


A Ian Mackay, na tempada 2006-2007 o Deportivo cedeuno o Ceuta da 2ªDivisión B, neste club permaneceu ata que se abriu o mercado invernal, recalando no Universidad de Oviedo da mesma categoría, en réxime de cesión do Deportivo, ata que o día 06/03/2007 se lesiona nun encontro ante o Sestao, o que require pasar polo quirófano. Diagnóstico: luxación no codo esquerdo con afectacións de ligamentos. Perdéuse o resto da tempada. Co Universidad de Oviedo levaba un promedio de 8 partidos xugados, 13 goles encaixados. A 1ª volta da tempada nas filas do Ceuta disputara soio 3 partidos encaixando 3 goles.
Na tempada seguinte , Mackay desvincúlase do Deportivo e o 01/09/2007 comprométese ca U.D Vecindario da 2ª División B. Neste equipo na 1ª volta apenas xoga, 5 partidos, oito goles encaixados; e acepta o día 31/01/2008 a proposta do Cidade de Santiago, que daquela ocupaba o segundo posto na clasificación do grupo I da Terceira División. O ano do ascenso.
No Cidade atopou continuidade no xogo, en gran parte pola confianza que nel depositou Luisito. A tempada anterior foi a máis regular e a máis brillante dende que é profesional: 34 partidos como titular e 36 goles encaixados, o sexto millor promedio do grupo I da Segunda B.
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia.
__________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario