resultóume minúscula dende o primer día que Javier Villalba escomenza a negociar cos xugadores o pago das deudas.
Éu pensaba que o grupo inversor tería capacidade para facer frente a 230.000 euros, solucionar o tema da deuda nun plazo máximo de 10 días, oferecer con elo credibilidade a plantilla cara a tempada vindeira, etc.
E xa postos a negociar o que pide é: aplazamento no pago da deuda, e en outros casos renuncia o cobro do adeudado a cambio da carta de liberdade. Con este último sistema de negociación fóronse sin ver un céntimo: Raul García, Sefal, Julen, Mackay e supoño que Franqueira, rebaixando, eso si a deuda a 128.00 euros.
¿Puso Javier Villalba un centimo de euro dende que dembarcou no Cidade? non o sen...
O que si sen é que a A.F.E desistimou a famosa "documentación" aportada por estimar que non oferecía suficente garantía.