


Que os xugadores estén intranquilos e exista incertidume sobre o novo proiecto é lóxico: danse todalas circustancias para que elo aconteza.
Dispois de todas as vicisitudes vividas a tempada pasada o serio sería que a estas alturas as deudas estiveran finiquitadas con todas as partes implicadas: xugadores, corpo técnico e empregados. Pero seguimos igual: "El Cuento de la Buena Pipa"como diría J.Luis Cisneros, xornalista do diario EL Correo Gallego e Radio Obradoiro, pero agora en forma de pagarés.
Ca chegada do "inversor" non se acaba de solucionar a incertidume que rodea o club.
Si o suposto grupo de inversores que dí representar o Sr. Javier Villalva Serrano, non está capacitado para facer frente en efectivo a unha deuda contraida cos xugadores, adestrador e preparador físico, tasada en 235.000 euros, estanos amosar xa, dende un principio, pouca fiabilidade.
E precisamente, dispois da campaña vivida a tempada pasada, "credibilidade" é o que necesitan os xugadores neste momento. Credibibidade nun proiecto e nunhos inversores novos, e para meu entender o Sr. Javier Villalva non transmite o valor anteriormente mencionado.Os casos coñecidos de Gonzalo, Maykel e Mackay mantendo conversacións, e algún deles negociacións con outros clubs non me parece criticábel, vendo que a inestabilidade económica no club segue presente.
Fotos recollidas dos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario