miércoles, 22 de julio de 2009

[ 2ª divis. b ] UN GRAN GRUPO.


Fotos históricas estas, o 1º equipo do Cidade escomenzando oficialmente os adestramentos de pretemporada. Fai unhas semáns impensábels.
Si algo ten este grupo humán e que sempre cumpliron co dito "o mal tempo boa cara ", mesmo onte ca chuvia que caia durante o adestramento veísaslle de bo humor e sonrintes, ainda que máis de un está a padecer a sua particular tormenta veraniega.
Onte déronse cita os once convocados, que son os xugadores que seguen mantendo relaccións labores co Cidade. Non houbo ninguha ausencia, boa sinal de que as conversas sobre o tema dos impagos avanza. Javier Villalba está presente esta semán en Santiago tratando este tema.
J.Luis Lemos estrenouse como adestrador do equipo.
Gustoume, cando ante a pregunta do xornalista do Correo Gallego sobre posíbels baixas neste once inicial, responde que si o club soluciona o adeudado e hai un contrato por medio o lóxico e respetar o contrato, e que nos próximos días falará individualmente con cada xugador para coñecer a sua actitud, forma de pensar ... de todos xeitos non descarta algunha baixa.
Gran traballo ten por diante J.Luis Lemos e os seus axudantes, en todos os aspectos: organizativo, psicoloxico, táctico, físico...Concedéndolle o psicoloxico importancia vital nun equipo que ata fai duas semáns o seu futuro era máis que incerto e os xugadores vianse na obriga de "buscar emprego" atopándose algún en negociacións ca conseguinte interrupción, cambio de plans, etc..
Van a a realizar a pretemporada co primer equipo tres xugadores do Santiago de Compostela C.F da Preferente, club que este ano vai ser xestionado polo CD. Conxo: os defensas Marcos e Martín Barreiro e o centrocampista Jacobo Tato. Así como Breogán Pereira Pérez (Ourense. 19/05/81), centrocampista, procedente do C.D Ourense. Con anterioridade xugara no equipo de A Ponte Ourense. E irmán do tamén xugador do CD Ourense, o dianteiro Moises Pereira. Tamén fará a pretemporada Pedro Henrique, un brasileiro de 22 anos que pode actuar tanto de defensa como de medio central. Iste grupo de xugadores estará a proba durante a pretemporada, grupo o cal se poden unir máis xugadores os próximos días.
________
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego (abaixo) y La Voz de Galicia (arriba).
_________________________________

No hay comentarios: