miércoles, 15 de julio de 2009

[ 2ª div.b.] J.LUIS LEMOS, NOVO ADESTRADOR.

O santiagués José Luís Lemos será o novo adestrador do "Cidade" da Segunda División B. Lemos non adestrou a pasada tempada a ningún club dispois de estar vinculado os últimos anos o equipo coruñés Montañeros, club co que ascendeu de Primeira Autonómica a 3 ª División.
O Montañeros completaba no 2007 co ascenso a 3ª División un ciclo de catro ascensos consecutivos que escomenzara no ano 2003 en 3ª Rexional. De 3ª rexional a 3ª división entre os anos 2003 e o 2007. En catro temporadas soio seis derrotas en caseque 150 partidos. Patrocinado polo Banco Gallego e apoiado cada campaña por unhas xenerosas contribucións económicas.
Co adestrador Manuel Cortes o equipo sube de 3ª a 2ª autonómica, no ano 2004. Alberto Esparís subiuno a Primeira Autonómica no ano 2005, e con José Luís Lemos ascendeu a Preferente e dispois a Terceira División.
Durante istes últimos meses J.L.Lemos recibiu varias ofertas de clubs, interesáronse por él, o Ordenes, o Ponteceso SD, o CD Ourense...
J.L.Lemos na sua etapa de xugador de fútbol xugou nos equipos do Endesa As Pontes e o Arteixo, cando estes clubes militaban na Segunda B.
_________________________________

No hay comentarios: