sábado, 25 de julio de 2009

[ falta directa ] UNHA PRETEMPORADA ATÍPICA.



O domingo 30 do mes que ven o equipo inagura o calendario ligueiro no bonito pero difícil campo do Zamora, o " Ruta de la Plata". Presentándosenos dispois 4 derbis seguidos (Rácing de Ferrol, Compostela,
Lugo, Pontevedra ).
No inicio de pretemporada, altas e baixas, é un asunto que a de estar rematado e as plantillas a ser posíbel conformadas
As pretemporadas adquiren máis importancia cando un equipo se está renovando por completo, equipo técnico incluido
Comprendo o que se dixo... que antes de fichar, había que negociar ca plantilla actual, pero ainda así paréceme que todo este proceso vai muy relantizado, tanto que vai en retroceso.
O mercado de fichaxes co tempo vai quedando máis limitado, hay menos marxe para fichar con garantías.
O capítulo de altas está paralizado e no de baixas é onde se producen novas. Ista semán as de Mackay, Raul e Sefal que se suman as de Julen a semán pasada. E temos os casos de Gonzalo e Franqueira que manifestan publicamente non querer continuar no Cidade e mesmo xa teñen destino negociado: Compostela e Cerceda, respectivamente.. imaxino que ao final seguiran os pasos dos seus compañeiros que tendo contrato en vigor quiseron abandoar o club, e acaben aceptando a mesma fómula para conquerir desvincularse da entidade: renunciar o cobro ou parte das mensualidades adeudadas.
Ter un xugador con contrato, que se sinta incomodo no club, non resulta agradábel, o final e perxudicial para ambas partes, polo cal paréceme ben que se faciliten as saidas dos xugadores. A fórmula de negociación é muy discutíbel, produce mala imaxen, rechazo; e a fin de contas quen esté perdendo ademais do xugador é o club ca marcha destes xugadores.
O proiecto en si, e as formas de pago da deuda que ofrecen os novos donos do club non inspiran confianza nos xugadores que se temen vivir unha tempada coma anterior.
Raul García consigue a carta de liberdade a cambio de duas mensualidades impagadas. É unha pena que Raul se queira ir, como él mesmo manifestou " aos seus 30 anos busca un club consolidado e serio", valores que imaxino pola sua marcha, non atopa no Cidade. Para o club sería máis rentábel que Raul se quedara.
Raul García, Julen, Mackay ...¿ Franqueira e Gonzalo ?...serían xugadores claves, para afrontar a tempada vindeira con posibilidades de cumplir o obxetivo da permanencia.
Y a estas alturas cando os demais equipos escomenzan os encontros amigables, no noso seguen as conversas de xugadores intentando rescindir contratos. Sobre fichaxes, din que para esta semán haberá novedades . Ista semán, o día 31 remata tamén o plazo para solventar as deudas cos xugadores, trámite previo para poder competir en Segunda División B.
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

____________________________________

No hay comentarios: