
Cando naide apostaba un centimo pola continuidade do "Cidade de Santiago", e xa se escomenzaban a divisar os piores presaxios, aconteceu o que levábamos esperando fai tempo: que alguén invirtira neste equipo. E de lonxe tivo que vir a financiación: un grupo inversor valencián toma as rendas do club. Os ata agora dous máximos accionistas da entidade, Sr Suárez Alén e Sr Devesa, cédenlle as suas accións.
O primer equipo, o filial de 1ª autonómica e o equipo femenino serán xestionados polos novos donos.
Con está nova situación por fin poderá facerse frente as deudas que mantén o club cos xugadores e corpo técnico.
Agora preséntase unhas vindeiras semáns intensas de novas relativas o 1º equipo e o club en xeral: novo adestrador, novos fichaxes, baixas.
Novas das que teredes cumplida información neste blog.
________________________________
1 comentario:
Aupa Cidade!!!! ánimo rapaces!! O máis importante é que agora cobredes e logo fagades unha temapda tan boa como a do pasado ano.
A ver se podemos reter aos cracks que tan bos momentos fixeronos pasar o pasado ano.
Publicar un comentario