miércoles, 15 de julio de 2009

[ falta directa ] JAVIER VILLALVA, O INVERSOR


Dispois da larga enfermidade invernal e entrado en agonía dende a primavera chega un Sr. de Valencia que di estar respaldado por un grupo de empresas (en medios informativos fálase de que o grupo é unitario) e en tres días chégase a un acordo para "resucitar" o Cidade.
Como socio e simpatizante que son do "Cidade" sentín alegría de que se chegara a unha solución que permitira o 1º equipo, o filial e o femenino seguir competindo nas categorias que deportivamente se conqueriran a tempada pasada.
Alégrome, porque por fin os xugadores e o corpo técnico cobrarán antes do día 30 do presente mes o adeudado, salvo "sorpresa maiúscula" como advertía Antonio Álvarez na cadena SER a semán pasada, cobro que é condición indispensábel para poder competir na Segunda Division B a vindeira tempada 2009/10.
Esta operación mercantil, que reflexa tan as claras a evolución do fútbol como "negocio"ou pseudonegocio, un deporte globalizado, onde aquelo de "sentir as cores"quedou limitado os soños dos rapaces máis novos vesoa máis cargada de interrogantes que de luz; transmitiriame máis confianza un proiecto no cal se implicara alguén máis cercano, con un curricullum e unhas referencias máis claras( según rastreos da cadea SER en Internet, Javier Villalba non posee bos antecedentes nas suas incursións no mundo do futbol [ SER.Local.8/07/2009 ] ).
Esta mesma semán, o lúns, a mesma cadea de radio sorpréndeme ca nova de que o Sr. Javier Villaba exerce de representante de xugadores sin ter para elo titulación oficial, e que entre os seus representados figura o porteiro do "Cidade" Ian Mackay.[ SER.Local 13/07/2009 ]
Ian Mackay, e supoño que o seu representante mantiveron negociacións ca SD Compostela, club este último interesado en facerse cos servicios do porteiro, os días previas o acordo que convirtiría a Javier Villalba propietario do 51% das accións do Cidade de Santiago.
A realidade é que o empresariado local, o proxecto do Cidade nunca lle resultou atrainte e senón fora polo capital foraneo do Sr. Villalba esta entidade iba sufrir un parón considerábel.
Esperemos que nos vindeiros días non se produzca ningunha "sorpresa maiúscula"
Foto recollida do xornal La Voz de Galicia.
___________________________________

1 comentario:

Carlos Noya dijo...

Bueno, a peor non podemos ir, camiño da desaparición seguimos un ano mais na competición...xa veremos o que pasa, polo menos a desgastada directiva anterior terá un merecido descanso...esperemos. Por certo, cal e a dirección para dirixirme o administrador do blog, por votar unha man.

Saudos.