jueves, 3 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] O PORTEIRO JOSHUA INCORPÓRASE A PLANTILLA

O que ata agora viña sendo o porteiro do desaparecido "Cidade B", Joshua , o cal vemos na foto intervindo no partido disputado en Padrón este verán contra o Flavia nas semifinales da Copa do Sar, incorpórase na plantilla do "Cidade de Santiago" de 3ª División. Joshua , de 19 anos, formóuse nas categorías inferiores do "Cidade".
Xunto co tamén recén debutante Toni, serán os encarregados de defender a portería do "Cidade" cara a presente campaña. Descoñezo si de inmediato se incorporará un tercer porteiro, pero imaxino que polo de pronto non.
A non ser que acontecera algunha eventualide, tipo lesión de algún dos dous porteiros ao longo da tempada, éu considero que esta posición queda ben cuberta. Lémbrovos que na Terceira División non hay límites de tempo para facer fichaxes.
__________________________________

No hay comentarios: