viernes, 17 de julio de 2009

[ falta directa ] POUCA INFORMACIÓN SOBRE A MARCHA DE JULEN






Julen foi un dos xugadores que a tempada pasada era un fixo nas aliniacións de Luisito, de feito foi titular en 26 ocasións xugando un total de 2.498 minutos, e non participando en soio 6 partidos ao longo da tempada, tres en cada volta, de un total de 38 partidos dos que se compón o campeonato de Liga.
Nas encuestas da páxina web do Club, acerca dos millores xugadores do partido xugado en San Lázaro, Julen foi o millor valorado en moitas ocasións. A aficción creo que lle ten aprecio e reconoce o su talento e aporte de calidad a este equipo.
Julen era un dos xugadores cos que en principio se contaba para esta vindeira tempada ao ter contrato ainda en vigor por unha tempada máis. Según informacións extraidas dos medios informativos, Julen decidiu quedarse en Francia, mesmo fichou por un equipo francés.
Sobre este asunto considero que o club debe sacar unha nota oficial na páxina web dando unha explicación máis detallada.
É triste enterarse pola prensa destas noticias e sobre todo con informacións tan vagas.
A marcha de Julen merécese polo menos dous titulares na páxina web do club, un de recoñecemento e outro de explicacións detalladas sobre a sua marcha.
Fotos recollidas dos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
_____________________________________

No hay comentarios: